Noticias

La Universidad de Santiago celebra el Día das Letras Galegas con la presentación del libro de Xesús Alonso Montero: Filgueira Valverde e a USC antes e despois de 1936

La Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebró las Letras Galegas 2015 con la presentación del libro y conferencia en el Salón Nobre de Fonseca a cargo del presidente de la RAG, Xesús Alonso Montero. Sobre la declaración conjunta de las 3 universidades gallegas en defensa de la normalización lingüistica, Montero dice que "hace un retrato en cierto modo poco positivo del gallego".

Nota de prensa del Gabinete de la USC:

Como todos os anos, a Universidade de Santiago celebrou no Salón Nobre de Fonseca un acto literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, nesta ocasión dedicado a Xosé Filgueira Valverde (Pontevedra, 1906-1996). Acompañado de numerosas personalidades da vida cultural e académica do país, e mesmo de familiares do propio homenaxeado, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, pronunciou a conferencia ‘ Filgueira Valverde e a USC antes e despois de 1936’.

No acto presentouse o volume correspondente á colección Día das Letras Galegas que anualmente elabora o Departamento de Filoloxía Galega da USC e cuxa edición nesta ocasión foi responsabilidade de Anxo Tarrío, para quen o homenaxeado foi un home “entregado plenamente ao servizo de Galicia, en xeral, e da súa cultura, nos máis variados rexistros, en particular”. “Foi un gran ensaísta entretido e mesmo ás veces con humor”, dixo no acto.

No mesmo senso interveu o director do Departamento, Francisco Cidrás, que cualificou a Filgueira Valverde como “figura poliédrica na cultura galega”. O profesor da USC agradeceu á Universidade que manteña viva esta colección, lembrando que a primeira edición fora en 1970 un breve opúsculo editado por Carballo Calero.

Pola súa banda, o reitor salientou a figura do intelectual pontevedrés como defensor da lingua e a cultura galega, “preocupouse, e moito, de velar polo patrimonio e polo estudo das nosas raíces”, dixo. Rematou Viaño salientando a importancia da celebración do Día das Letras Galegas e facendo un chamamento á sociedade a prol da consolidación da lingua galega. “Todos temos que saber que unha lingua só existe namentras haxa xente que a fale e a escriba”, rematou.

O volume Xosé Filgueira Valverde. Día das Letras Galegas 2015, con ilustracións de Antón Pulido e que abre cuns versos de Arcadio López-Casanova, recolle oito artigos nos que se desgrana a prolífica traxectoria do homenaxeado que, como lembra Anxo Tarrío, foi, entre outras cousas, co fundador do Seminario de Estudos Galegos e do Museo Provincial de Pontevedra, membro numerario das Real Academia Galega e da de Historia, membro correspondente da de Bellas Artes de San Fernando, director do Instituto Padre Sarmiento e da Casa Museo Rosalía de Castro e presidente do Consello da Cultura Galega.

Licenciado en Dereito pola USC, catedrático de Literatura no ensino medio, doutor en Filolsofía e Letras pola Universidade de Zaragoza e diplomado en Psicloxía pola USC, Filgueira Valverde foi ademais alcalde de Pontevedra e conselleiro de Cultura.

No volume, o traballo conxunto das profesoras Mercedes Brea e Elvira Fidalgo pon de releve a transcendencia dos estudos de Filgueira Valverde na literatura medieval, mentres que Carlos Villanueva fai o propio coa música do século XX. Isabel Mociño dá conta do papel do intelectual na formación do sistema literario infantil e xuvenil galego á vez que o propio Xesús Alonso Montero explica a súa importancia na sonetística galega a través da resposta recibida a un inquérito, ata agora inédito, que o presidente da RAG formulaba a moitos especialistas cando realizaba un estudo sobre o soneto en lingua galega.

O profesor Fernando Acuña mostra as achegas de Filgueira Valverde á arqueoloxía galaica, e da súa vocación de creador literario fala o profesor Luís Cochón. O libro complétase cun artigo do director da RAE, Darío Villanueva, no que narra tres acontecementos que lembra vivir a carón do homenaxeado, entre eles a súa propia investidura en 1996 como doutor honoris causa da Universidade compostelá.

R., 2015-05-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES