Noticias

El CGAI dedica a la I Guerra Mundial un ciclo con filmes digitalizados en el proyecto EFG1914

Cinco sesiones se centran en el desarrollo del conflicto bélico, sus efectos, la vida cotidiana tras la contienda y el cine español de ficción y documental realizado en el período de la Primera Guerra Mundial a la que el CGAI dedica un ciclo a través de filmes digitalizados en el proyecto europeo EFG1914. Filmoteca Española y el Culturarts-IVAC seleccionaron los trabajos que se exhiben entre más de 740 horas de imágenes.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Primeira Guerra Mundial é obxecto dun ciclo co que o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) abre na Coruña a carteleira ata o venres 15 de maio, na que tamén hai lugar para lembrar os traballos gañadores na pasada edición dos premios Mestre Mateo e para celebrar o Día das Letras Galegas co documental "Contextualizando a Filgueira Valverde".

‘A Primeira Guerra Mundial e o cine: o proxecto EFG1914’ desenvolverase ata o xoves día 14 arredor de cinco sesións, a través das que se amosará unha escolma de películas de ficción e documentais vinculadas á contenda desde moi diferentes perspectivas. Esta selección foi realizada pola Filmoteca Española e o Culturarts-IVAC de Valencia a partir das máis de 740 horas de filme, preto de 3.000 títulos en total, dixitalizadas no marco do proxecto europeo European Film Gateway (EFG) 1914 coa implicación dun total de 23 filmotecas de toda Europa.

A primeira destas sesións (o martes 12 de maio, ás 20.30 h) abrangue fitas sobre o propio desenvolvemento da guerra, mentres que as dúas seguintes (mércores e xoves, ás 20.30 h) abordan os efectos do conflito bélico e a vida cotiá tras a contenda, respectivamente. As sesións cuarta e quinta (mércores e xoves, 18.00 h) reúnen material español, pertencente á Filmoteca Española e mais ao Culturarts-IVAC, a través do que se ofrece unha mostra do cinema de ficción e documental que se estaba a facer en España neste tráxico contexto europeo.

O público galego terá así a oportunidade de se achegar a un período histórico no que o cinema –aínda un novo medio de expresión– documenta por vez primeira unha guerra a grande escala. A través destas películas compróbase, por exemplo, como as imaxes eran empregadas como ferramentas de propaganda para reforzar os conceptos de superioridade militar e moral sobre o inimigo. Nesta selección inclúense tamén noticiarios de ambos bandos, un deles dirixido polo cineasta ruso Dziga Vértov, así como recompilacións posteriores, reportaxes sobre batallas importantes, o retorno dos exércitos, os hospitais e a vida cotiá posterior.

O ciclo ‘A Primeira Guerra Mundial e o Cine: o proxecto EFG1914’ dará paso a unha xornada centrada nos últimos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego, coa proxección o venres 15 dos traballos gañadores nas categorías de mellor documental e mellor longametraxe de ficción: ‘Angrois no esquecemento’ (18.00 h), de Emilio Carral e Susana R. Recouso, e ‘Os fenómenos’ (20.30 h), de Alfonso Zarauza.

A programación semanal chega ao seu fin coa presentación do documental ‘Contextualizando a Figueira Valverde’, de Gonzalo E. Veloso, que o Centro Galego de Artes da Imaxe proxectará na véspera do Día das Letras Galegas. Será o sábado 16, ás 18.00 horas. Todas as sesións destas dúas últimas xornadas serán de entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Fotografía + carteleira completa do CGAI-Filmoteca de Galicia pode consultarse no web www.cgai.org.

R., 2015-05-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES