
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
A deputada do BNG, Ana Pontón salientou o grande tributo das Irmandades da Fala nos ámbitos político e lingüístico polo que pediu respectar a historia e divulgar o traballo realizado por esta organización de intelectuais galegos.
Pontón explicou que resulta evidente que o programa das Irmandades da Fala e moitos dos seus puntos non serían subscritos polo Partido popular involucrado nun proceso de recentralización e marxinación da lingua galega pero hoxe o importante, dixo, é vernos reflectidos no traballo das Irmandades da Fala e no seu programa de autonomía integral para Galiza, do ingreso de Galiza na Liga das Nacións, buscar as bases dun posible federalismo con Portugal, que Galiza conte cun Parlamento lexislativo pleno e elixido polo pobo e que se supriman as deputacións provinciais.
Seguramente, dixo, a pesar da vixencia das reclamacións das Irmandades da Fala, moitos deputados e deputados/as non estarían dispostos a asumilas pero hoxe o relevante é o recoñecemento deste Parlamento do labor que esas persoas, homes e mulleres de Galiza e do que fixeron nese momento por iso, seguimos dicindo que o mellor tributo é converter a súas ideas en realidade como está a facer o Bloque nacionalista galego.
Antón Losada Diéguez, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao, Anxel Casal
rexeitaron a rexía colonización castelán e a propia autoinferioridade que aínda hoxe custa caro desbotar a algúns, como reflicte un dos textos, explicou, que deixaba xa entrever as preocupacións dos intelectuais que impulsaron as Irmandades da Fala e que rapidamente se estendeu por todo o país e que foi reprimida pola ditadura de Primo de Rivera.
A parlamentaria congratulouse da unanimidade no hemiciclo e amosou o seu desexo de que a Xunta estableza un programa de actividades para divulgar o coñecemento do importantísimo labor desta organización para acadar unha Galiza máis libre, culta, xusta e comprometida consigo mesma para o que pediu dotar de fondos necesarios aos organismos responsábeis do programa de divulgación.
Pola súa parte o portavoz do PP, Agustín Baamonde lembrou as palabras de Fernández del Riego cando afirmaba que moitos dos membros das Irmandades consideraban a fala como un instrumento de loita necesario para acadar unha identidade propia, cultural e unha cultura autóctona e destacou a lealdade e nobreza das Irmandades da Fala polo que é merecedora, dixo, de respecto e recoñecemento, sen embargo, o popular non se resistiu a criticar ao BNG do que dixo mantén moitas veces posicións partidistas e convidouno a seguir o espírito plural das Irmandades.
Aí están algunhas das reivindicacións xa incorporadas como o Estatuto de Galiza e competencias en educación polo que reiterou o seu convite á oposición a unir forzas na defensa do idioma galego e anunciou o seu voto afirmativo á proposta nacionalista.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.