Noticias

La RAG eleva al Tribunal Constitucional un recurso de amparo contra el Decreto del Plurilingüismo en la enseñanza gallega

La Real Academia Galega (RAG) emitía un comunicado informando de su decisión de presentar un recurso de amparo ante el Tribunal Constitucional y en contra de la decisión del Supremo que desestimó su recurso contra el conocido como Decreto del Plurilingüismo en la enseñanza gallega que implica la introducción del inglés como lengua para impartir asignaturas, junto con el gallego y el castellano.

Nota de prensa de la Real Academia Galega (RAG):

A Academia, por acordo do seu Plenario, decidiu presentar un recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional contra a recente sentenza do Tribunal Supremo sobre o previo recurso de casación relativo á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia verbo do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario.

En cumprimento do previsto nos seus propios estatutos canto ás súas finalidades principais, a RAG vese na obriga a recorrer ao Tribunal Constitucional na defensa dos dereitos das persoas galegofalantes, que considera vulnerados polo devandito decreto, dando así continuidade ao procedemento xurídico iniciado coa demanda presentada no seu día perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de amparo presentado pola RAG está fundamentado nos seguintes argumentos:

1. A Constitución e o Convenio Europeo de Dereitos Humanos consagran o dereito fundamental á igualdade e a non sufrir discriminación por calquera circunstancia persoal.

2. O dereito á igualdade consagrado na Constitución refírese a unha igualdade material, o que obriga aos poderes públicos a promovela removendo os obstáculos que se interpoñan para acadala. Isto débese materializar en accións positivas de promoción das persoas ou colectivos historicamente marxinados.

3. En materia de lingua, estas medidas de acción positiva acóllense baixo a denominación de "normalización lingüística".

4. O mandato a prol da normalización lingüística está legalmente fundamentado en:

a. O artigo 3.3 da Constitución Española, que sinala que "a riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección".

b. O Estatuto de Autonomía de Galicia, que no seu artigo 5.3 establece un claro mandato aos poderes públicos, que "garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento".

c. A Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias subscrita polo Reino de España no máximo nivel de compromiso, e que segundo os sucesivos informes do Comité de expertos nunca foi enteiramente cumprida. Os compromisos formalmente adquiridos polo Estado español en materia de ensino están recollidos no artigo 8 desta e obrigan a ofrecer unha educación preescolar, primaria, secundaria, técnica e profesional garantida en lingua galega

d. A Lei de Normalización Lingüística, que insiste no dito mandato normalizador da lingua galega e o concreta en diversos ámbitos, nomeadamente o ensino (Título III).

e. A propia xurisprudencia do Tribunal Constitucional ten establecido que ambas as linguas oficiais (galego e castelán) deben ter unha presenza no ensino suficiente para garantir a consecución do obxectivo de igualdade.

5. O Decreto 79/2010 da Xunta de Galicia, que di desenvolver a LNLG, en realidade está en aberta contradición con esta, obviando o concepto de normalización e anunciando no preámbulo un cambio do marco legal, pese a que se trata unicamente dunha norma para o desenvolver.

6. O máis grave é que o dito decreto perpetúa a situación de inferioridade da lingua galega, afondando nos prexuízos contra a mesma, ao excluír taxativamente o seu uso nas materias de contido científico.

A Real Academia Galega entende que as devanditas consideracións fundamentan o recurso ante o Tribunal Constitucional, xa que poñen de manifesto a vulneración do dereito fundamental á igualdade non amparado na sentenza recorrida.

R., 2015-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-ouyeah-2026.jpg) A edición 2026 artéllase arredor dun formato expandido, con varias datas e localizacións ao longo da provincia, convertendo cada encontro nunha peza dun ecosistema cultural máis amplo. O 6 de xuño, en Expourense será a cita inaugural co rock lendario de Loquillo, o magnetismo vintage de Kitty, Daisy & Lewis e o fenómeno galego do momento, The Rapants. O 31 de xullo, na Praza da Veracruz do Carballiño a banda Burning, ofrecerá un concerto gratuíto; e o 4 de outubro, no Pazo de Deportes Paco Paz, o festival culminará o regreso de Luz Casal a Ourense. Loquillo, icona indiscutible do rock estatal con case cinco décadas de traxectoria, chega en plena xira do seu último traballo Corazones Legendarios, cun directo que revisita os grandes éxitos dunha carreira tan influente como extensa.
Foto de la tercera plana (emprego_4.jpg) Galicia pechou o primeiro trimestre deste ano con máis poboación empregada que hai un ano. Neste sentido, os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados hoxe e relativos ao primeiro trimestre deste ano reflicten unha suba de 28.000 persoas ocupadas en relación ao ano pasado, lixeiramente superior á do conxunto do Estado e acadando, con 1.178.100, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde 2008. Ademais, a comunidade rexistra a maior taxa de emprego (49,30) nun primeiro trimestre en 18 anos e unha taxa de paro menor (8,96) que no conxunto de España (10,83). Ademais, as taxas galegas de paro feminino (9,51) e xuvenil (24,30) tamén son máis baixas que no conxunto do Estado.

Notas

Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e tamén como se repara o cerebro.
Protección fronte as estafas; patrimonio artístico; impostos; ou intelixencia emocional e saúde física son algúns dos contidos aos que, entre os meses de abril e xuño, poderá achegarse a poboación maior de 50 anos dos 11 concellos galegos aos que chegarán este curso as Mareas de Coñecemento. Este proxecto itinerante de formación universitaria naceu ao abeiro do Programa de Maiores (PUM) da UVigo no ano 2018.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES