
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O filme A Esmorga, da produtora galega Vía Láctea Films, preestrearase o xoves 30 de abril en Madrid e o vindeiro martes 5 de maio en Barcelona na súa versión orixinal en galego, con subtítulos en castelán, como adianto do percorrido que a película iniciará a partir do 8 de maio por diferentes salas comerciais do circuíto de distribución español.
O director da fita, Ignacio Vilar, e dous dos seus protagonistas, Antonio Durán Morris e Karra Elejalde, acudirán a ambas as sesións especiais nos madrileños Cines Renoir-Princesa (22.00 h) e nos Cinemes Girona de Barcelona (21.00 h), tras as que participarán en cadanseu coloquio co público asistente. A chegada de A Esmorga acompáñase dunha ampla campaña promocional, cunha destacada presenza publicitaria nas principais vías das dúas cidades.
Xa a partir do venres 8 de maio, a adaptación cinematográfica da novela de Eduardo Blanco Amor iniciará a súa distribución a nivel estatal en diferentes cinemas de Cataluña, Euskadi e Madrid, aos que chegará tanto na súa versión dobrada como na orixinal subtitulada. Comezará así a súa viaxe fóra de Galicia, onde xa superou os 40.000 espectadores e chegou ás 15 semanas en carteleira. Converteuse, así mesmo, na mellor estrea de todo o ano en España entre as producións con menos de 100 copias en circulación.
A Esmorga foi tamén o primeiro filme rodado en galego que conseguiu situarse entre os finalistas aos Premios Goya, aos que optou na categoría de mellor guión adaptado polo traballo asinado conxuntamente por Ignacio Vilar e Carlos Asorey. Ademais, na pasada edición dos Mestre Mateo do audiovisual galego obtivo seis galardóns: mellor actor protagonista para Antonio Durán Morris, maquillaxe e perruquería para Susana Veira, música orixinal para Zeltia Montes, vestiario para Mar Fraga, dirección de fotografía para Diego Romero Suárez Llanos e dirección de arte para Ángel Amaro.
Antonio Durán Morris, Karra Elejalde e Miguel de Lira dan vida na pantalla aos tres personaxes da emblemática novela de Blanco Amor, publicada en 1959 e considerada como unha das obras máis representativas da historia da literatura galega. Trátase dunha crónica tensa e intensa sobre as vinte e catro horas de esmorga que Cibrán o Castizo, Milhomes e o Bocas comparten na localidade de Auria, transposición literaria de Ourense, deixando tras de si un regueiro de destrución.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.