Noticias

La trayectoria de Filgueira Valverde, en la exposición Un faro en la construcción de Galicia

"Se se eliminase da cultura galega a súa pegada, probablemente non existiría o Seminario de Estudos Galegos, nin o Museo de Pontevedra, nin o Consello da Cultura Galega, nin traballos imprescindibles sobre literatura medieval, nin as máis fermosas páxinas do noso neotrobadorismo”. Fueron las palabras del presidente de la Xunta de Galicia durante la inuaugración de la exposición-homenaje a la trayectoria de Filgueira Valverde, homenajeado con el Día das Letras Galegas 2015.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, gabou a traxectoria de Xosé Filgueira Valverde aseverando que pertence a unha xeración que se propuxo liberar a Galicia da maneira máis fermosa: coa cultura. “En todo o que ensinou, escribiu, proxectou, imaxinou ou dirixiu, estivo a cultura galega”, salientou.

Durante unha visita á exposición Xosé Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia’, Feijóo afirmou que se se eliminase da cultura galega a súa pegada, probablemente non existiría o Seminario de Estudos Galegos, nin o Museo de Pontevedra, nin o Consello da Cultura Galega, “nin traballos imprescindibles sobre literatura medieval, nin as máis fermosas páxinas do noso neotrobadorismo”.

O titular da Xunta resaltou que unha das características desa xeración á que pertence Filgueira foi a súa pluralidade. “Fillos en definitiva dunha Galicia heteroxénea, tiveron os seus membros pensamentos heteroxéneos. Pero ninguén se consideraba máis galego que outro, ou máis comprometido que os demais nas grandes causas do país”, dixo, ao que engadiu que un común denominador desa estirpe gloriosa de galeguistas foi fuxir dunha idea patrimonial da terra.

Nesta mesma liña, Feijóo lembrou que non é fortuíto que un dos persoeiros históricos máis admirados por Xosé Filgueira fose o Padre Sarmiento. “O noso gran ilustrado, escolleu como modelo a outro ilustre. A través deles, a Ilustración galega do século XVIII establece unha ponte coa Ilustración galega do século XX. En ambas as dúas latexa o mesmo pulo, a mesma fe no noso país, a mesma convicción de que a cultura é a gran ferramenta para a emancipación de Galicia, a mesma pedagoxía tolerante e amable”, asegurou.

O presidente da Xunta concluíu a súa intervención, subliñando que esta exposición dá fe dun home que contemplou Galicia e o mundo desde Pontevedra, e se esforzou por facer de Pontevedra un foco cultural do mundo e de Galicia.

R., 2015-04-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES