Noticias

Galicia y el Norte de Portugal impulsan el intercambio cultural a través del uso de las bibliotecas y la creación de un premio literario

El proyecto Escritores del Norte y el premio literario Nortear para jóvenes de entre 16 y 36 años, son dos de las nuevas iniciativas promovidas por Galicia y el Norte de Portugal para incentivar el intercambio cultural entre ambas zonas. Se articula en torno al "Memorando de entendemento" firmado coincidiendo con la celebración del Día Mundial del Libro 2015.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia e a Rexión Norte de Portugal acordaron impulsar o intercambio cultural entre ambos territorios mediante a posta en marcha dunha serie de iniciativas conxuntas no que atinxe ao eido do libro e das bibliotecas. Así se recolle no Memorando de entendemento que asinaron, coincidindo coa celebración do Día do Libro, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez; o director rexional de Cultura do Norte, António Ponte; e a directora da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, María Geraldes.

Trala sinatura, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, foi o encargado de explicar o contido deste Memorando que, segundo dixo, “representa a vontade de cooperación entre ambas rexións co obxectivo de fomentar o diálogo entre as culturas galega e portuguesa”. “Trátase –engadiu Anxo Lorenzo- de facilitar as relacións eurorrexionais cos nosos veciños e irmáns portugueses” a fin de impulsar accións concretas en diversas áreas de interese común.

Ao abeiro deste acordo cómpre destacar a creación do premio literario ‘Nortear’, destinado a escritores novos de Galicia e Norte de Portugal, de entre 16 e 36 anos. A obra premiada editarase en ambas dúas linguas.

Así mesmo levarase a cabo o proxecto Escritores do Norte, que inclúe o deseño de roteiros literarios e turísticos pola xeografía literaria e/ou vital de tres autores especialmente representativos para a cultura de cada unha das rexións, así como un portal dixital de difusión de ditos autores e das súas obras.

Tamén se fomentará o intercambio de fondos bibliográficos destinados a nutrir a sección de lingu aportuguesa na Biblioteca de Galicia e de lingua galega na Biblioteca da Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal. Tamén se organizará, como mínimo, unha exposición conxunta anual sobre un autor da Eurorrexión, e se realizará unha acción anual conxunta de promoción do patrimonio inmaterial común.

Trátase, en definitiva, de establecer unha serie de áreas de interese común como son traballar no coñecemento mutuo entre as respectivas cidadanías, a potenciación dos valores culturais coincidentes, o fomento do coñecemento do patrimonio cultural dos dous territorios ou a concepción do Camiño de Santiago como un gran eixo de cooperación na Eurorrexión.

O acto, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, contou coa presenza do presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional-Norte, Emídio Gomes; e da directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño.

R., 2015-04-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES