
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou en Santiago a súa decisión de centrar os meus esforzos no proxecto do PSdeG para Galicia e non concorrer ás eleccións municipais.
O líder dos socialistas galegos interveu no Forum Europa, Tribuna Galicia de Nueva Economía, onde manifestou ante numerosos cargos do PSdeG, empresarios e representantes da sociedade civil que confía en que a maioría dos cidadáns deste país non se moven por medo nin por enfado: móvense por confianza, e xerala ten que ser o noso reto.
En contra da resignación, os socialistas galegos temos a ambición por retomar un proxecto de país que se abandonou, queremos recuperar o público como motor de cambio, promover empregos de calidade, impulsar un plan de atracción e retorno do talento, aproveitar o potencial enerxético galego e consolidar un galeguismo de base económica, dixo na súa intervención.
Besteiro lamentou que as receitas que o Partido Popular aplicou baseáronse na austeridade co pretexto de reducir a débeda pública, pero resultou todo o contrario; temos máis débeda pública que cando tiñamos un gasto público máis alto e poño os exemplos de España e de Galicia, onde a pesar dos recortes e desmantelamentos de servizos públicos, se incrementa ano a ano. A débeda pode ser en determinadas situacións unha ferramenta para xerar riqueza, benestar social e crecemento, pero nunca para aumentar a desigualdade e o empobrecemento, apuntou.
O secretario xeral do PSdeG lembrou que a aposta pola austeridade da Xunta produciu que Galicia hoxe non ofrece oportunidades de desenvolvemento vital para os galegos, estamos cada vez máis lonxe do resto de España e Galicia se converteu nun país onde de ter que preocuparnos polo paro, pasamos a ter que preocuparnos directamente pola pobreza e exclusión social.
Feijóo chegou á presidencia da Xunta presentándose como un bo xestor, pero a realidade é que desde 2009 destruíronse en Galicia 120.000 empregos; 27.000 mozos de entre 15 e 34 anos abandonaron Galicia só entre 2013 e 2014; Galicia é a terceira comunidade autónoma que máis reduciu o gasto en servizos sociais dende o ano 2009, un 18,65%, e co Goberno de Feijóo está rematando de facto a equidade terapéutica na sanidade pública, aseverou.
O líder dos socialistas galegos considera que debemos traballar na reindustrialización do país, desenvolvendo en primeiro lugar unha verdadeira estratexia enerxética integral; temos que reivindicar Galicia como un territorio enerxético.
Creo que é posible devolverlle o orgullo a todas as persoas que non tiveron culpa da crise pero que foron equiparadas en responsabilidade cos verdadeiros responsables, é posible ser implacable ante os retrocesos en dereitos e servizos públicos e que o benestar dos homes e mulleres do noso país se sitúe sempre por riba de calquera interese económico, apuntou Besteiro, que rematou manifestando a necesidade de que as familias que deciden vivir aquí, poidan traballar e ter fillos aquí; creo, en definitiva que é posible recuperar o noso futuro, e así traballarei para que o sexa.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.