Noticias

El Gobierno gallego pone en marcha un bono alquiler para evitar los desahucios

El Gobierno gallego anuncia su intención de activar un plan de vivienda que incorpora, entre otras medidas para prevenir la exclusión residencial, un "bono alquiler" para evitar desahucios a personas con problemas económicos. Esta medida se concretará mediante la colaboración con las entidades locales y, aunque los criterios se desarrollarán "posteriormente", la ayuda podría suponer unos 150 euros al mes. Además, a través del SAREB se cederá un centenar de viviendas a familias con dificultades, según el plan 2015-2020.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou a aprobación no Consello da Xunta do Plan de Vivenda de Galicia 2015-2020, cun paquete de medidas concretas para facilitar o acceso á vivenda aos que máis o necesitan, ademais doutros programas de construción de vivenda e rehabilitación.

Máis polo miúdo, Feijóo explicou que o plan supón un movemento económico de 600 millóns de euros, “dos cales 307 millóns son fondos públicos”; beneficiará a 152.000 galegos; e a previsión é que se crearán algo máis de 26.500 postos de traballo. “E vaise artellar en torno a tres eixos: acceso a vivenda, rehabilitación de vivendas e renovación urbana e prevención da exclusión residencial”, engadiu.

No tocante ao acceso á vivenda, Feijóo afirmou que esta iniciativa ponse en marcha para vender o parque antigo de vivendas públicas, que inclúe unha opción de compra para os adxudicatarios de vivendas de promoción pública en alugueiro.

Así mesmo, e por primeira vez, o SAREB cederá vivendas a Xunta -“de momento 100 vivendas”-, para que poidan ser alugadas por poboación con especiais dificultades económicas; e impulsaranse e coordinaranse programas cos municipios para destinar a alugueiro vivendas propias dos concellos ou de particulares, contando co respaldo do IGVS, que ofrecerá un seguro multirrisco.

En relación á rehabilitación -que conta cun orzamento de 133 millóns dos 307 millóns-, o titular da Xunta avanzou que se convocarán axudas para fomentar o remate de fachadas dentro da mellora da paisaxe de Galicia. E, dentro das iniciativas para previr a exclusión social, destacou a creación dun bono alugueiro para situacións de emerxencia social, para evitar o desafiuzamento de familias que estean a atravesar situacións de especial dificultade; e axudas para reparar infravivendas rurais en pequenos concellos, que poden chegar a 8.000 euros.

“En definitiva, estamos a falar dun plan que define as liñas estratéxicas das políticas públicas na materia; que suporá un movemento económico de algo máis de 600 millóns de euros; que terá unha dotación de presupostos de 307 millóns de euros e que ten como obxectivo principal facilitar o acceso á vivenda, especialmente de persoas que máis o necesitan e previr a exclusión social”, aseverou, a modo de resumo.

Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, incidiu en que o plan conta con 307 millóns de investimento ata 2020 que redundarán directamente nas facilidades de acceso a unha vivenda digna para as persoas con maiores dificultades económicas. “Pero tamén redundará positivamente na actividade económica do país, posto que este investimento público inducirá outro tanto de investimento privado para superar os 600 M€ o que activará máis de 26.000 postos de traballo entre directos e indirectos. Non podemos esquecer que a edificación, e sobre todo, a rehabilitación é a obra pública que máis traballadores mobiliza en relación ao seu investimento”, engadiu.

Ethel Vázquez concluíu a súa intervención facendo fincapé en que con esta iniciativa “pretendemos facilitar a máis de 150.000 persoas o acceso a unha vivenda digna nos vindeiros cinco anos, un tempo clave, xa que no camiño da recuperación económica a tranquilidade de contar cunha vivenda é un elemento fundamental de cara á recuperación social dunha familiar que está pasando por dificultades”.

R., 2015-02-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES