Noticias

El PSdeG solicita la convocatoria de un pleno extraordinario en el Parlamento de Galicia para hablar sobre el colapso de las urgencias

El portavoz del grupo parlamentario del PSdeG, José Luis Méndez Romeu, solicita la convocatoria de un pleno extraordinario en el Parlamento de Galicia para debatir, entre otros asuntos, sobre el "colapso" en los servicios de urgencias de los hospitales gallegos y solicita a Feijóo que destituya a la responsable de Sanidad.

El precio de los carburantes y la cuota láctea son otros temas que el PSdeG quiere debatir en el Parlamento de Galicia durante el pleno extraordinario que solicita para que la Xunta dé explicaciones, sobre todo, del "colapso" en las urgencias de los hospitales gallegos. Méndez Romeu aseguraba ante los medios de comunicación que su grupo ha pedido la convocatoria de la Diputación Permanente como órgano que rige la Cámara durante los períodos inhábiles en actividad parlamentaria.

El portavoz socialista recomienda al presidente de la Xunta que destituya a la conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, tras lo que calificó de "censura explícita" de su gestión que hizo la titular del área al admitir de forma pública los "colapsos".

Nota del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, reclamou un Pleno Extraordinario no Parlamento de Galicia no mes de xaneiro. Os socialistas reclaman debater sobre a situación do emprego, o colapso da sanidade, o elevado prezo dos carburantes polas taxas do goberno autonómico e a multa láctea aos gandeiros galegos coincidindo coa desaparición do sistema de cotas na UE.

Méndez Romeu explicou que o Grupo Socialista solicitou a convocatoria dunha Deputación Permanente do Parlamento na que se debata a convocatoria dun Pleno Extraordinario no para tratar estes temas no mes de xaneiro, inhábil por imposición do PP para evitar as comparecencias da Xunta. En primeiro lugar, dixo, chama a celebrar un debate para esixirlle á Xunta que reaccione fronte á situación precaria dos traballadores galegos.

Fronte ao optimismo desbordante transmitido polas institucións oficiais, a baixa creación de emprego e o deterioro acelerado das condicións laborais provocan que sexan necesarios un total de 12 anos para volver aos parámetros de 2009. Censurou a inacción da Xunta fronte á redución da ocupación e dos salarios e a substitución do emprego a tempo completo e indefinido por contratos a tempo parcial e temporais.

Méndez Romeu reclamoulle ademais ao presidente da Xunta que cese á conselleira de Sanidade logo de terlle aplicado unha “censura explícita” ao recoñecer, o propio Feijóo, o colapso das urxencias sanitarias derivados de “factores alleos” incontrolables polo goberno. Esta opinión vai en contra da análise do persoal sanitario, puntualizou, que poñen o acento na redución das plantillas que fan inxesionables os picos de demanda.

Criticou a nova “pílula” emitida hoxe polo presidente da Xunta, que “recoñeceu que a política sanitaria non a deben fixar os laboratorios farmacéuticos”, en alusión á dispensación da vacina contra a hepatite C. “Faltaría mais”, puntualizou Méndez Romeu, quen responsabilizou á Xunta de que estes doentes non dispoñan do tratamento prescrito polos seus médicos.

Tamén é a súa responsabilidade, dixo, que os doentes oncolóxicos de Lugo teñan que peregrinar durante dez horas nun só día para ter un tratamento de 5 minutos de radioterapia porque Feijóo négase a aplicar o servizo no Hospital provincial de Lugo. Criticou que o presidente da Xunta “se dedique a visitar os platós televisivos para comentar obviedades esquecendo os problemas reais dos doentes”.

Os socialistas galegos tamén queren que o goberno renda contas no Pleno do Parlamento sobre a situación dos transportistas galegos, que teñen que asumir un dos prezos mais elevados do carburante porque a Xunta é a única que mantén a fiscalidade autonómica sobre os combustibles. O mesmo goberno, puntualizou, que pon todo tipo de trabas burocráticas á reposición do céntimo sanitario cobrado irregularmente entre 200 e 2012.

“O goberno cala e mantén un recargo fiscal que sitúa as estacións de servizo en condicións non competitivas” diante das veciñas de Portugal e Castela e León, que están a asumir todo o mercado fronteirizo.

Finalmente, reclamoulle á Xunta que dea contas sobre a súa falla de xestión diante da aplicación das multas por supertaxa aos gandeiros galegos e a desaparición do sistema de cota láctea na UE. Advirte que a gandeiría galega ten que atender agora a “un problema estrutural ao que o goberno non quixo dar resposta”.

O portavoz do Grupo Socialista dixo ademais que a forma de actuar do goberno galego, absolutamente paralizado e sen apenas actividade executiva ou produción lexislativa con contido, resulta “consecuente” coa insistencia de Feijóo na renuncia a presentarse á reelección como candidato.

Os reiterados anuncios de Feijóo puntualizando que dúas lexislaturas como presidente “son suficientes”, supoñen a mellor explicación á parálise demostrada nos reiterados consellos da Xunta baleiros de contido por parte dun goberno que a metade de lexislatura demóstrase “carente de ideas e cos brazos caídos”.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de AGE:

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) vén de rexistrar unha interpelación parlamentaria en que esixe explicación á Xunta de Alberto Núñez Feijóo polos inaceptábeis colapsos nos servizos de urxencias dos hospitais públicos galegos ao longo das últimas semanas. “A saturación habitual dos meses de decembro e xaneiro increméntase polo peche de camas decidido unilateralmente pola Consellaría de Sanidade”, denuncia a deputada de AGE Eva Solla, “que provoca o medre do colapso, diminúe o emprego público e empeora a calidade asistencial”.

Malia a previsión de aumento de pacientes que se adoita dar nos meses de inverno, “o Sergas non tomou medidas preventivas”. Dentro da estratexia de fondo do Partido Popular –provocar e promover o deterioro progresivo da sanidade pública en dirección á súa privatización-, pechar camas nun dos picos de pacientes e recortar no persoal é completamente coherente. “A resposta da consellaría nesta situación é mirar cara outro lado”, engade Solla, “continuar co política de recortes e pedir vergoñantes escusas públicas, como fixo Feijóo, mentres son as súas propias políticas as que destrúen o sistema público de saúde”.

Os traslados de pacientes a clínicas privadas, práctica que se reforzará coa denominada lei de garantías sanitarias, aumenta tamén en plena crise das urxencias. Nin a oposición nin a cidadanía en xeral teñen acceso aos datos concretos, porque o Goberno galego se nega a responder no Parlamento. “É xa habitual unha práctica así de opacidade e engano á opinión pública”, afirma Eva Solla.

A interpelación rexistrada por Alternativa Galega de Esquerda –no documento anexo- interroga á Xunta sobre o estado do servizo de de urxencias no Sergas e pregunta por que non se tomaron medidas preventivas diante do colapso invernal, por que se pecharon camas nesas circunstancias, por que permisos e vacacións do persoal non foron cubertos, por que non hai reforzo de traballadores en servizos colapsados habitualmente e polo número exacto de traslados a centros privados en decembro e xaneiro.

R., 2015-01-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-hotel-cama.jpg) A comunidade galega vén de alcanzar varios fitos históricos nos indicadores turísticos do sector hoteleiro rexistrados o pasado mes de xuño cando por primeira vez superou o millón de noites acadando 1.011.613 noites realizadas polos 573.849 visitantes dese mes. Isto tradúcese nun incremento do 5 % en demanda turística e do 7,5 % en número de visitantes; nos dous casos por riba das medias nacionais, que se sitúan no 2,1 % e no 3,3 %, respectivamente. Estas boas cifras tamén se trasladan ao bo rendemento económico ao confirmar que no que vai de ano, de xaneiro a xuño, o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos nominais de 165,5 M€, un 4,3 % máis que nos seis primeiros meses de 2024.
Foto de la tercera plana (lavuelta-2025.jpg) Do total das 21 etapas que compoñen esta edición de La Vuelta , tres desenvolveranse por solo galego. En concreto, o paso por Galicia deste certame será entre o 7 e o 10 de setembro. O día 7, na etapa 15, o grupo de competidores entrará na comunidade desde Asturias, no tramo A Veiga/Vegadeo-Monforte de Lemos. Tras dunha xornada de descanso, a competición retómase o día 9 coa etapa 16, que vai de Poio a Mos -rematando en concreto no Castro de Herville-. O día 10 de setembro, ‘La Vuelta’ despídese da comunidade galega coa etapa 17, que por primeira vez sairá desde O Barco de Valdeorras para chegar, 143 quilómetros despois, ao Alto de El Morredero, xa en Ponferrada.

Notas

O grupo 'Virus and Cancer' do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas logrou identificar un novo mecanismo de regulación da proteína p14ARF, un factor chave na supresión tumoral. O achado, publicado na revista Cell Death and Disease, podería ter importantes implicacións no tratamento do cancro, ao contribuír a entender os procesos que regulan o crecemento tumoral e potenciar o efecto dun novo fármaco.
A integración do proxecto CORTIS (Camera Observation & Radiation Test in Space), da asociación de estudantes UVigo SpaceLab, no vehículo de transferencia orbital OSSIE da empresa galega UARX Space xa é unha realidade. A carga útil, que permitirá ao alumnado comparar os resultados de cámaras e sensores de radiación que se implementarán no cubesat BIXO, integrouse no primeiro vehículo de transferencia orbital desenvolvido en España.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES