
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na inauguración da exposición O froito prohibido, de María Xosé Domínguez, que se pode visitar desde hoxe e ata o vindeiro 25 de xaneiro no Auditorio Municipal de Cangas.
No traballo expositivo, segundo afirmou o secretario xeral de Cultura, esta artista multidisciplinar presenta o resultado de varios anos de traxectoria artística, de estudo e de permanente aprendizaxe creativa e con el convídanos a reflexionar sobre o papel da muller na sociedade e a reivindicar o seu labor a través da arte.
Para a comisaria da mostra, Elena Bangueses, as obras parecen xirar en torno a tres conceptos: a feminidade, o obxecto e o sentimento. Tanto na construción das súas obras como no seu esforzo conceptual, estes tres aspectos están sometidos a un continuo xogo, a unha variada combinación de modo que o espectador se ve sorprendido polos diversos matices. Cando o sentimento se establece entre a feminidade e o obxecto, describe a conexión das mulleres coas súas pertenzas. Neste caso vemos vasoiras e plumeiros elevados a nivel museístico. Por outro lado, a feminidade pode atoparse entre o sentimento e o obxecto, desposuíndoo da súa antiga utilidade. É o caso dos colares de María Xosé, que perden o seu carácter decorativo para acomodar o peso das mensaxes cosidas sobre eles.
Deste xeito, as obras de María Xosé Domínguez son obxectos simbólicos a través dos que a artista lle fai unha ofrenda á deusa da vida doméstica, elevando o valor de obxectos de uso cotián, ou liberando do seu confinamento no fogar as prácticas artesanais tradicionais das mulleres. Obxectos que parecen propios da intimidade do fogar, fanse públicos, reinterprétanse e elévanse a nivel artístico, perdendo a súa funcionalidade e adquirindo novos valores e significados.
O traballo da artista, segundo Bangueses, está profundamente enraizado no que por séculos foi considerado pola sociedade patriarcal como prácticas artesanais femininas. Técnicas e tradicións, como son a costura ou a calceta, que serviron no pasado como liñas de produción do fogar ou como mecanismos de canalización das forzas creativas das mulleres, tantas veces oprimidas dentro da vida familiar. Esta homenaxe á tradición xorde da reflexión de María Xosé sobre a posición oprimida da muller, que se transmite dunha xeración á seguinte, xunto coas prácticas artesanais femininas.
Esta exposición individual é o resultado de varios anos de creación artística, investigación e evolución constante en torno ao tema da muller na sociedade. As súas viaxes regulares a Marrocos teñen unha gran influencia nas súas pezas e na investigación sobre as cuestións de xénero. A exposición reúne as pezas máis salientables deste período creativo, nun intento de crear un espazo para a reflexión.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.