
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, acolleu a homenaxe aos tradutores da primeira Biblia completa en galego a partir dos textos e idiomas orixinais de redacción.
Ao acto acudiu o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, quen valorou o inxente e magnífico traballo desenvolto no seu día por un equipo de case vinte persoas que foi merecente do Premio Nacional de Tradución. García Gómez destacou tamén a importancia da tradución en xeral e da de textos fundamentais da cultura occidental en particular para a elaboración e o prestixio da lingua galega e chamou a atención sobre o papel da tradución da Biblia na introdución e consolidación do galego no espazo funcional da práctica relixiosa e, máis en concreto, da liturxia.
A canda o secretario xeral, interviñeron no acto Xavier Senín, presidente da Asociación de Tradutores Galegos, e tres membros do equipo de tradutores da Biblia: os dous coordinadores, Andrés Torres Queiruga e Xosé Fernández Lago, e mais Xesús Ferro Ruibal. O acto pechouse cun concerto do Grupo de Música tradicional da Agadic.
A Biblia é, xunto cos clásicos greco-latinos, un dos textos básicos da nosa cultura, con evidente presenza en ámbitos tan variados coma a literatura, as artes, a lingua ou as festas. A súa tradución ao galego iniciouse no século XIX da man de autores como Pérez Ballesteros ou Saco y Arce, que pretendían incidir no prestixio da lingua propia de Galicia mostrando a súa idoneidade para tratar os asuntos elevados que contén o texto bíblico. Ao longo do século XX, Vidán Torreira, Precedo Lafuente, Morente Torres ou Espiña Gamallo foron ofrecendo novos resultados parciais, pero non foi ata o derradeiro terzo da centuria tras o impulso ás linguas vernáculas na liturxia que supuxo o Concilio Vaticano II- cando se abordou a tradución íntegra.
Nos anos 80, cunha diferenza de cinco anos, saíron á luz dúas versións diferentes. A primeira é a de Avelino Gómez Ledo e Manuel Casado Nieto, que se completa en 4 volumes en 1984 da man da editorial Bibliófilos Galegos, co impulso de Filgueira Valverde e co apoio da Fundación Barrié. A segunda, feita directamente dos orixinais hebreos, arameos e gregos, é obra dun equipo de teólogos e biblistas dirixidos por Xosé Fernández Lago e Andrés Torres Queiruga e saíu nun volume único en 1989, da man da editorial SEPT e co apoio da Xunta de Galicia. Premio Nacional de Tradución en 1990 e esgotada a primeira edición en pouco máis de tres meses, tivo xa unha reedición revisada en 1992, continuou reimprimíndose e acabou sendo a Biblia en galego para católicos e protestantes.
Os impulsores e os realizadores da tradución de 1989 foron sempre conscientes da importancia deste texto para a elaboración e o prestixio da lingua galega, así como para a edición dos Leccionarios da Misa e a conseguinte celebración da liturxia en galego.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.