Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, felicitou á escudería Ourense por ser quen de manter o Rallye de Ourense-Ourense Termal entre as principais carreiras de asfalto a nivel nacional e pola súa contribución á promoción da cidade e da provincia de Ourense fóra de Galicia.
Para Lete Lasa, o nome Ourense Termal que acompaña á proba desde o ano 2008 é unha intelixente maneira de aproveitar a capacidade deste Rallye para difundir a imaxe de Ourense no exterior e promover os seus grandes atractivos, como dobre capital do automobilismo e do termalismo, sinalou durante o acto de presentación celebrado hoxe na Estación Termal das Burgas, no casco histórico da cidade.
Ademais de agradecer o apoio a esta proba por parte das federacións española e galega de automobilismo, a Deputación de Ourense e os diversos concellos implicados, o titular de Deportes da Xunta quixo recoñecer o labor de todas as institucións e empresas implicadas no desenvolvemento do termalismo como eixo dinamizador de Ourense e animou a seguir unindo o deporte ourensán coa riqueza das augas mineromedicinais desta terra, o seu rico pasado romano e as súas vinculacións co Camiño de Santiago, recursos todos eles que aumentan aínda máis a beleza paisaxística e o atractivo de Ourense, tanto para o turismo deportivo e de aventura, como para o turismo de saúde, cultural e de natureza
O Rallye Ourense-Ourense Termal
O Rallye Ourense-Ourense Termal forma parte do Campionato de España de Rallyes de Asfalto e é a segunda das tres probas nacionais que se celebrará en Galicia, logo da que comeza mañá en Vigo Rallye Rías Baixas- e da que terá lugar en Ferrol no mes de agosto.
Consta de 12 tramos cronometrados que suman unha distancia total de 200,88 quilómetros, sendo a distancia total do percorrido de 482,67 quilómetros.
Este ano, a cerimonia de saída substitúese por un tramo espectáculo de 1,87 quilómetros de lonxitude, en superficie de asfalto, que se disputará ás 20.35 h do venres día 13 na Cidade do Transporte, no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, en Ourense.
A carreira permite puntuar ademais para os seguintes trofeos: Copa Suzuki Swift 2014, Copa Mitsubishi Evo Cup Asfalto 2014, Copa Renault 2RM, e Dacia Sandero Rallye Cup RFEDA 2014.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.