Noticias

El Ejecutivo gallego aprueba la reforma de la Ley eólica que permitirá devolver los avales por los parques ya autorizados en estas renovables

De la reunión del Consello de la Xunta de Galicia ha salido la aprobación de la reforma de la Ley eólica que, según sus promotores, permitirá "agilizar" la repotenciación con menos molinos pero más eficientes y, además, implicará la reducción del canon eólico. El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera que los cambios introducidos en la norma deberán concretarse en el nuevo marco de retribución a las energías renovables.

El Gobierno gallego ha dado luz verde a la reforma de la ley eólica con el fin de "eliminar cargas financieras" al sector y "abaratar" los costes de los parques al retrasar la obligación de constituir los avales hasta el momento de su puesta en servicio. Además, los titulares de parques ya autorizados podrán pedir la devolución de los avales "siempre que no se haya iniciado la construcción". Lo han explicado, al término del Consello de la Xunta, el conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, y el presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo.

Ambos representantes políticos han calculado que estas medidas, en un escenario en el que está pendiente de concretarse el nuevo marco de retribución a las energías renovables, suponen un ahorro de 24.000 euros anuales en un parque de 25 megavatios. Al margen de otras iniciativas ya en marcha como deducciones fiscales y facilidades para el desestimiento o renuncia a los megavatios adquiridos siempre que no se altere el resultado del concurso, el Ejecutivo autonómico ha iniciado la tramitación de un decreto para impulsar las repotenciaciones en los parques eólicos.

La nueva normativa para "agilizar" la repotenciación con menos molinos y más eficientes posibilitará a los promotores de los parques -según ha explicado Conde- beneficiarse de una "tramitación exprés" de las modificaciones y de la reducción del canon eólico.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou unha batería de medidas orientadas a renovar o liderado histórico do sector eólico de Galicia de acordo coas condicións do novo escenario enerxético que se está a pechar en España e unha vez que a situación económica o permita. Nese marco, avanzou unha modificación da Lei do sector que permitirá adiar a obriga actual de constitución dos avais no momento de recibir a autorización dun parque eólico ata que se inicie a súa construción.

Na súa comparecencia ante os medios, o mandatario autonómico apuntou que o Consello da Xunta analizou esta mañá as necesidades que se derivan do contexto actual, xerado por “unha implantación excesiva e improvisada da potencia enerxética en España” e por unha débeda co sector eléctrico que, de acordo cos últimos datos, ascende xa a máis de 30.000 millóns de euros.

O titular do Executivo autonómico resaltou o “firme compromiso do Goberno galego de impulsar as enerxías renovables”, que, no seu conxunto, xa producen o 66% da enerxía eléctrica que se consume actualmente en Galicia. Segundo dixo, a Xunta vén demostrando ese compromiso a través de medidas incluídas nos Orzamentos deste ano, como rebaixas fiscais ou o investimento de arredor de 10 millóns de euros para substituír 1.000 caldeiras convencionais por unhas de biomasa, o que beneficiará a 35.0000 galegos.

Neste marco, Feijóo avanzou a decisión de dar hoxe un novo paso na estratexia enerxética da Xunta, adoptando medidas que adaptan o sector eólico ao novo modelo enerxético español e lle dan pulo no novo escenario.

O mandatario autonómico informou de que o dato de 2013 revela que ese ano foi “o de maior produción eólica en Galicia desde que existen rexistros”, con 9.500 GW, o que supón un 38% máis que no ano 2008. Ademais, salientou que “fomos líderes en España en produción de enerxía por cada MW instalado”, xa que se constatou unha xeración de enerxía superior á da media de España por cada MW, o que, ao seu xuízo, “significa que temos parques eólicos que son dos máis eficientes do conxunto de España”.

Para dar un novo impulso ao sector, segundo avanzou o presidente galego, o Consello da Xunta aprobou hoxe unha modificación da lei en vigor para reducir as cargas financeiras dos parques eólicos. Nesa liña situou a decisión de “trasladar a constitución dos avais no momento da concesión do parque, como viña sendo habitual, ata o momento do inicio da construción do parque” o que, segundo dixo, supón un aforro aproximado de 24.000 euros anuais.

Ademais, resaltou que os titulares de parques autorizados antes da entrada en vigor da lei poderán solicitar a devolución dos avais sempre e cando non empezaran a construción do parque.

Para incentivar a eficiencia do sector, Feijóo destacou tamén o desenvolvemento dun decreto orientado a axilizar as repotenciacións dos parques, incentivando a substitución dos aeroxeneradores actuais por outros máis eficientes e axilizar a modificación dos que están en proxecto, o que suporá incrementar a eficiencia e reducir o impacto ambiental dos parques. Sinalou, ademais, que esta medida permitirá pagar menos en concepto de canon eólico e inclúe a posibilidade de que as empresas que fagan este proceso poidan ampliar a potencia concedida, se teñen rede de evacuación, entre un 10 e un 20%.

“En definitiva, botamos a andar unha batería de medidas para que, no momento en que se dean as condicións económicas adecuadas, os proxectos eólicos viables estean preparados para impulsar a recuperación do liderado de Galicia no eido eólico e, deste xeito, seguir consolidando a nosa aposta por reforzar as enerxías renovables na Comunidade”, afirmou a modo de resumo.

Pola súa banda, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, sinalou que o desenvolvemento destas medidas implica “a renovación da aposta da Xunta polo sector eólico galego”. Deste xeito, o Goberno autonómico segue a traballar xunto aos axentes do sector, outorgando facilidades fiscais, técnicas, administrativas e financeiras.

“A Xunta está a tomar a iniciativa para que os promotores eólicos estean nunha situación de vantaxe cando se culmine o proceso da reforma eléctrica”, explicou Conde. Neste sentido, apuntou, estanse a dar os pasos adecuados para garantir a seguridade xurídica e a defensa do sector no actual escenario enerxético, ao tempo que se promoven melloras tecnolóxicas nos parques, se axilizan os procedementos administrativos, e se rebaixan as cargas fiscais. “Galicia traballa para adaptarse ás novas circunstancias, para superar os novos retos, e para, desde a unidade de acción, recuperar o liderado eólico”, incidiu.

R., 2014-04-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (pesca-azul.jpg) Alfonso Rueda informou de que o Consello 'aprobou a orde para a posta en marcha do Bono Peixe' que ofrecerá 'ata 50 €' para mercar peixe e marisco frescos nos establecementos da comunidade adheridos. Unha medida coa que a Xunta busca 'incentivar o consumo' destes produtos galegos que son sinónimo 'de excelencia e calidade' por todo o mundo e 'facer unha chamada atención' sobre o descenso destes alimentos na dieta que se está a vivir 'a nivel nacional, europeo e mundial e do que Galicia non é allea'.
Foto de la tercera plana (praia_mar.jpg) Galicia segue a ser un referente nacional en calidade ambiental e turística, con 137 bandeiras azuis e 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo. Sanxenxo mantén a súa posición á cabeza do conxunto estatal con 17 praias, 3 portos deportivos (o Real Club Náutico Sanxenxo, o Club Náutico Portonovo e o Porto Deportivo Juan Carlos I) e 1 centro azul (o Centro de Interpretación das Telleiras), ademais de ser o concello que conta co maior número de sendeiros azuis de toda España, cun total de 8 rutas. Galicia mantense entre as tres Comunidades con máis distintivos azuis (tras a Comunidade Valenciana e Andalucía) con 137 galardóns que inclúen praias, portos e centros azuis, ademais de 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo. De feito, concentra unha de cada seis bandeiras azuis concedidas este ano aos areais españois.

Notas

No contexto do Ano Castelao 2025, o proxecto expositivo 'Traxes e cores de Galiza. A identidade nacional na plástica de Castelao' que dende este luns e ata o 30 de agosto se pode visitar no Colexio de Fonseca propón amosar a rica e importante presenza da indumentaria tradicional na obra pictórica e gráfica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Conectar os sectores agrícola e espacial, promovendo o uso de tecnoloxías do ámbito espacial en zonas rurais como ferramentas para a innovación e a resiliencia fronte ao cambio climático é o obxectivo do proxecto europeo AgroSpace, no que participan 12 entidades, entre elas a UVigo. Coordinados polo catedrático Jesús Simal Gándara, investigadores e investigadoras dos grupos de Investigacións Agrarias e Alimentarias; Tecnoloxías Aeroespaciais e Historia Contemporánea I conforman a representación da UVigo en AgroSpace.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES