Noticias

La conselleira de Traballo dice que Galicia está en alerta roja por la crisis demográfica y pide un pacto

Las "cifras alarmantes" que registra la comunidad sitúan a Galicia en una "alerta roja" por lo que ya se califica de "crisis demográfica" pese a que, "paradójicamente", esta cuestión no es percibida por la sociedad como una de sus principales preocupaciones. Esta es la valoración de la conselleira de Traballo que sostiene que aún se está "a tiempo" de reaccionar "entre todos", por lo que pide un pacto social y de Estado para corregir la grave situación.

La conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, ha advertido de que Galicia está "en alerta roja" por la "crisis demográfica", ante la pérdida de población y el envejecimiento de sus habitantes, aunque ha considerado que está "a tiempo" de reaccionar "entre todos", para lo que ha abogado por un pacto "social y de Estado". Mato ha inaugurado el congreso internacional de demografía, en Santiago de Compostela, junto a la directora xeral de Familia, Amparo González y la secretaria de Igualdad del Principado de Asturias.

La conselleira ha avisado de las "cifras alarmantes" que registra la comunidad en este apartado, pese a que, "paradójicamente", esta cuestión no es percibida por la sociedad como una de sus principales preocupaciones, al contrario de otras más "inminentes" como la situación económica o el desempleo. Ante la "realativización" de los problemas que se plantean "a medio plazo", la conselleira ha apostado por reforzar la tarea de sensibilización ciudadana. "Solo así podemos darle la vuelta a esta situación".

Entre otros motivos como la incorporación de la mujer al mercado laboral y el paro, la conselleira ha vinculado con esta problemática la caída de la nupcialidad, la aparición de otras formas de convivencia y la necesaria estabilidad emocional. Frente a la baja tasa de fertilidad y la consecuente puesta "en riesgo" del Estado de Bienestar, la titular de Traballo e Benestar ha mostrado su apoyo a las políticas "de familia y apoyo a la natalidad" que se mantengan en el tiempo, "gobierne quien gobierne" y sea "del color político que sea".

Este compromiso "estable" es preciso, según ha destacado, porque otras medidas "de parche", entre las que ha citado el cheque bebé, "no sirven para nada" si "luego" el gobierno "olvida a las familias". En este sentido, ha citado la conciliación familiar, los estímulos económicos y los recursos y servicios públicos como vías para afrontar el denominado 'invierno demográfico'. Mato ha citado el grupo e trabajo que Galicia conforma con otras cinco comunidades -Asturias, Castilla y León, Castilla-La Mancha, Aragón y Extremadura-, que trasladaron al Ejecutivo central la petición de un pacto de Estado, y también ha aludido al plan demográfico impulsado por la Xunta, con 69 actuaciones "concretas".

Ha citado el aumento de plazas de escuelas infantiles, el apoyo a los hogares y las deducciones fiscales para el fomento de la natalidad, beneficios que, según ha garantizado, el Gobierno autonómico "va a seguir aumentando". La responsable de Familia de la Xunta, Amparo González, ha hecho mención a los ponentes "de prestigio" que se dan cita en la capital gallega esta jornada, entre los que se encuentran responsables de la Unión Europea y de institutos europeos de referencia. Una mesa redonda abordará la problemática desde la perspectiva gallega con la intervención del doctor en ciencias políticas Xosé Luis Barreiro Rivas, el coordinador del grupo de investigación Game-Idega Melchor Fernández, el economista, politólogo y escritor Manuel Blanco y el catedrático de derecho constitucional Roberto Blanco Valdés.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

NoticiaA conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, apelou á necesidade dun “compromiso total, dun Pacto de Estado” para facer fronte á crise demográfica, unha “loita” na que tamén debe estar involucrada toda a sociedade no seu conxunto nunha sorte de “pacto social”.

Así o afirmou durante a súa participación no Congreso Internacional de Demografía, impulsado polo departamento autonómico que dirixe. Neste evento, que ten como principal obxectivo a sensibilización da sociedade e a transferencia de experiencia, están a participar expertos europeos recoñecidos na materia.

A responsable autonómica cualificou o problema demográfico como “estrutural e de calado”, polo que a súa resposta require dun “compromiso estable e continuado, máis aló de conxunturas económicas e de cores políticas”.

Aínda que indicou que a solución debe partir do “conxunto da sociedade”, asegurou que esta resposta debe estar “impulsada e liderada” polas administracións públicas. Precisamente, iso é o que está a facer o Goberno galego, que traballa actualmente sobre tres liñas principais: a concienciación social e a sensibilización; a posta en marcha de novas políticas de familia e apoios á natalidade, inscritos no Plan de dinamización demográfica; e a creación de grupos de traballo con outras rexións, a nivel español e europeo, para crear sinerxias e trasladar boas prácticas.

Trátase da primeira vez na historia da autonomía que un Goberno está a liderar un Plan de dinamización demográfica, composto por 69 medidas. A sensibilización é un dos seus eixos principais, pero a articulación de novas políticas son tamén fundamentais e constitúen un paso necesario na mellora do comportamento poboacional, como demostra o exemplo de “moitos países do noso contorno que, con políticas de familia axeitadas, teñen equilibrado o déficit demográfico nos últimos anos”, entre os que citou o modelo nórdico, ou o caso francés.

Como proba tamén de que as políticas de conciliación funcionan citou un estudio realizado en Italia que concluíu que un 10 por cento de aumento da ratio de cobertura de escolas infantís públicas supón un incremento de 0,2 puntos no índice sintético de fecundidade. De feito, esta ten sido unha das principais apostas da área de Benestar. Grazas a este esforzo, a rede autonómica de escolas para nenos e nenas de 0-3 anos conta actualmente con 8.750 prazas, un 61 por cento máis que en 2009.

Ademais, dentro do Plan demográfico estanse deseñando novos instrumentos como as casas-niño ou o servizo de axuda no fogar para a infancia. Engádese a isto que se teñen incrementado as deducións fiscais por nacemento ou adopción dun fillo nun 20 por cento –pasaron de 300 a 360 euros este ano-, unha liña de aumento que se seguirá nos próximos anos. Deste xeito, Galicia sitúase á cabeza de todas as autonomías en beneficios fiscais á natalidade.

En canto á colaboración con outras rexións afectadas pola mesma problemática, Mato lembrou que Galicia está a participar en diversos proxectos europeos como o Symbios, ou a Rede de rexións afectadas polo cambio demográfica (DCRN), da que tamén forman parte outras 40 rexións.

A cooperación estase impulsando tamén a nivel nacional. Galicia, xunto con outras 5 comunidades autónomas que están a “sufrir o inverno demográfico” –Asturias, Castela e León, Castela –A Mancha, Aragón e Estremadura-, forman parte dun grupo de traballo na procura de solucións comúns. Na última xuntanza, acordaron trasladar ao Goberno central á necesidade de acadar un Pacto de Estado. Este grupo tamén ten previsto levar a súa problemática ante a Unión Europea.

A conselleira inscribiu todas estas medidas na necesidade de facer fronte ao problema demográfico porque “non vai ser posible manter nas próximas décadas a sociedade do benestar, tal e como hoxe a entendemos”.

Lembrou, por exemplo, que a taxa de reemprazo poboacional sitúase en 2,1 fillos por muller en idade fértil, mentres que en Galicia actualmente non chega ao 1,1, “moi lonxe de acadar a renovación xeracional”. Esta caída da natalidade “non é nova, xa que leva ocorrendo desde os anos 70. No 1981 a taxa caeu por primeira vez por debaixo do limiar de reemprazo, e en 1998, en época de bonanza, marcou o seu mínimo histórico”.

Estas cifras supuxeron que en Galicia, desde o ano 1981, se perderan 46.000 habitantes. De continuar esta tendencia, a poboación podería caer noutras 15.000 persoas en 10 anos, polo que o número total de habitantes da comunidade autónoma en 2051 podería estar por debaixo dos que existían en 1900.

A perda da poboación non é a única consecuencia, xa que non se pode esquecer o envellecemento da poboación. En 1975 a idade media da poboación galega era de 35 anos, e hoxe sitúase nos 45,4.

Todos estes datos supoñen que, “de non tomar medidas, Galicia seguirá a perder poboación en idade laboral e haberá un número crecente de maiores e, en consecuencia, das situacións de dependencia”. Isto repercute na economía, de aí que a OCDE asegure que a crise demográfica vai rebaixar o crecemento do PIB europeo nun 0,7 por cento anual ao longo das próximas décadas.

No que se refire ás causas do inverno demográfico, a conselleira lembrou que todos os estudos destacan a existencia de diversos factores. Entre outros, citou a incorporación da muller ao mercado laboral, a postergamento da maternidade, os cambios na estrutura familiar ou a crise económica, aínda que apuntou que este último factor “non se pode considerar de peso dado que o problema vense producindo desde os anos 70”.

En resumo e para rematar, Mato apostou por seguir afondando na sensibilización da sociedade, por continuar intercambiando experiencias, por seguir deseñando novas políticas de familia para impulsar á natalidade, e por conseguir o compromiso de toda a sociedade e de todas as administracións.

R., 2014-03-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (economia-porcentaxe.jpg) O Banco de España acaba de publicar os datos oficiais de débeda pública correspondentes ao peche do exercicio 2025. Nese período, Galicia reduciu a súa ratio de débeda ata o 13,9 % do seu PIB, o que representa a ratio máis baixa dende 2012. Deste xeito, Galicia situase como a cuarta comunidade autónoma de réxime común con nivel de débeda máis baixa e cun diferencial con respecto á media das CCAA de 6,3 puntos porcentuais. A ratio de débeda das CC.AA. situouse no 20,2 %. Logo do esforzo extraordinario por mor da pandemia, Galicia leva unha senda descendente dos seus ratios de endebedamento. Así, desde a pandemia, ano 2020, reduciu a ratio case seis puntos, pasando de 19,6 % ata o 13,9 %.
Foto de la tercera plana (20260331-01.jpg) A implantación da recollida separada de materia orgánica consolídase como o piar fundamental para que Galicia cumpra cos obxectivos ambientais europeos. Dado que os restos orgánicos representan case o 40 % do lixo doméstico, a súa correcta xestión é a chave para baleirar os vertedoiros e xerar compost de alta calidade que retorne á terra como fertilizante. A día de hoxe, o compromiso galego con este sistema é evidente: 295 concellos xa contan con métodos específicos para os biorresiduos.

Notas

A Primavera Cultural da USC regresará á volta de Semana Santa con diversas citas nas que a tradición e a vangarda camiñan collidas da man. Así, o talento musical emerxente darase cita o 8 de abril na final da terceira edición do Certame de grupos musicais da USC. O 9 de abril será a quenda do Curso de Primavera, na Facultade de Humanidades de Lugo; do concerto de Kid Mount + ünder & Diego Flâneur na lucense Praza de Santa María; e do V Tradi-Fest, no Xardín das pedras que falan en Compostela.
Lori Meyers é unha das bandas máis recoñecidas do indie pop estatal, que regresa a Vigo tras oito anos sen actuar en grandes formatos na cidade. Coti achegará ao Galicia Fest algúns dos seus temas máis coñecidos, convertidos xa en auténticos himnos xeracionais. O artista suramericano chegará a Vigo tras completar unha xira por arxentina
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES