Noticias

Galicia logra colocar 500 millones de deuda pública al 1.89%, el interés más bajo de su historia

El presidente de la Xunta, informa de la colocación de 500 millones de euros de la deuda pública autorizada por el Consejo de Ministros para 2014 con el 1,89% de interés, el "más bajo de la historia de las emisiones de deuda pública" en Galicia. Feijóo también dice que la Xunta ahorrará 13 millones de euros en el nuevo sistema de telecomunicaciones con mejoras en servicios educativos, sociosanitarios y judiciales.

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha revelado que su Ejecutivo ha realizado una "importante operación" al colocar 500 millones de euros de la deuda pública autorizada por el Consejo de Ministros para 2014 con el 1,89% de tipo de interés, el "más bajo de la historia de las emisiones de deuda pública" en Galicia.

Lo ha ratificado al término de la reunión semanal de su Ejecutivo, en una rueda de prensa en la que ha reivindicado las "cuentas ordenadas" de la comunidad y el "cumplimiento del déficit" al tiempo que se mantiene la deuda "por debajo" de la media nacional y del resto de comunidades.

Núñez Feijóo insiste en que este tipo de gestión supone que el autogobierno de Galicia "sigue blindado", toda vez que ésta no tiene que acogerse a líneas de ayuda estatal como el Fondo de Liquidez Autonómica (FLA), además de avalar que la comunidad gallega "genera confianza" para los inversores.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou, na rolda de prensa do Consello, a colocación de débeda co tipo de xuro máis baixo da súa historia, o 1,89%, e destacou que é un exemplo máis da política solvente e responsable da Xunta. “Seguimos reafirmando –dixo- o compromiso da solvencia das contas públicas, compromiso que vén sendo avalado polos investidores nos mercados financeiros; seguimos sendo autogobernados; e seguimos decidindo as nosas capacidades de tesourería”, afirmou.

O presidente galego explicou que a Consellería de Facenda, a través da Dirección Xeral de Política Financeira, colocou “500 millóns de euros na débeda pública autorizada polo Consello de Ministros para o ano 2014”, e fíxoo, resaltou, cun xuro que “é o máis baixo da historia das emisións de débeda pública de Galicia, o 1,89%”.

“Fixemos unha importante operación de débeda pública, importante no cuantitativo e importante no cualitativo”, sinalou Feijóo, enfatizando en que Galicia está acreditando que “somos capaces de subscribir a débeda pública no mercado ordinario e que somos capaces de obter, ademais, as condicións económicas máis baratas de débeda pública que nunca emitiu a Comunidade Autónoma”.

Isto demostra, segundo o xefe do Executivo autonómico, “que seguimos no camiño de ter unhas contas controladas, unhas contas ordenadas e unhas contas axeitadas á situación económica que estamos a vivir”. Lembrou, así, que Galicia iniciou esta senda no ano 2009, “cando nos comprometemos a afrontar o problema do déficit público”, e continuouna nos anos 2010, 2011, 2012 e 2013, cando seguiu “tentando cumprir ese déficit público”.

“Mantemos o compromiso do cumprimento do déficit público nos últimos anos; comprometemos tamén conter a débeda pública por debaixo da media nacional, e estamos 3 puntos por debaixo en termos de PIB da media das comunidades autónomas; e mantemos o compromiso de non recorrer ás liñas de financiamento do Ministerio de Facenda, do Goberno de España, tanto a liña para pago a provedores como a liña do Fondo de Liquidez Autonómica”, argumentou Feijóo, explicando que o xuro do 1,89% está “por debaixo do que o Fondo de Liquidez Autonómica lle está facilitando ás comunidades autónomas que teñen pechados os mercados”.

“Continuamos ese camiño ao esforzarnos por manter a débeda de Galicia por debaixo da débeda nacional, por debaixo da débeda das Comunidades Autónomas, e hoxe constatamos que cumprir o déficit público e ter unha débeda por debaixo da medida das comunidades autónomas supón, sen ningunha dúbida, que o autogoberno de Galicia sigue blindado e que o autogoberno de Galicia xera confianza para os investidores”, concluíu Feijóo ao respecto.

Novo contrato de telecomunicacións

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Xunta aforrará 13 millóns de euros cun novo contrato de telecomunicacións que inclúe melloras do servizo nas áreas “fundamentais” educativa, sociosanitaria e xudicial.

“Desbloqueamos os trámites necesarios para poder adxudicar no primeiro semestre deste ano o contrato de telecomunicacións da rede corporativa da Xunta, que proporcionará servizo de Internet, telefonía fixa e móbil aos máis de 3.000 centros da Administración pública”, aseverou, logo de incidir en que se trata dun servizo “fundamental para o funcionamento de toda a Administración”, con cuxa licitación se procurou ter “un mellor servizo cun menor custo”.

Deste xeito, ademais de ter un orzamento de 39,3 millóns de euros -3 millóns menos que o contrato anterior- o que permitirá aforrar uns 13 millóns de euros en tres anos, Feijóo precisou que o novo contrato inclúe tamén melloras que requirirán dun investimento por parte dos operadores adxudicatarios de 12 millóns de euros.

Segundo avanzou, a licitación do concurso será publicada nos vindeiros días pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. E entre as principais medidas de aforro destaca a integración na rede corporativa dos servizos de telefonía de 1.395 centros públicos, na súa maioría centros educativos, o que “vai repercutir, sen ningunha dúbida, nunha mellora da xestión das telecomunicacións de todos os centros de primaria, secundaria ou de formación profesional da administración educativa”, sinalou.

Así mesmo, integrará as redes de datos do CIXTEC e da Compañía de Radio Televisión de Galicia na rede da Xunta, de xeito que se eliminarán duplicidades de rede e se incrementará a redundancia nas comunicacións, garantindo a súa dispoñibilidade a pesar das posibles incidencias.

Feijóo detallou que a nova situación contractual “abrangue tamén o mantemento do equipamento electrónico de toda a Administración autonómica”, fronte ao marco agora vixente en que este mantemento é xestionado por cada un dos departamentos da Xunta. O novo contrato implica asumir o mantemento de toda a infraestrutura, reducindo custos ao centralizar a contratación.

Ademais da mellora do ancho de banda e a ampliación das liñas de apoio –especialmente en centros educativos, sociosanitarios e os xulgados-, o novo concurso prevé melloras adicionais como o obter rebaixas no prezo dos servizos que se prestan en caso de que a Comisión do Mercado de Telecomunicacións ou organismos internacionais establezan reducións nos prezos de mercado.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo destacou que o contrato prevé tamén a ampliación a 5 gigas da capacidade da rede corporativa, a renovación do equipamento que estea obsoleto, así como a homoxeneización dos sistemas de seguridade no acceso a internet, reforzando a seguridade ante posibles ataques externos.

No tocante á telefonía móbil, cómpre subliñar que o contrato recolle a posta en marcha dunha aplicación para o control do gasto, tarifas planas de datos internacionais con límite de gasto, ferramentas de xestión remota e de solucións de seguridade para dispositivos móbiles, e mellora da cobertura móbil en determinados edificios da Xunta.

“En definitiva, seguimos a esforzarnos por ter unha Administración útil, é dicir, con mellores servizos a menores custos. Hoxe, cun novo contrato de telecomunicacións da Xunta que permitirá aforrar 13 millóns en tres anos; que integrará na rede corporativa as redes de datos do CIXTEC, da CRTVG e os servizos de telefonía de 1.400 centros públicos, e permitirá reforzar as comunicacións das áreas educativa, sociosanitaria e xudicial”, concluíu o presidente da Xunta, a modo de resumo.

R., 2014-02-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-abanea-2025.jpg) O Festival Abanea celebrará entre o 16 e o 20 de xullo a súa cuarta edición cun programa de danza contemporánea de distintos estilos que distribuirá 15 funcións de nove compañías entre os concellos de Ames, Outes, Marín, Foz e Celanova. ISMO Cultura, colectivo organizador do encontro, estenderá así a súa actividade de exhibición e dinamización ás catro provincias. A bailarina Andrea Castro presentou a primeira fase do espectáculo Lola y los lamentos, como artista seleccionada para o acompañamento bienal 2025–2026 co que o festival apoia procesos de creación de artistas emerxentes e que nesta edición terá como resultado a estrea de 'A mona de seda'.
Foto de la tercera plana (festival-hercules-brass.jpg) As diversas actividades do festival terán lugar do 28 de xullo ao 1 de agosto no claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova. A actuación que inaugurará a cita será a da Banda de Música de Celanova con James Morrison, un concerto único en España que terá lugar ás 20,30 horas. Ademais deste, subirán ao escenario a Boston Brass de Estados Unidos, Abraham Cupeiro coa Orquestra Gaos e pechará a edición o Hércules Brass Ensemble dirixido por Isabel Rubio e coa Boston Brass e Adam rapa como solistas. Así, os concertos complementaranse con cinco días de actividades formativas para un centenar de estudantes procedentes de distintas comunidades autónomas. Clases de alto nivel da man dalgúns dos participantes nas actuacións e un seguimento continuo e individualizado que garante un acompañamento pedagóxico para o alumnado que xa leva participado en varias edicións consecutivas do festival.

Notas

A Universidade de Santiago de Compostela dá acubillo, un ano máis, ao XII Encontro da Mocidade Investigadora (XII EMI) que ten lugar os días 9 e 10 de xullo na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Este evento desenvólvese dende o ano 2012 co propósito de favorecer as dinámicas de colaboración, debate e difusión do coñecemento xerado entre estudantes de doutoramento.
O aumento do coñecemento arredor do cancro evidenciou que non se trata dunha enfermidade única, pois engloba a múltiples doenzas e subtipos con características moleculares propias. Un dos avances máis relevantes en oncoloxía ten sido o descubrimento destas características moleculares (mutacións) e o conseguinte desenvolvemento de terapias dirixidas contra estas mutacións denominadas driver, como a mutación BRAFV600E, presente en máis do 60 % dos casos de melanoma e en determinados cancros de colon, pulmón ou mama.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES