Noticias

Crisis económica: los emprendedores podrán abrir en Galicia sus negocios sin licencia municipal

Los emprendedores que deseen montar un negocio en Galicia lo harán sin necesidad de la hasta ahora preceptiva licencia municipal, que el Gobierno gallego ha decidido "suprimir con carácter general" y sustituir por una comunicación previa al ayuntamiento. Las excepciones serán las empresas o actividades que requieran tramitación ambiental, de patrimonio o afecten a suelo de protección especial.

Esta "novedad importantísima", en palabras del presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo, estará incluida en la ley autonómica para potenciar el emprendimiento y la competitividad económica que, una vez superado el periodo de exposición pública, será remitida al Consello Económico e Social (CES) antes de su aprobación definitiva en el Consello de la Xunta y de su envío al Parlamento.

Según el presidente de la Xunta, la licencia municipal previa de obras, actividad, apertura y funcionamiento quedará eliminada y los emprendedores tendrán que hacer una comunicación previa al consistorio. Éste, a su vez, dispondrá de 15 días para pedir más información si lo considera necesario, de forma que si transcurrido este plazo no se da este paso, se podrán iniciar las obras o poner en marcha el negocio.

"Será más fácil y menos costoso ser emprendedor", dijo Feijóo, quien también ha anticipado la reducción de los plazos de tramitación de consulta y documentación. "El asesoramiento será más ágil y el resultado para quien quiera someter su proyecto a un informe de la Unidade Galicia Emprende tendrá que estar en 30 días", ha esgrimido, antes de avanzar que también "se mantendrán y ampliarán" los incentivos fiscales que recogen los presupuestos de 2013.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou, na rolda de prensa do Consello, que coa Lei do Emprendemento e da competitividade económica de Galicia será “máis fácil” e “menos custoso” ser emprendedor cun marco normativo estable e ordenado. “En definitiva, trátase dun texto no que temos traballado con vocación de consenso, que sirva realmente aos intereses da xente que quere crear emprego e que obrigue ás administracións públicas a tomar decisións rápido, a inspeccionar rápido e a non condicionar a falta de axilidade administrativa á riqueza da comunidade”, aseverou.

Durante a súa comparecencia, o titular do Executivo autonómico incidiu en que con esta lei será máis fácil ser emprendedor en Galicia a través dun asesoramento máis áxil, coa creación da Unidade Galicia Emprende, “para que todos aqueles que queiran someter a un informe ou avaliación o seu proxecto obteñan un resultado en 30 días”. E, nesta mesma liña, poñeranse puntos de activación empresarial vía electrónica que axilizarán de forma notable os trámites.

Así mesmo, a Xunta dá un paso máis con respecto ao primeiro borrador da norma, reducindo de 48 horas a 24 horas o tempo necesario para constituír unha empresa. E suprímese con carácter xeral a necesidade de obtención de licenza municipal previa xa sexa de obras, de actividade ou de apertura. Deste xeito, para o exercicio de calquera actividade económica empresarial, profesional, comercial ou industrial non se requirirán estas licencias, salvo aquelas que requiran tramitación ambiental ou proxecto de edificación. “Esta licenza pasa a substituírse por unha comunicación previa a cada concello, que terá 15 días para pedir máis documentación”.

A norma introduce, tamén, novas medidas fiscais de impulso á actividade emprendedora: a dedución do 20% do IRPF establecida na Lei de orzamento deste ano para os que invistan en accións ou participación de novas empresas amplíase para aqueles que concedan créditos para a creación de empresas. E a redución do 95% no imposto sobre sucesións e doazóns de diñeiro para a constitución dunha nova empresa esténdese para calquera tipo de ben destinado á mesma finalidade e suprimindo ademais o límite de idade, anteriormente establecido en 35 anos.

Ademais, a bonificación do 75% na cota do imposto sobre patrimonio por creación de empresas ou ampliación de actividade amplíase aos investimentos para adquisición de accións ou participacións sociais en novas entidades ou para préstamos que xeren dereito a dedución no IRPF; e para a adquisición de locais de negocios ou para a constitución de préstamos e hipotecas establécese unha dedución nos actos xurídicos documentados.

Amais desta rebaixa selectiva de impostos, Feijóo destacou a creación de distintos instrumentos de apoio económico e financeiro aos emprendedores como, por exemplo, fondos de capital risco específico e a habilitación de microcréditos. “Fondo de capital risco para mobilizar 5 millóns de euros e microcréditos para mobilizar 10 millóns”, precisou.

Comprometidos coa competitividade e co obxectivo de acadar unha visión global da nosa economía, o titular da Xunta destacou, tamén, a fusión de seis Consellos dependentes da Consellería de Economía e Industria nun único consello de Economía e Competitividade. “Deste xeito, os sete Consellos que existen convértense en dous: Consello de Economía e Competitividade e se mantén o Consello Galego de Consumidores e usuarios”.

Por último, Feijóo explicou que, logo da apertura dun período de diálogo con diferentes axentes económicos e sociais, co obxectivo de acadar un texto mellor e máis consensuado, e durante o cal se avaliaron máis de 300 achegas de 25 axentes; a Xunta remite o texto ao Consello Económico e Social, iniciando o último trámite antes de ser enviado definitivamente ao Parlamento.

R., 2013-05-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (radio-na-biblio.jpg) O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Foto de la tercera plana (aitor-martinez.jpg) Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.

Notas

O encontro 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA– Proxecto Nós' serviu para dar a coñecer os resultados dos últimos tres anos de traballo do Proxecto Nós no marco de ILENIA, unha iniciativa orientada a avanzar en recursos e capacidades en tecnoloxías lingüísticas, en particular para as linguas do Estado. Datos, casos de uso e ferramentas abertas de tradución automática, síntese de voz e modelos lingüísticos en galego déronse a coñecer neste foro que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados.
O Centro de Arte Fundación Maria José Jove (FMJJ) en colaboración con Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña (UDC), celebran hoxe xoves a terceira edición do encontro Dentro–Fora, que se enmarca no programa de residencias artísticas que ambas as institucións desenvolven conxuntamente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES