Noticias

Feijóo insta a España y Portugal a intensificar la interoperabilidad de los peajes, a mejorar la conexión ferroviaria y reclama más Europa

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha pedido a España y Portugal que "de una vez por todas, y de forma concreta e inmediata" procedan a "intensificar la interoperabilidad" de los sistemas de peaje en la vías de comunicación por carretera, que "tanto están dañando" a las economías lusa y gallega.

El "exitoso" balance de la cooperación entre Galicia y el Norte de Portugal permite a esta Eurorregión hacer esa demanda, así como reclamar "una mejora de las infraestructuras ferroviarias", todo ello con el fin de "hacer realidad la eurorregión", ha defendido Feijóo, que ha participado en la apertura del seminario del Comité de las Regiones. El presidente gallego apuesta también por eliminar "externalidades aún derivadas de la vieja frontera", entre las que ha citado los costes de roaming o itinerancia telefónica.

Feijóo ha pedido, asimismo, incrementar las conexiones gasísticas y eléctricas para "construir un modelo de gestión energética más eficiente, con competencia" y que permita abaratar los precios para ciudadanos y empresas. El presidente gallego ha calificado de "exitoso" el balance de la cooperación entre Galicia y Norte de Portugal y ha destacado que ha permitido movilizar, sólo dentro del Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal, más de 135 millones de euros de inversión directa y desarrollar 70 proyectos.

Feijóo se ha referido también a iniciativas de cooperación como "la constitución de una comunidad universitaria auténticamente eurorregional", el "correcto ensamblaje" de los servicios de protección civil y emergencias o "mejoras en itinerarios culturales y turísticos", entre los que ha destacado el Camino de Santiago.
Ahora, ha afirmado el máximo mandatario gallego, ya se ha ordenado a la Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal que inicie las tareas para presentar propuestas integradas de inversión ante la Comisión Europea. "Nos queremos alinear con la Estrategia 2020 de la Unión Europea y, para ello, de cara a la próxima Cumbre Ibérica, aspiramos de entrada a realizar la programación conjunta de la aplicación de las transferencias de la UE durante el periodo 2014-2020".

Feijóo ha agradecido al Comité de las Regiones "el esfuerzo realizado" al asumir el aumento de "un nada desdeñable" 1% en la partida presupuestaria que afecta a este objetivo. Además, ha instado a seguir avanzando en la unión y la cooperación transfronteriza, puesto que en momentos como los actuales, en los que "la desafección ciudadana hacia el proyecto europeo parece crecer sin límite", quienes continúan comprometidos con el proyecto debe "proclamar, con más rotundidad, si cabe", la necesidad del mismo y pedir "más Europa".

El presidente de la Xunta ha admitido que es necesario introducir mejoras en la gobernanza del euro o la integración fiscal. En cualquier caso, ha llamado a no permitir que esta necesidad de mejora "se convierta en causa de un proceso general de descalificación contra la unidad de Europa".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que o “exitoso” balance cooperativo entre Galicia e o Norte de Portugal permite á Eurorrexión demandar de España e Portugal que: “dunha vez por todas e de forma concreta e inmediata” intensifiquen a interoperabilidade dos sistemas de peaxes nas vías terrestres de conexión e comunicación, “que tanto están a danar” a economía de ambas as dúas rexións; unha mellora das infraestruturas ferroviarias para facer realidade a eurorrexión; e a eliminación das externalidades aínda derivadas da vella fronteira, como son os custes do roaming ou itinerancia telefónica. Así mesmo, destacou a necesidade de incrementar as conexións gasísticas e eléctricas, coa finalidade de construír un modelo de xestión enerxética máis eficiente, con competencia e, en consecuencia, con posibilidades de abaratamento dos prezos para os cidadáns e as empresas.

Durante a apertura do seminario do Comité de Rexións, A cooperación territorial europea como motor de desenvolvemento rexional; o titular da Xunta lembrou o “exitoso” balance cooperativo entre Galicia e o Norte de Portugal que permitiu mobilizar -só dentro do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal-, máis de 135 millóns de euros de inversión directa e desenvolver más de 70 proxectos. Sen esquecer outras iniciativas de cooperación como a constitución dunha comunidade universitaria autenticamente euro-rexional, a correcta ensamblaxe dos servizos de protección civil e de emerxencias, ou a posta en marcha de melloras en itinerarios culturais e turísticos tan relevantes para o ideario europeo como é o Camiño de Santiago.

Así mesmo, Feijóo avanzou que, co obxectivo de “alinearnos coa Estratexia 2020 da Unión Europea”, xa se deu mandato á Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, para que poña en marcha as tarefas precisas que culminen na presentación das propostas integradas de inversión ante a Comisión europea. “Queremos alinearnos coa Estratexia 2020 da UE e, para elo, de cara á próxima Cumbre Ibérica, aspiramos de entrada a realizar a programación conxunta da aplicación das transferencias da Unión durante o período 2014-2020”, engadiu.

Logo de incidir no exitoso balance cooperativo, o responsable do Goberno galego aproveitou a súa intervención para, en calidade de presidente de turno da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e de presidente da Xunta, agradecer ao Comité das Rexións o esforzo realizado ao asumir o incremento “dun nada desdeñable 1% na partida presupostaria que afecta a este obxectivo”.

O presidente da Xunta animou aos Estados a seguir avanzando no eido da Unión e da cooperación transfronteiriza, “xa que agora máis ca nunca, cando a desafección cidadán cara ao proxecto europeo parece crecer sen límite, os que seguimos comprometidos co programa de paz, de cooperación, de solidariedade e integración que ese proxecto encarna temos que proclamar, con maior rotundidade se cabe, que seguimos necesitando o proxecto europeo e debemos seguir pedindo máis Europa”.

Se ben recoñeceu que aínda hai moito que mellorar -desde a gobernanza do euro ata o deseño dunha integración fiscal que combine a ética do esforzo e a solidariedade mancomunada-; Feijóo avogou por non facer que a necesidade de mellora se converta en causa dun proceso xeral de descualificación contra a unidade de Europa. Ao que engadiu que desde o noso nivel, “desde o chanzo administrativo máis próximo ás necesidades, anhelos e queixas dos cidadáns, podemos contribuír a que a idea dunha mellor Europa prosiga viva”.

Neste senso, aseverou que as rexións que como Galicia e o Norte de Portugal, manteñen viva a cooperación territorial tamén unen aos Estados e cohesionan a Unión. “A cooperación territorial concita un amplo consenso entre a cidadanía europea. Somos, por así dicilo, as que cosemos as pezas que conforman esta Unión, as que contribuímos a que cicatricen mellor as vellas feridas fronteirizas, que nos fan recordar un pasado do que debemos aprender para non repetilo xamais”.

R., 2013-04-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (flores-rock-2026.jpg) Presentouse o décimo aniversario do festival Flores Rock, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de setembro cunha ampla programación musical e cultural no Barrio das Flores da Coruña. A iniciativa, nacida no propio barrio e fortemente vinculada a súa xente e ao tecido social, mantén dez anos despois a esencia coa que comezou, cunha combinación de música, cultura e participación veciñal. O festival contará con dous escenarios e unha programación que reúne artistas e bandas de diferentes estilos, ademais de actividades para públicos de todas as idades e familias. O Flores Rock naceu en 2016 como iniciativa local e, ao longo desta década, foi consolidándose no calendario cultural da Coruña sen perder a súa identidade.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura volverá converterse o próximo 28 de agosto nun punto de encontro para os novos sons urbanos coa celebración da III Lingua Urbana, unha cita que se consolida dentro da programación dos Concertos do Xacobeo. A terceira edición de Lingua Urbana contará con Yung Beef e Dirty Suc, dous dos nomes máis recoñecidos da escena urbana, aos que se suma Abhir, que ofrecerá en Santiago a súa única actuación en Galicia durante 2026. A presenza galega terá un peso destacadocoa participación de Arce, 9Louro, Lg1do, Sote, Carlos Barral ou Valesk8.

Notas

No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
Pódese prever como se comportará a rótula despois dunha operación de prótese de xeonllo? Unha investigación desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña permite simular o movemento desta articulación tras a intervención e estudar como as características de cada paciente poden influír na elección do tratamento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES