
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, súmase á celebración do centenario do nacemento de Eugenio Granell. As homenaxes no día do aniversario do artista comezaron co acto de descuberta dunha placa conmemorativa en Santiago de Compostela, no que participou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Coa descuberta desta placa no número 6 da rúa da Caldeirería, onde Eugenio Granell viviu a primeira etapa da súa vida xunta coa súa familia facemos un acto de homenaxe colectiva a un artista que marcou a historia cultural desta cidade e de Galicia, dixo o secretario xeral. Pero introducimos, ademais, un elemento na paisaxe urbana de Compostela para a acordanza de todos aqueles que cada día transitan as súas rúas, facendo presente para o porvir a lembranza de Granell, engadiu.
Anxo Lorenzo tamén se referiu a Granell como un artista que quixo ofrecer sempre unha mirada nova e que explorou nas diferentes linguaxes, se ben foi por riba de todo pintor. Bebeu do surrealismo engadiu para definirse nunha idea e nunha proposta plástica propia e inconfundible.
Xunta co secretario xeral de Cultura tamén participaron no acto o alcalde de Santiago de Compostela e copresidente do Padroado da Fundación Eugenio Granell, Ángel Currás; Xerardo Estévez, ex alcalde de Santiago de Compostela; así como os membros do Padroado e familiares e amigos achegados ao artista.
A celebración do centenario do artista prolongarase ata a tarde, coa presentación do estudo e mais dunha proposta sonora das máis de duascentas anotacións musicais que deixou Granell no seu arquivo. O resultado deste proxecto pioneiro é o libro-disco Miniaturas de Eugenio Granell. Música revelada, que se dará a coñecer ás 19:30 horas na sede da Fundación Granell, en Santiago de Compostela.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.