Noticias

El Centro Dramático Galego (CDG) abre la temporada 2012-2013 con O Profesional

La versión gallega del texto de Dusan Kovacevic, O Profesional, es la primera apuesta de la nueva temporada del Centro Dramático Gallego que afronta este nuevo espectáculo en coproducción con la Companhia de Teatro de Braga. Dirigida por Manuel Guede Oliva, la obra está protagonizada por Ernesto Chao, Miguel Pernas, Rebeca Montero e Rodrigo Roel.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Centro Dramático Galego da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ultima estes días os ensaios do equipo técnico e artístico dedicado á produción de O profesional. O espectáculo, versión galega da obra de Dusan Kovacevic baixo a dirección de Manuel Guede Oliva, abrirá a temporada 2012-13 da compañía pública o venres 5 de outubro coa súa estrea no Salón Teatro de Santiago.

Realizada en coprodución coa Companhia de Teatro de Braga, o elenco que integran Miguel Pernas, Ernesto Chao, Rebeca Montero e Rodrigo Roel desenvolven o seu traballo interpretativo sobre a tradución do texto orixinal asinada por Vladimir André Cejovic xunto a Anne Renoue e nunha escenografía deseñada polo arquitecto portugués José Carvalho Araújo.

Ao tempo que os ensaios entran na súa recta final, o Centro Dramático Galego está a realizar un intenso traballo de captación de público escolar, no marco do que desenvolverá dous pases previos á estrea, os días 1 e 3 de outubro, aos que están convidados principalmente profesores de ensino secundario de distintos centros galegos, así como outros mediadores culturais. O obxectivo é a preparación conxunta das funcións matinais que se desenvolverán especificamente no Salón Teatro para alumnos de ESO e bacharelato os días 10, 11, 17 e 18 de outubro.

Para este fin o CDG dispuxo xa na súa páxina web un material didáctico dixital, que ademais de explicar as claves do teatro de Kovacevic no seu contexto xeográfico e histórico, propón diferentes pautas para que os estudantes poidan seguir falando e reflexionando sobre a obra despois de asistir á montaxe.

Elaborado por Miguel Vázquez Freire, da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), o caderno pedagóxico contén así mesmo importantes referencias bibliográficas e todo tipo de documentación da época na que se desenvolve a acción de O profesional.

Ambientada no Belgrado de 1990, O profesional é a historia do encontro entre Teodor Teja Kraj, un antigo activista político na oposición ao réxime do mariscal Tito e acomodado agora entre as redes do poder, e Luka Laban, o policía que durante dúas décadas lle seguiu os pasos. Na versión galega, Miguel Pernas e Ernesto Chao darán vida aos que nunha época foron perseguido e perseguidor, pero que ven agora como se inverten os seus papeis neste novo momento histórico, inmediatamente anterior ao inicio da guerra dos Balcáns.

Rodrigo Roel, no papel de O Tolo, e Rebeca Montero, no da secretaria Marta completan o elenco que levará a escena este texto actual e cheo de matices, a través do que o CDG propón unha reflexión histórica e desde nós no ano no que se conmemora o vinte aniversario do inicio oficial da guerra de Bosnia.

R., 2012-09-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES