Noticias

El Centro Dramático Galego promueve varios actos sobre Vidal Bolaño, homenajeado en las Letras Galegas 2013

El Centro Dramático Galego (CDG) presenta la programación de 2013 que servirá como homenaje a la figura del dramaturgo compostelano Roberto Vidal Bolaño al que se dedica el Día das Letras Galegas. Se representarán dos de sus obras, Días sen gloria y Touporroutou da lúa e do sol, y habrá actividades como proyecciones, charlas o el Premio Roberto Vidal Bolaño.

Los actos tendrán como principales citas la representación de dos de sus creaciones teatrales. La obra 'Días sen gloria', escrita en 1992 por el escritor santiagués, que será estrenada en abril del próximo año y girará por diferentes localidades gallegas y portuguesas. Los más pequeños también tendrán la posibilidad de descubrir a Vidal Bolaño con la representación de 'Touporrotou da lúa e do sol', que echará a andar en el segundo semestre de 2013.

Además del estreno de estas obras, el CDG pondrá en marcha el 'Premio Vidal Bolaño' que nace con la intención de reconocer la tarea del espectador, premiando con abonos gratuitos y las obras completas de Vidal Bolaño a las mejores sugerencias presentadas por los espectadores del Salón Teatro. Belén Quintáns, ha destacado la "especial ilusión que le haría a Roberto" la creación de este galardón, ya que el autor siempre había valorado de manera especial la función del público en el teatro. Por su parte, Manuel Guede ha comentado el interés que Vidal Bolaño siempre había mostrado en "la fidelización de los públicos" y en convertir el teatro en un "espacio participativo y crítico".

Los actos conmemorativos del autor fallecido en 2002 se complementan con la puesta en marcha de actividades de divulgación de su figura y obra en centros formativos, así como la realización de un ciclo de lecturas dramatizadas en colaboración con los teatros universitarios de A Coruña, Ourense y Santiago o la proyección audiovisual de obras teatrales de Vidal Bolaño en la sede del CDG. Belén Quintáns ha agradecido a Manuel Guede el trabajo llevado a cabo por el director del CDG con el objetivo de "rentabilizar el presupuesto" que, en opinión de la viuda de Vidal Bolaño, "no va a ser el que Roberto se merecería".

El conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, ha destacado la "enorme trascendencia" del literato compostelano y ha agradecido "los gestos de gente como Vidal Bolaño" para la creación del Centro Dramático Galego. El director del CDG, Manuel Guede, ha hecho mención a que el objetivo de esta programación es "hacer visible la figura" del autor teatral nacido en el año 1950, trasladándola al "ámbito de la educación y la universidad".

El Salón Teatro, sede del CDG, ha acogido esta presentación con la presencia de la viuda del creador compostelano, Belén Quintáns; el conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez; el director de la Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos F. Fasero; y el director del CDG, Manuel Guede, quien ha destacado la intención de "hacer visible la figura de Vidal Bolaño" a través de "medidas imaginativas" que, según Guede, "no se limitan a quedar bien, a cumplir".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou a programación dedicada á figura e obra de Roberto Vidal Bolaño que o seu departamento ten previsto desenvolver en 2013 a través do Centro Dramático Galego (CDG). A compañía pública producirá a posta en escena de dúas das pezas asinadas polo dramaturgo compostelán (1950-2002), Días sen gloria e Touporroutou da lúa e do sol, ao tempo que promoverá unha serie de actividades divulgativas arredor do autor ao que o ano que vén se lle dedicará o Día das Letras Galegas e figura clave na historia do teatro profesional galego.

Vázquez Abad adiantou as principais accións deste programa especial como avance da nova temporada escénica 2012-2013 do CDG, que dará comezo o 5 de outubro coa estrea de O profesional, de Dusan Kovacevic. Xunto co titular de Cultura e Educación, participaron neste acto Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; Juan Carlos F. Fasero, director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais); Manuel Guede Oliva, director do Centro Dramático Galego; e Belén Quintáns, viúva de Roberto Vidal Bolaño.

Na súa intervención, o conselleiro subliñou que o CDG –para o que propio autor desenvolveu traballos como dramaturgo, director, adaptador, deseñador de iluminación, escenógrafo ou actor nunha decena de espectáculos– buscará converterse no principal “catalizador das accións escénicas que acompañen a promoción da admirable figura e da magnífica obra de Roberto Vidal Bolaño”, en consonancia coa transcendencia que para as artes escénicas galegas ten o feito de que, por primeira vez na súa historia, a Real Academia Galega decidira homenaxear no Día das Letras Galegas a un autor dramático.

En palabras de Xesús Vázquez Abad, esta celebración “canoniza un autor que, ademais, decidiu consagrar a súa vida profesional á práctica escénica en Galicia e en galego”. “E iso –engadiu– transcende a exclusiva dimensión literaria para abrir un horizonte que percorre o mundo da cultura galega na súa dimensión escénica e audiovisual”.

Esta programación bolañana terá unha especial incidencia no traballo de produción propia do Centro Dramático Galego, que ten previsto estrear a primeiros de abril unha montaxe para público adulto a partir do texto Días sen gloria, coa que realizará unha xira por Galicia e Portugal ata finais de xuño. Xa no segundo semestre de 2013, levará ás táboas a obra de teatro infantil Touporroutou da lúa e do sol, a través da que tamén se implicará aos máis pequenos na lembranza e recoñecemento a Vidal Bolaño.

Ademais da posta en escena destas dúas producións, que elevarán a sete o número de obras de Vidal Bolaño no repertorio do CDG (xunto con Agasallo de sombras en 1984, A burla do galo en 2000, Mar revolto en 2001, Laudamuco, señor de ningures ¬¬–inserida en Daquel abrente, espectáculo conmemorativo do 25 aniversario do teatro profesional galego– en 2003 e As actas escuras en 2010), a unidade teatral da Consellería de Cultura e Educación desenvolverá as xornadas Roberto Vidal Bolaño: unha memoria audiovisual. Seguindo o modelo tradicional dos cineclubes, o Salón Teatro acollerá durante 2013 a proxección das gravacións de diferentes producións teatrais asinadas polo autor homenaxeado, trala que se abrirá un coloquio conducido por un especialista na súa obra.

Entre as accións promocionais e divulgativas previstas, destaca igualmente o ciclo de lecturas dramatizadas que o CDG organizará en colaboración coas aulas de teatro universitario da Coruña, Santiago e Ourense. Este programa desenvolverase a partir do mes de marzo e principalmente no ámbito das mostras de teatro universitario, que en Galicia destacan pola súa gran capacidade de mobilización de espectadores, principalmente estudantes universitarios, aos que se achegará deste xeito o legado do dramaturgo compostelán.

Tamén en 2013 instituirase o Premio Roberto Vidal Bolaño ao Espectador, vinculado ao Salón Teatro e de carácter anual, que terá como obxectivo estimular a participación activa do público que sigue a programación do espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego.

Un xurado integrado polos propios traballadores da compañía pública valorará o interese, a brillantez e o tino de todas as suxestións, opinións ou comentarios que os espectadores fagan chegar a través das fichas que poderán cubrir e depositar na urna que se situará á saída de cada unha das representacións neste escenario. O espectador galardoado recibirá un abono anual para asistir de balde a todas as funcións do Salón Teatro, así como as obras completas de Roberto Vidal Bolaño.

R., 2012-07-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES