
Así lo ha señalado el presidente gallego Núñez Feijóo durante su intervención en el Real Patronato sobre Discapacidad, que ha estado presidido por la Reina de España en el Palacio de la Zarzuela. "No solo mantenemos los servicios sociales, sino que estamos incrementando y mejorando los servicios", ha destacado Núñez Feijóo, al tiempo que ha señalado que "el colectivo de personas con discapacidad tiene una especial importancia en las políticas sociales de la Xunta, como demuestran los más de 81 millones de euros que se destinarán en 2012 al área de discapacidad".
En su intervención, el mandatario gallego ha recordado que la comunidad fue "pionera" en establecer medidas de austeridad y de eficiencia, lo que la convierte en la región española "más saneada". Estas políticas, ha apostillado, permiten a la Xunta "blindar" las políticas sociales, a las que "se destinan tres de cada cuatro euros del presupuesto". Feijóo ha destacado el "diálogo permanente de la Xunta con el colectivo de discapacitados de Galicia, puesto de manifiesto en la elaboración del Plan de Acción Integral para personas con Discapacidad de Galicia 2010-2013. "Este es el primer plan integral de un Gobierno gallego en materia de discapacidad y contempla un total de 305 medidas en diversos ámbitos".
El presidente de la Xunta ha anunciado que antes de terminar el año se remitirá al Parlamento el borrador de la nueva Ley de Accesibilidad, que tiene como objetivo conseguir una "accesibilidad universal" en Galicia, con perspectiva "plenamente integradora".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou ao Real Padroado sobre discapacidade que Galicia, a pesares da actual situación económica, está desenvolvendo políticas que incrementan e melloran os servizos sociais e, en concreto, o apoio ás persoas con discapacidade. Así o expresou esta mañá en Madrid, onde interveu na vixésimo primeira reunión do Consello do Real Padroado sobre Discapacidade presidido pola Raíña de España no Palacio da Zarzuela. Non só mantemos os servizos sociais, senón que estamos incrementando e mellorando o servizos, subliñou o mandatario galego, que engadiu que o colectivo das persoas con discapacidade ten una especial importancia nas nosas políticas sociais, como demostran os máis de 81 millóns de euros que imos destinar en 2012 á área de discapacidade.
Na súa intervención, Alberto Núñez Feijóo lembrou que Galicia foi pioneira en establecer medidas de austeridade e eficiencia, o que a converte na comunidade autónoma más saneada de todo o territorio nacional. Precisamente estas políticas de aforro permiten ao Goberno da Xunta blindar as políticas sociais (sanidade, educación e servizos sociais) ás que se destinan tres de cada catro euros do orzamento, o que representa o 76% do orzamento. Galicia dispón actualmente de preto de 5.000 prazas para persoas con discapacidade, 600 delas de nova creación, o que supón un incremento do 12,6% máis das que había ao inicio da lexislatura, asegurou o presidente.
Feijóo salientou o diálogo permanente da Xunta co colectivo de discapacitados de Galicia, posto de manifesto na elaboración do Plan de Acción Integral para persoas con discapacidade de Galicia 2010-2013. Este é o primeiro Plan Integral dun Goberno galego en materia de discapacidade e contempla un total de 305 medidas nos máis diversos ámbitos, dixo o presidente, quen salientou que en 2011 xa se levaron a cabo 218 medidas, o que supón un grao de desenvolvemento do mesmo do 71,4%.
Así mesmo o presidente da Xunta anunciou que antes de rematar o ano remitirase ao Parlamento o borrador da nova Lei de accesibilidade e supresión de barreiras de Galicia, para a elaboración da cal tamén se tiveron en conta as aportacións realizadas polos colectivos implicados. O obxectivo é unha accesibilidade universal, con perspectiva plenamente integradora, eliminando barreiras e adaptando o contorno á diversidade, explicou Feijóo.
Respecto á inserción laboral, o presidente destacou o esforzo especial que se está a facer desde o Goberno galego cun investimento de 11,2 millóns de euros en 2011 para o mantemento de 1.870 postos de traballo en 112 centros especiais de emprego. Ademais este ano a Xunta blindou a liña de financiamento de orientadores, axentes de emprego e plans de cooperación para entidades sociais vinculadas ao colectivo de persoas con discapacidade, xa que se trata dun colectivo prioritario en todas as políticas activas de emprego, redundou Feijóo.
A Cidade da Cultura reuniu preto de 15.000 persoas nos doce concertos ao aire libre de Atardecer no Gaiás, que se celebraron entre os meses de xullo e agosto. Cun cartel de 14 artistas, erixiuse como a segunda edición máis multitudinaria deste ciclo de música gratuíto, que se celebra desde hai 16 anos na Cidade da Cultura e procura ser escaparate das tendencias actuais. A actuación de 9Louro foi a que tivo maior afluencia, cunhas 5.000 persoas que encheron a Praza central do Gaiás para escoitar este referente da música urbana.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este venres os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que amosan un crecemento dos ingresos do sector nos primeiros sete meses do ano. Entre xaneiro e xullo, os establecementos hoteleiros galegos obtiveron uns ingresos totais nominais de 242,3 millóns de euros, o que representa un 5,8% máis que no mesmo período de 2025. O mes de xullo marcou tamén un novo máximo histórico. Os hoteis e pensións de Galicia alcanzaron uns ingresos de 68,3 millóns de euros, un 6,9% máis que en xullo do ano pasado. Trátase da primeira vez que a facturación do sector supera os 65 millóns de euros nun mes de xullo desde que existen rexistros.