Noticias

El BNG apuesta por una "gran receptividad" para crear una banca pública en Galicia

El candidato del BNG a la Presidencia de la Xunta y diputado en el Congreso, Francisco Jorquera, ha asegurado que observa una "gran receptividad" de distintos sectores sociales, como economistas, para crear una banca pública en Galicia. Jorquera dice que Galicia ya tiene "un corralito" con las preferentes.

El candidato del BNG a la Presidencia de la Xunta y diputado en el Congreso, Francisco Jorquera, observa una "gran receptividad" de distintos sectores sociales, como economistas, para crear una banca pública en Galicia a partir de la propuesta que esta formación ya ha presentado en días pasados. Asimismo, ha defendido la necesidad de desconcentrar el capital en pocas entidades, porque es un "riesgo" que el sistema financiero se convierta en un "auténtico oligopolio".

En rueda de prensa en un receso del encuentro que representantes del BNG han mantenido con distintos expertos en economía, Francisco Jorquera ha explicado que la propuesta del BNG consiste en crear una banca pública, bien sea a través de la transformación del capital FROB que tiene Novagalicia Banco en control público gallego, bien sea a través de la creación de un instituto de crédito propio o una caja. El dirigente nacionalista ha incidido en que la propuesta del BNG es "abierta" y que, por ello, los nacionalistas seguirán "recabando" las opiniones de los distintos colectivos. Además, ha censurado que el presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo, haya criticado la iniciativa del Bloque y ha afirmado que banca pública existe en países como Alemania.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Francisco Jorquera, advertiu de que o “corralito” que anuncian para o Estado español destacados premios Nobel de economía, como Paul Krugman ou Joseh Stiglitz “xa o temos en Galiza, o das participacións preferentes, do que o señor Feijoo é tamén responsábel”.

Seguindo o mandato da Convención Nacional de trasladarlle á sociedade as iniciativas do BNG, Jorquera presentoulle esta mañá a un grupo de economistas a proposta do BNG de crear unha banca pública galega, unha iniciativa aberta a suxestións “da que detectamos unha grande receptividade”.

O candidato nacionalista á presidencia da Xunta lembrou que “un dos principais problemas que ten neste momento a economía é a falta de crédito ás empresas e ás familias”. Unha crise financeira da que as causas para Jorquera están claras: “A falta de regulación dos mercados e a excesiva concentración financeira”.

Neste sentido, advertiu de que “as novas esixencias de capital dictadas polo Goberno aínda van pechar máis o crédito e a creación de oligopolios financeiros polos que aposta Rajoy vai afondar máis os problemas”.

Por iso, unha das solucións a esta crise financeira ven para o BNG pola creación dunha Banca Pública Galega, que garantiría que o aforro galego se quedase en Galiza e contribuíse á recuperación económica, abrindo o crédito ás empresas e ás familias. A este respeito criticou que “Feijoo intente descualificar a nosa proposta tachándoa de antigualla”.

“Para el o moderno é recortar 10.000 millóns de euros en sanidade e ensino públicos e entregarlle 15.000 millóns á banca para socializar as súas perdas, e así poida seguir lucrándose e facendo negocio”, retrucou Jorquera.

Pola contra, o candidato do BNG á presidencia da Xunta subliñou que “a nosa proposta está de plena actualidade, é posíbel e ademais temos exemplos, dende Alemaña, onde a banca pública é moi importante, até os países emerxentes, que están a medrar grazas á súa potente banca pública”.

E para iso propuxo varias vías complementarias para artellar un sistema financeiro público, dende reformar a lexislación estatal para converter Novagalicia Banco nun Banco Público Galego; crear un Instituto de Crédito Galego; crear unha Caixa de Aforros Galega ou reforzar as cooperativas de crédito existentes.

Ademais, Jorquera non dubidou en afirmar que as medidas contra a crise que se están tomando tanto na UE, como no Estado español e en Galiza “están botando abaixo o falso mito de que a dereita goberna mellor”.

“Acaso gobernou mellor Rodrigo Rato a Bankia? Acaso Rajoy achega solucións? Acaso Feijoo goberna mellor en Galiza, onde o paro medra moi por riba da media estatal e o tecido económico de destrúe a un ritmo moito máis rápido? Preguntouse.

“O corralito que se anuncia para España xa o temos en Galiza: as participacións preferentes”. O candidato do BNG á presidencia da Xunta rematou advertindo que que “destacados premios Nobel de Economía xa están a advertir dun corralito para España, e ese corralito xa o temos en Galiza: a fraude das participacións preferentes”.

Unha situación da que responsabilizou ao Goberno de Aznar, por permitir que se crease este produto financeiro, e a Feijoo “porque el apoiou a conversión das caixas galegas nun banco e chegar a esta situación”.

Por iso, Jorquera subliñou que “da profunda crise actual só podemos saír cun cambio radical das políticas económicas, e a creación dunha banca pública galega que defende o BNG é unha das medidas imprescindíbeis que se deben tomar”.

Fotografía: BNG

R., 2012-05-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES