
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva o venres 13 de abril un concerto de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro a Celanova, vila natal do escritor, no marco do programa de actividades que o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad está a promover para celebrar o centenario do nacemento do poeta. Actuacións musicais en directo, recitais e proxeccións audiovisuais difundirán os versos do poeta de Celanova, nunha gala que será presentada pola actriz María Mera e que terá lugar no Auditorio Municipal de Ilduara de Celanova (AMIC) a partir das 20:00 horas.
O concerto, que está aberto á participación de toda a cidadanía con carácter gratuíto, foi presentado esta mañá polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos F. Fasero; o alcalde de Celanova, Antonio Mouriño; e dous dos artistas que actuarán na homenaxe, a cantante María do Ceo e o cantautor Luís Emilio Batallán, nunha rolda de prensa que tivo lugar na Cidade da Cultura.
Segundo afirmou Anxo Lorenzo, o concerto inclúe espectáculos musicais, recitais en directo e diversas proxeccións audiovisuais que permitirán afondar na achega que Celso Emilio Ferreiro lle ofreceu a Galicia tanto no plano creativo como para a construción social colectiva. O director da Agadic detallou o contido da homenaxe, que contará coas actuacións musicais de María do Ceo, de Luís Emilio Batallán e de Davide Salvado, así como con recitais poéticos a cargo do escritor Luís González Tosar e mais de escolares de Celanova.
Durante todo o acto tamén se proxectarán diversos vídeo-poemas que terán como protagonista a obra de Celso Emilio Ferreiro a través da voz de diferentes persoeiros, entre eles María do Carme Krückemberg, Isaac Díaz Pardo, Miro Casabella, Míchel Salgado, Manuel Manquiña, Ibrahim Lang e mais a muller e a filla do poeta homenaxeado, Moraima e Isabel Ferreiro, respectivamente.
A Consellería de Cultura e Educación e o Concello de Celanova promoven este concerto homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, que tamén conta coa colaboración da Fundación Celso Emilio Ferreiro e da Deputación Provincial de Ourense.
Segundo confirmou o secretario xeral de Cultura, o concerto deste venres en Celanova non vai ser único, xa que o mes de xuño a consellería tamén celebrará en Vigo outro centro de referencia na vida de Celso Emilio Ferreiro un espectáculo musical de homenaxe ao poeta.
Finalmente, Anxo Lorenzo recordou que este 2012, Ano Celso Emilio Ferreiro, ten que ser un revulsivo para a popularización da obra do poeta e para favorecer un afondamento na reflexión sobre a súa traxectoria vital e profesional. Nesa dirección engadiu desde a Consellería de Cultura e Educación faremos todos os esforzos para darmos cumprimento a estes obxectivos.
As persoas interesadas en asistir ao concerto poden facelo con confirmación previa no enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 981 544 814.
Fotografía: Xunta de Galicia
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.