Noticias

Crisis económica: sólo los máximos directivos de la CRTVG y de Sogama podrán cobrar más que el presidente de la Xunta

Sólo los dos máximos directivos de la Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) y de la Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) podrán cobrar más que el presidente de la Xunta, frente a los 14 directivos de entes públicos empresariales que, hasta ahora, percibían retribuciones superiores a las del máximo mandatario autonómico, Alberto Núñez Feijóo.

Según ha explicado el presidente de la Xunta al término del Consello que analizó un informe sobre el contenido del decreto que rebajará salario y dietas a los titulares de los entes de la administración paralela, los dos máximos directivos de la CRTVG y de Sogama tendrán una retribución fija "igual" a la del jefe del Ejecutivo gallego, al margen de otras compensaciones variables -como dietas-, que podrán elevar sus ingresos.

En cuanto al resto de directivos del sector público empresarial de la Comunidad, Núñez Feijóo ha explicado que "cobrarán menos que el presidente, incluidas las retribuciones fijas y variables". Asimismo, ha remarcado que, en su conjunto, el valor máximo de la reducción de los salarios a directivos estará en el 21,76% y el valor medio se situará en el entorno del 9%. En los casos de aquellos directivos en los que la reducción supere el 10 por ciento, Núñez Feijóo ha explicado que se acometerá una rebaja equivalente a este porcentaje en 2012 y el aumento superior al 10 por ciento se trasladará a 2013, con el fin de reducir el "impacto" que tendría hacerlo en un único ejercicio.

Satisfecho por "cumplir" con un compromiso que puso sobre la mesa en el Debate sobre el Estado de la Autonomía, Núñez Feijóo ha destacado que Galicia contará por fin con una norma "homogénea", basada en criterios "objetivos" que "blindará la transparencia y la objetividad" en las retribuciones a los directivos del sector público empresarial. Así, se establecerá para el personal directivo de cada entidad hasta cinco niveles, según la responsabilidad y cualificación técnica de acceso. Con esta clasificación, se equipararán las retribuciones de los máximos directivos de las entidades de nivel 1 --Sogama y la CRTVG-- a las que percibe el presidente, las de segundo nivel a las de un conselleiro y las de nivel tres, a las de un director general.

El decreto, con el que se prevé ahorrar alrededor de un millón de euros al año, establece que los miembros de los consejos de administración percibirán como máximo el sueldo de un director general. Al respecto, el presidente ha explicado que sólo los 12 miembros del consejo de administración de la CRTVG se situaban "por encima de este límite" y ha indicado que sus retribuciones bajarán un 40 por ciento. Esta revisión se enmarca en la Ley de medidas temporales de empleo pública y el decreto en el que se desarrolla necesita el informe del Consello Consultivo, al que será remitido con la petición de que se evalúe con urgencia. Una vez que éste órgano dictamine, el presidente ha subrayado que el objetivo de la Xunta es aprobarlo de inmediato, de forma que en mayo podría estar en vigor.

También ha destacado que ésta es la segunda medida que afecta a la retribución del personal de máxima responsabilidad dependiente de la Xunta, después de que se acordase también la suspensión del denominado plus de altos cargos. En el polo opuesto, Feijóo incidió en que se mantuvieron los salarios de los funcionarios y ha añadido que espera mantenerlos "blindados" lo que resta de legislatura. "Les pedimos un esfuerzo, pero mantuvimos intacto su salario", ha remarcado, antes de agregar que el decreto sobre rebaja de retribuciones del que informó este jueves la conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, responde a la motivación "coyuntural" de enfrentar la crisis económica, pero también a una segunda motivación "estructural", puesto que, hasta el momento, no existía "una regulación objetiva".

Feijóo ha advertido de que los directivos "tienen que dar ejemplo en la disminución de capacidad adquisitiva de empleados públicos" y ha destacado el avance que supone fijar "un tope" en las retribuciones para los directivos de los entes públicos empresariales basado en criterios "homogéneos y objetivos".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, tralo Consello, que, por primeira vez, Galicia contará cunha norma “transparente, única e con vocación de permanencia”, onde se concrete as retribucións do persoal directivo titular dos entes públicos así como dos membros dos consellos das administracións de calquera empresa pública ou ente público da comunidade. “Cumprimos outro dos compromisos do Debate do Estado da Autonomía e propoñemos unha norma que será común para toda a administración autonómica e que blindará a transparencia e a obxectividade neste ámbito. Por primeira vez –incidiu- unha norma publicada no DOG, con criterios homoxéneos e obxectivos para fixar as retribucións dos directivos e dos membros de consellos de administración de entes públicos”.

Feijóo salientou, en primeiro lugar, que o texto establece un mecanismo que fixa un tope ás retribucións e que permite homologar os salarios dos directivos dos entes públicos aos da Administración xeral. “No caso dos membros dos consellos de administración determínase que percibirán un salario máximo por todos os conceptos, equiparable a un director xeral. Isto supón, aproximadamente, unha diminución do 40% das actuais retribucións do Consello da CRTVG. A maiores, no resto das empresas -que están moi por debaixo destas retribucións-, tamén se diminúe as dietas por asistencia aos consellos de administración nun 15%”, explicou.

No caso dos directivos de entes públicos, precisou que as entidades se clasifican en 4 grupos, atendendo a criterios obxectivos como o volume de negocio, o número de traballadores e o volume de investimentos. E establecerase para o persoal directivo das entidades ata 5 niveis, tamén con criterios obxectivos como a responsabilidade e a cualificación técnica de cada posto de traballo.

Con este criterio, estableceranse as retribucións fixas máximas para cada nivel de responsabilidade de cada un dos catro grupos, que serán homologables ás seguintes retribucións: dos subdirectores xerais (nivel 4), directores xerais (nivel 3), conselleiros (nivel 2), presidente (nivel 1).

Ademais de fixar as retribucións con criterios obxectivos, Feijóo afirmou que a norma dota de transparencia tanto a clasificación das entidades como os salarios dos seus directivos que poderán ser consultados na páxina web da Consellería de Facenda.

O responsable autonómico subliñou que con esta norma, agora, no grupo 1 haberá dúas persoas que cobren igual que o presidente da Xunta nas súas retribucións fixas que é o directivo número 1 da CRTVG e o directivo número 1 da empresa Sogama. Así mesmo, lembrou que o axuste en retribucións feito no que vai de lexislatura aos directivos do sector público empresarial galego se move entre unha baixada do 15% ata un 24%; “polo tanto, baixada en dúas fases: no ano 2010 -como consecuencia da diminución das retribucións por lei estatal- e, agora, no ano 2012”.

O titular da Xunta aseverou que, en definitiva, o Goberno galego saca adiante un decreto “convencidos, conscientes e comprometidos”: “Convencidos –dixo- de que é necesario unha norma obxectiva, transparente e homoxénea. Conscientes de que os altos cargos teñen que facer un esforzo; un segundo esforzo na baixada das súas retribucións. E comprometidos coa filosofía de que temos que axustar ao máximo posible no funcionamento diario da administración os custes do persoal directivo”.

Feijóo concluíu reiterando que, con este texto, “damos cumprimento a un compromiso que asuminos no Debate do Estado da Autonomía e a un compromiso que asumimos na Lei de medidas temporais en materia de emprego público”.

O Goberno galego rebaixará o salario e as dietas dos directivos das empresas públicas do sector autonómico e aforrará un millón de euros ao ano. Así se recolle nun informe presentado hoxe ao Consello da Xunta por parte da conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, e que agora será enviado ao Consello Consultivo para que este organismo consultivo emita o seu. O obxectivo é fixar as novas retribucións en función da responsabilidade e complexidade do posto que se desempeñe.

Desta forma, a Xunta de Galicia establecerá para o persoal directivo de cada entidade ata cinco niveis segundo a responsabilidade e cualificación técnica de acceso. Galicia contará cunha norma, con criterios homoxéneos e obxectivo, para fixar as retribucións dos directivos e dos membros de consellos de administración de entes públicos.

Con esta clasificación equipararanse as retribucións dos máximos directivos das entidades de nivel 1 (Sogama e a CRTVG) ás que percibe o presidente do Executivo autonómico, os de segundo nivel ás dun conselleiro e as de nivel 3 ás dun director xeral.

Estas revisións enmárcanse na Lei de medidas temporais de determinadas materias do emprego público, aprobada recentemente e que habilitou o Consello da Xunta a tomar estas decisións para adecuar a criterios obxectivos as retribucións do persoal directivo. Unha vez que ditamine o seu informe o Consello Consultivo, o Executivo autonómico aprobará o decreto que regulará estas novas condicións retributivas.

Esta é a segunda medida que afecta a retribución do persoal de máxima responsabilidade dependente da Xunta de Galicia, logo de que se acordase tamén a suspensión do denominado plus de altos cargos, ao tempo que se mantiveron os salarios dos empregados públicos galegos.

R., 2012-03-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES