Noticias

El presidente del Gobierno se compromete personalmente con el AVE gallego durante su entrevista con el presidente de la Xunta

El presidente del Gobierno, Mariano Rajoy, ha asegurado al jefe del Ejecutivo gallego, Alberto Núñez Feijóo, que se comprometerá personalmente con el AVE a Galicia, por lo que le ha garantizado que ya está trabajando con el Ministerio de Fomento para facilitar próximamente a la comunidad autónoma una "fecha cierta" para la llegada de la alta velocidad. No obstante, ha indicado que la última fecha apuntada por el anterior Ejecutivo socialista, 2018, es "técnicamente razonable".

Así lo ha explicado este jueves el propio Feijóo en la rueda de prensa posterior a su reunión con Rajoy en La Moncloa, donde ha insistido en que será el mismo presidente del Gobierno el que "concrete las fechas y los plazos de la llegada del AVE a Galicia". No obstante, ha indicado que la última fecha apuntada por el anterior Ejecutivo socialista, 2018, es "técnicamente razonable", aunque "muy ambiciosa" en términos financieros, si bien el dirigente gallego no ha querido aventurar plazos más concretos porque será Rajoy el que lo anuncie, tal y como se ha comprometido en el encuentro que ambos han mantenido este mediodía.

"Lo que me ha dicho es que quiere dar una fecha cierta. Por eso está hablando con el Ministerio de Fomento sobre los escenarios financieros de los próximos años y así poder dar una fecha cierta. Y la va a dar él. A él le corresponde la última palabra", ha explicado. Tras ser preguntado varias veces por los periodistas acerca de una posible fecha de llegada del AVE, Feijóo ha insistido en que será Rajoy el que la confirme, por lo que se ha negado a plantear posibilidades al respecto. A pesar de todo, ha asegurado que se va de Moncloa "muy contento y muy tranquilo" con todo lo referente a la construcción del tren de alta velocidad.

A la pregunta de si después de hablar con Rajoy sigue defendiendo la propuesta de que un posible copago farmacéutico se cobre en función de la renta de los ciudadanos, Feijóo se ha limitado a señalar que no, pero que decisiones así deberían tomarse con el consenso de todas las comunidades autónomas y el Ministerio de Sanidad. "No ha cambiado mi opinión. Mi opinión es conocida en el sentido de que hay bolsas de ineficiencia, que lo prioritario es una política farmacéutica razonable para no cobrar la asistencia sanitaria, para no cobrar a nadie por ir al médico. Si en España somos capaces de preservar la asistencia sanitaria sin copagos, será un excelente trabajo y esa es mi propuesta", ha afirmado.

Sin embargo, ha resaltado que "en el ámbito de la prestación farmacéutica" se debería producir un "debate" en el marco del Consejo Interterritorial de Salud, ya que, "como se sabe, el Ministerio de Sanidad está consultando con consejeros de comunidades autónomas para ver cuáles son las propuestas". "La propuesta de Galicia es conocida: que no se llegue a pagar por la asistencia sanitaria en España", ha añadido.

El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ha asegurado que no va a "criminalizar" al Gobierno catalán por instaurar un sistema de copago farmacéutico por el que se comenzará a abonar un euro por cada receta médica. Es más, ha afirmado que es un "debate" que se debería abrir en el marco de las reuniones sectoriales del Ministerio de Sanidad con las comunidades autónomas. "Si un presidente autonómico decide instaurar una tasa farmacéutica, yo no le voy a criminalizar. Cada comunidad autónoma tiene problemas y a partir de ahí cada uno tiene que hacer sus propuestas", ha explicado Feijóo en rueda de prensa en Moncloa tras reunirse con el presidente del Gobierno, Mariano Rajoy, con quien ha dicho que no ha abordado específicamente este asunto.

El dirigente gallego ha querido dejar claro que lo que no le parece "razonable" es el establecimiento de un copago similar en todo lo que tenga que ver con la asistencia sanitaria, ya sea para consultas ordinarias, urgencias o intervenciones quirúrgicas. Según ha remarcado, las comunidades autónomas tienen el "compromiso de prestar los servicios públicos sanitarios" y que, para la Xunta, lo prioritario es "buscar dónde están las ineficiencias del sistema o reducir costes innecesarios" con el objetivo de "preservar la gratuidad de la asistencia sanitaria", objetivo que, ha dicho, comparte "la inmensa mayoría de los presidentes autonómicos". "A partir de ahí, cada uno tiene que hacer sus deberes y buscar los márgenes de eficiencia, adoptar medidas, y si un presidente de una comunidad decide poner una tasa no le voy a criminalizar por responsabilidad y porque además creo en el sistema nacional de salud, sé sus dificultades, que tenemos que pagar 15.000 millones de euros y eso no se paga simplemente por hacer una buena frase, sino si se gestiona con eficiencia".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Goberno de España asumiu “persoalmente” o compromiso dunha data de chegada do AVE a Galicia así como o compromiso de dotar de carga de traballo aos estaleiros da Ría de Ferrol-Navantia. Así o puxo de manifesto hoxe, nunha rolda de prensa, o titular da Xunta logo de manter a primeira reunión oficial con Mariano Rajoy, para tratar os asuntos de maior interese e de maior urxencia para Galicia, entre os que destacan o retraso das infraestruturas competencia do Goberno central, a situación que atravesa o sector naval, a situación económica de España e das comunidades autónomas, o proceso de recapitalización de Novagalicia Banco e o futuro do Parador de Muxía.

Nun primeiro termo e no tocante ás infraestruturas, o responsable do Executivo galego agradeceu a Mariano Rajoy que asuma o compromiso do Goberno central en relación co AVE a Galicia e “de que sexa el quen concrete os prazos”. “Foi o presidente o que se comprometeu a concretar el mesmo a data de chegada do AVE a Galicia”, resaltou.

O titular da Xunta recordou que a postura da comunidade, neste eido, é ben coñecida: “Entendemos –dixo- que tecnicamente non é posible que o AVE chegue a Galicia antes do 2018. Non imos enganar a ninguén, non o fixemos cando estabamos na oposición, non o fixemos desde o Goberno da Xunta e reitereille que, na nosa opinión, esa data é razoable, tecnicamente posible, aínda que financeiramente moi ambiciosa”.

En materia de estradas, Feijóo fixo fincapé na necesidade de finalizar a autovía do Cantábrico, a Autovía entre Pontevedra e Vigo, as Autovías de Santiago e Lugo e de Lugo a Ourense.

En relación á situación que atravesa o sector do naval, o mandatario galego subliñou que “o Goberno de España e o propio presidente están a traballar para conseguir un sistema de tax-lease homologado ao resto dos países da Unión, e para que os estaleiros españois e galegos poidan volver a contratar barcos como viñan facendo fai un ano, antes de xurdir este conflito coas autoridades europeas”. “Así mesmo o presidente, -engadiu- me transmitiu que o Goberno e el mesmo están traballando para obter carga de traballo nos estaleiros da ría de Ferrol-Navantia. Polo tanto, me consta que coñece o tema de primeira man e me consta a súa vontade firme de intentar aprobar estas dúas materias que se deixaron pendentes na lexislatura anterior”.

Sobre o Parador de Muxía, Feijóo resaltou o anuncio do presidente do Goberno de España de facer “si ou si” a obra. “Hoxe transmitiume a súa decisión de que ese parador se faga nesta lexislatura. Coincidimos en que é un compromiso fundamental adquirido nun momento fundamental porque supón un revulsivo a unha zona afastada como é a Costa da Morte, que é o córner de Europa; e é un compromiso que asumimos todos cando aprobamos o Plan Galicia”.

En relación a NovaGalicia Banco, Feijóo valorou positivamente o feito de que o presidente do Goberno central considere “interesante” a posibilidade de que os directivos de NCG Banco consigan capital e fondos de inversión. “Sería unha boa noticia para o sistema financeiro e, polo tanto, o Ministerio de Economía estará tutelando esta posibilidade de capitalización deste banco e unha posterior decisión en condicións de igualdade e de competitividade co resto da reestruturación financeira que se está producindo neste momento en España”, explicou.

O responsable autonómico trasladou tamén a Mariano Rajoy a necesidade de abordar en España o debate da fusión municipal para garantir, en época de crise económica, a prestación dos servizos públicos municipais facendo concellos máis grandes, máis fortes, máis sólidos, que realmente cumpran cos seus obxectivos, que non son outros que mellorar as prestacións dos veciños. Neste senso, Feijóo salientou os parabéns do presidente do Goberno, quen felicitou aos alcaldes de Cesuras e Oza dos Ríos pola decisión tomada. “Rajoy nos felicitou por esta iniciativa e dixo que tomaba boa nota para valorar esta iniciativa no ámbito das competencias que ten a Administración do Estado”.

Feijóo reiterou, pola súa banda, o apoio da Xunta a todos aqueles concellos que queiran fusionarse, “e a todos aqueles que queiran cooperar para a prestación dos servizos públicos -unha fusión práctica sen unha fusión legal-, tamén os incentivarei fronte a outros que queiran seguir en solitario nesta loita contra a crise”.

O titular da Xunta destacou, tamén, o agradecemento e felicitación do presidente do Goberno de España a Galicia polo esforzo ininterrompido nestes tres últimos anos, “onde cumprimos –precisou- os principios de equilibrio presupostario, onde mantivemos blindada a solvencia da comunidade, o pago a provedores, o déficit público, mantivemos blindado os servizos públicos esenciais e resgardamos da crise á comunidade”.

Logo de agradecer esta felicitación e destacar o “esforzo titánico” feito pola sociedade galega para que isto fose posible; Feijóo garantiu que Galicia seguirá polo mesmo camiño: “O ano 2012 –dixo- será o cuarto ano consecutivo no que cumpriremos os nosos compromisos co equilibrio presupostario, co déficit público e coa solvencia das contas autonómicas”.

Feijóo lembrou que o feito de que Galicia sexa unha das comunidades máis solventes de España débese a unha política de anticipación na austeridade –“temos o goberno máis pequeno na historia de Galicia, temos a metade dos altos cargos que na lexislatura anterior e necesitamos un 90% menos de coches oficiais que o Goberno anterior”-; e, nesta liña, referiuse ás últimas medidas anunciadas polo Goberno galego no Debate do Estado da Autonomía, entre as que destacou: a eliminación do Consello Económico e social e a súa fusión co Consello de Relacións Laborais, a eliminación do Tribunal de Defensa da Competencia e a súa fusión co Instituto Galego de Consumo e a eliminación de todos os vicevaledores do Valedor do Pobo.

“Seguiremos o camiño da austeridade e seguiremos adoptando decisións económicas para preservar o Estado do Benestar. Tamén no Debate do Estado da Autonomía comprometemos 80 millóns de euros máis de eficiencia no sistema sanitario público, cun compromiso de baixada do gasto farmacéutico nun 7% e cunha central de compras que empeza a funcionar para o sistema galego de saúde, que supón un aforro tan só nun único ano de 80 millóns de euros”.

Fotografía: Xunta de Galicia

R., 2012-03-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (carlos-nunez-2025.jpg) Os Concertos do Xacobeo achegan a arte de Carlos Núñez, considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo, ás Ermidas coa súa nova e singular xira 'Lugares Máxicos 2025'. O artista actuará no marco incomparable do Adro do Santuario da localidade ourensá o xoves, 17 de xullo, contra ás 20,00 horas. Os Concertos do Xacobeo danlle tamén cobertura a outras oito citas do músico este verán noutros escenarios únicos como Baiona, Ribadeo, Vilanova de Arousa, Salvaterra de Miño, Boqueixón, Marín, Sober e Sobrado.
Foto de la tercera plana (enfermidades-raras.jpg) O Consello aprobou hoxe a Estratexia Galega de Enfermidades Raras 2025-2030 na que se van investir 400 millóns de euros e que vai reforzar os servizos de rehabilitación e ampliar o cribado neonatal. O obxectivo é desenvolver un conxunto de actuacións que teñen por obxectivo mellorar a calidade de vida destes pacientes que sofren este tipo de doenzas durante os próximos cinco anos. Unha das principais novidades será a avaliación de resultados en saúde para medir a calidade de vida, as funcionalidades recuperadas, a autonomía ou a redución da dor e dos síntomas, con cada un dos tratamentos.

Notas

No contexto do Ano Castelao 2025, o proxecto expositivo 'Traxes e cores de Galiza. A identidade nacional na plástica de Castelao' que dende este luns e ata o 30 de agosto se pode visitar no Colexio de Fonseca propón amosar a rica e importante presenza da indumentaria tradicional na obra pictórica e gráfica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Conectar os sectores agrícola e espacial, promovendo o uso de tecnoloxías do ámbito espacial en zonas rurais como ferramentas para a innovación e a resiliencia fronte ao cambio climático é o obxectivo do proxecto europeo AgroSpace, no que participan 12 entidades, entre elas a UVigo, coordinadas polo catedrático Jesús Simal Gándara.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES