
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O espectáculo A ópera dos tres reás do Centro Dramático Galego (CDG) acadou un total de oito candidaturas aos Premios de Teatro María Casares 2012 que convoca e outorga cada ano a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). A produción da compañía pública, que foi vista entre xuño e outubro de 2011 por 20.000 de espectadores, resultou finalista en sete das categorías a concurso destes galardóns: mellores actor e actriz secundarios, escenografía, adaptación ou tradución, iluminación, vestiario e maquillaxe.
Os apartados nos que resultou nomeada A ópera dos tres reás confirmáronse hoxe no decurso dun acto festivo celebrado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames), canda a comunicación do resto de profesionais, compañías e espectáculos galegos preseleccionados para optar a algunha das 13 categorías previstas ademais do Premio de Honor Marisa Soto¬ na que será a edición décimo sexta duns premios aos que concorren este ano 30 montaxes.
No caso do CDG, os traballos de Víctor Mosqueira, César Goldi e Marta Pazos, tres dos intérpretes do elenco da obra musical de Bertolt Brecht e Kurt Weill que dirixira Quico Cadaval e protagonizara Luis Tosar, conseguiron ser nomeados nas categorías de Mellor Actor Secundario e Mellor Actriz Secundaria, ao igual que o de Pepe Sendón como Mellor Adaptación-Tradución, o de Carlos Alonso como Mellor Vestiario e o de Trini Fernández Silva como Mellor Maquillaxe. Baltasar Patiño, autor da escenografía e a iluminación do espectáculo, tamén é finalista en cada unha desas categorías.
Os XVI Premios María Casares, que recoñecen o labor dos profesionais do teatro nos distintos ámbitos de creación e produción en espectáculos en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2011, decidiranse por votación directa dos membros da AAAG e desvelaranse na gala de entrega que terá lugar o próximo 3 abril no teatro Rosalía Castro da Coruña.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.