Noticias

Crisis económica: Feijóo dice que Galicia es la comunidad "más solvente" y promete "limpiar" todas las facturas en los próximos meses

El presidente de la Xunta ha erigido a Galicia en la comunidad "más solvente" de España y ha prometido que entre marzo y abril se "limpiarán" todas las facturas pendientes hasta volver a porcentajes de demora media en torno a los 45 días que fija el marco europeo. En los meses de enero y febrero, los pagos efectuados ascendieron a 1.500 millones de euros. Feijóo asegura que no pedirá a las empresas ninguna rebaja en las facturas.

Al término del Consello de la Xunta, Feijóo ha querido "poner en valor" que Galicia cerrase 2011 con un déficit del 1,61% y, tras elevar la Administración gallega a "un modelo a seguir", ha proclamado que Galicia es la comunidad "más solvente" del país, no sólo por la reducción del déficit, sino también por hacerlo "blindando" los servicios públicos, con una "elevada" ejecución del presupuesto y "pagando" a los proveedores.

Tras cifrar en 1.500 millones los pagos efectuados en los dos primeros meses del año -obligados y facturas pendientes-, ha incidido en que Galicia, además, no se plantea pedir "a nadie" una rebaja de la factura, "a diferencia" de lo que ocurre en otras comunidades, sino que está en condiciones de sufragar "el cien por cien". "Entre marzo y abril limpiaremos todas las facturas pendientes y volveremos a ser la comunidad con menos demora de España", ha garantizado el máximo mandatario gallego.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou, na rolda de prensa do Consello, que o informe sobre o peche do exercicio 2011 acredita que Galicia, xunto con Madrid, son as dúas comunidades con menor déficit de España por terceiro ano consecutivo. “Vamos a seguir sendo no ano 2012 unha comunidade autónoma máis solvente, unha comunidade máis saneada e unha comunidade que garanta os servizos públicos fronte a crise económica”.

“Pese a contar cun nivel de ingresos similar ao do ano 2005, Galicia volve a ser, un ano máis, a autonomía que, xunto con Madrid, se coloca dentro das autonomías máis solventes de España. Un ano máis, Galicia se coloca como unha das facendas máis saneadas e na metade do déficit público da zona euro”, aseverou ao que engadiu que, nun momento de tanta inestabilidade, “todas as administracións debemos de contribuír á estabilidade de España e, nestes momentos de extraordinaria dificultade, Galicia non é un problema nin para España nin para Europa”.

Pese a crise económica que está afectando a todas as facendas –estatal, autonómicas ou locais- e pese aos obstáculos financeiros plantexados polo anterior Goberno de España, Feijóo salientou que Galicia está sendo a comunidade autónoma más solvente en termos agregados de déficit público, de pago a provedores, de execución presupostaria e de obrigas comprometidas e pagadas. “O rigor e a eficiencia presupostaria coa que vimos traballando durante os últimos tres anos –dixo- nos permite cumprir de novo co compromiso de ser unha comunidade solvente”.

Deste xeito, e a modo de resumo, explicou que pese a contar cun nivel de ingresos de 500 millóns de euros menos que no ano 2010: “conseguimos reducir o déficit público en 300 millóns de euros, pasando do 2,3% ao 1,6% do PIB; conseguimos seguir movéndonos no entorno da estabilidade presupostaria; conseguimos ser a autonomía, xunto con Madrid, con menor déficit públicos de España e con mellor comportamento no equilibrio das contas públicas; conseguimos ter case a metade do déficit que o resto das autonomías (1,6% fronte ao 2,94%); e conseguimos ter 5 veces menos de déficit que o total de España, cun 8,5%”.

Segundo Feijóo, Galicia acadou estes resultados blindando os servizos públicos esenciais e incrementándoos; executando o orzamento, “o 98,5% do orzamento do ano 2011”; e pagando a bo ritmo as cantidades comprometidas. En relación a este último punto, subliñou que a execución dos pagamentos superou en 6,4 puntos a media de pagos do conxunto de España e superou en 20 puntos a medida de todos os investimentos das comunidades. “Polo tanto, se hai comunidades que están restrinxindo o déficit diminuíndo de forma drástica o pago dos investimentos, Galicia obriga 20 puntos máis do seu Capítulo VI e VII que a media das comunidades de España”.

Por último, Feijóo afirmou que Galicia seguirá traballando e esforzándose para ser unha comunidade solvente, “porque esa é a chave dunha recuperación económica”. “Seguiremos –precisou- xestionando con realismo, non facendo previsións de ingresos por riba do que razoablemente vamos a ingresar”.

Logo de lembrar que en xaneiro e febreiro a Xunta fixo pagamentos por 1.500 millóns de euros, o presidente do Executivo galego aseverou que Galicia seguirá buscando tamén confianza. “Porque a confianza é o primeiro requisito para superar a crise económica; e Galicia está colocando a súa débeda, cando case todas as comunidades non son capaces de colocar a súa débeda, nin sequera a débeda autorizada. Xerar confianza é importante para os investidores que aposten por Galicia e para mellorar a autoestima dos galegos. ”.

Fotografía: Xunta de Galicia

R., 2012-03-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES