Noticias

Xunta, sindicatos y patronal cierran 14 acuerdos sobre empleo e inclusión social

La Xunta, los sindicatos UGT y CC.OO. y la patronal han firmado 14 nuevos acuerdos, dentro del diálogo social, que buscan fomentar el empleo, reactivar los sectores productivos, con especial atención al naval y al automóvil, y dar atención a las personas en situación de pobreza o riesgo de exclusión social. CC.OO. y UGT dicen que "no es bueno" hacer más ajustes y avisan de que los objetivos de contención del déficit prolongarán la crisis.

Estos pactos firmados son "un estímulo" para continuar con la negociación, en un momento en el que, ha destacado el presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo, la crisis "exige comportamientos que solo respondan al interés general; a ningún interés corporativo o financiero". En el acto estuvieron presentes representantes de UGT, CC.OO., de la Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) y sus organizaciones provinciales, y los conselleiros de Facenda, Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Economía e Industria, Cultura e Educación y Sanidade, además de la titular de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que ha destacado que los acuerdos ascienden a 29 en lo que va de legislatura, para lo que se han producido "cesiones y sinsabores".

Núñez Feijóo ha considerado que la Xunta se "anticipa" al "confiar" en el diálogo social y ha destacado que "la mayoría de las decisiones" se ven respaldadas por los acuerdos de este foro. "El diálogo social no es un cercado, es un puente", ha afirmado y ha apostado por la unidad para enfrentarse a la crisis y al desempleo. Con los pactos, ha proseguido, el Gobierno, los sindicatos y los empresarios ofrecen "madurez y generosidad a la sociedad gallega". "Este acto contribuye a desterrar uno de los sentimientos que más daño les puede hacer a los ciudadanos en los tiempos que corren: el sentimiento de orfandad por la falta de un liderazgo que los tenga en cuenta, que los oriente y que los ilusione", ha dicho.

Además, ha sostenido que los gallegos esperan acuerdos entre los representantes políticos, los empresarios y los sindicatos, en un momento en el que hay "más dificultades que nunca", pese a que, ha defendido, "la mayoría" de los indicadores económicos "siguen siendo mejores" en Galicia que en el resto del Estado. La comunidad, ha asegurado el presidente de la Xunta, "ha escogido el mejor camino posible".

Los representantes de UGT y CC.OO. han coincido con el resto de los presentes en la idoneidad del diálogo social para pactar medidas contra la crisis, pero han lanzado a Feijóo la petición de que deje el camino de los recortes. El secretario xeral de CC.OO., Xosé Manuel Sánchez Aguión, ha recordado que Galicia lleva dos años aplicando una política de ajustes y tiene "parte de los deberes hechos". "No es bueno seguir por ese camino, hace falta otro modelo", ha avisado y ha considerado que los acuerdos del Consejo de Política Fiscal y Financiera "dejan margen" para ello.

También el responsable de UGT en Galicia, José Antonio Gómez, ha advertido de que los objetivos de consolidación fiscal fijados por la Unión Europea van a llevar a "prolongar" la crisis e impedirán que los sectores productivos se reactiven y que se cree empleo.

El presidente de la CEG, Antonio Fontenla, ha destacado también que los acuerdos son "fruto de la concertación", lo que los dota "de más fuerza". Así, ante las "difíciles perspectivas" que se dibujan para 2012 y 2013, ha instado a seguir buscando el consenso. Aunque se refieren a "ámbitos de interés", Fontenla ha señalado que los acuerdos no son un "bálsamo de Fierabrás" o "la panacea", puesto que el problema "traspasa de lejos el ámbito gallego y, en algunas ocasiones, el nacional". Por ello, ha llamado a acometer "reformas, ni parches ni remiendos", para superar las actuales "deficiencias" de la economía y el mercado laboral.

La conselleira de Traballo ha elogiado la "responsabilidad" y el esfuerzo de los participantes en las mesas del diálogo social y ha destacado que se han producido, desde el comienzo de la legislatura, 250 reuniones, lo que supone unas 300 horas de trabajo. Entre los acuerdos alcanzados, destacan dos planes "pioneros" para fomentar el empleo entre los jóvenes y los parados de larga duración; el anteproyecto de ley de inclusión social, cuyo texto ha sido pactado; la planificación energética y de obras hidráulicas y proyectos específicos para los sectores naval y de la automoción.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu no Pazo de Raxoi, a sinatura de 14 novos acordos entre os sindicatos UXT e CC.OO., a patronal e o Goberno galego, e que demostran que Galicia ten completamente interiorizado o Diálogo Social.

Con esta sinatura, Feijóo subliñou que Galicia amplía o Diálogo Social e alcanza case a trintena de acordos no que vai de lexislatura, “practicamente un acordo cada mes; dos que a práctica totalidade están xa en execución”. Así mesmo, engadiu que pon de manifesto que “a nosa terra non desaproveitou a oportunidade do Diálogo Social e que nos valemos dela para atopar instrumentos nesta extraordinaria situación económica e social que a todos nos toca vivir”.

Feijóo cualificou esta experiencia de “frutífera e útil” para a economía e para o benestar dos galegos e propuxo que esta cifra sirva de estímulo para seguir alcanzando novos pactos polo emprego e polo Benestar no que resta de lexislatura.

Co obxecto de afrontar a principal preocupación do presente, que é a lacra do desemprego, Feijóo destacou que é a segunda vez, na lexislatura, que se inclúe un acordo específico en materia de contratación, neste caso dirixido a formar e insertar no mundo laboral a mozos e parados de longa duración.

Xunto co emprego, os outros dous piares do Diálogo Social seguen sendo o apoio a sectores produtivos como a automoción, o naval ou a enerxía e a preservación do Benestar, como a través da futura Lei de Inclusión Social, cuxa principal novidade é avanzar cara unha estratexia coordinada entre os servizos sociais, o Servizo Público de Emprego de Galicia e a propia Xunta para que o itinerario das persoas para saír da exclusión, con apoio público, sexa único, coherente e continuado, desde o social ao laboral.

Feijóo referiuse tamén ao acordo asinado para establecer unha planificación enerxética de Galicia; ao acordo para establecer obxectivos e liñas estratéxicas de mobilidade en Galicia; e ao avance nas liñas xerais para o desenvolvemento da Lei de Participación Institucional.

Amais destes cinco acordos, o presidente da Xunta explicou que se formalizaron outros nove, “que xa fomos desenvolvendo nos últimos meses –subliñou- e que dan proba dos catro piares nos que se sustenta todo o proceso de Diálogo Social iniciado desde o principio da lexislatura: o fomento do emprego, o apoio aos principais sectores produtivos, a aposta polo desenvolvemento sostible e lograr unha Galicia máis inclusiva e con mellores prestacións sociais, a pesares da crise”.

No tocante ao fomento do emprego, o titular da Xunta salientou o acordo para desenvolver un plan de atención individualizada de mozos en paro e demandantes de emprego que leven máis dun ano ininterrompido en paro; e o acordo sobre o fomento do emprendemento en Galicia, e que inclúe, por exemplo, programas de apoio á creación e consolidación de empresas, ou fomento de empresas de base tecnolóxica.

Así mesmo, avanzou a creación do Consello Autonómico de Emprego, os consellos provinciais de emprego e os comités territoriais de emprego, como referentes de decisión das políticas activas de emprego a nivel autonómico, a nivel provincial e a nivel local.

O apoio aos sectores produtivos reflíctese, tamén, no apoio ao sector naval, onde se acordaron varias medidas que axuden a superar o dificilísimo momento polo que está pasando, como a implantación do Selo e da Credencial Naval; ou á automoción, fundamentalmente a través do desenvolvemento de diversos programas de I+D+i que complementen a competitividade deste sector.

A aposta polo desenvolvemento sostible é a filosofía do acordo en materia de xestión de residuos urbanos e industriais de Galicia e do acordo en materia de infraestruturas hidráulicas e traballos medioambientais ata 2013, que busca garantir un saneamento de calidade e un abastecemento en cantidade.

Por último, e para lograr unha Galicia máis inclusiva e con mellores prestacións sociais, pactáronse os principios a alcanzar no ámbito da atención as persoas con discapacidade, recollidos no Plan elaborado pola Xunta e pactado con este colectivo; así como varios puntos en materia de dependencia, tanto para mellorar a xestión para o recoñecemento e atención dos dependentes, como para establecer un modelo de seguimento máis transparente.

Feijóo concluíu a súa intervención afirmando que: “Do mesmo xeito que Galicia se anticipou noutras necesidades inaprazables do momento presente, como foi a austeridade das administracións e como foi a disciplina presupostaria e a maior eficiencia dos servizos públicos; penso que tamén nos anticipamos á hora de asinar e de confiar no diálogo social. Penso que tamén nos anticipamos e que a maioría das decisións que tomou e ten que tomar a Xunta estarán respaldadas por eses acordos e por eses pactos”.

Fotografía: Xunta de Galicia.

R., 2012-01-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (parque-eolico-zas.jpg) A Xunta de Galicia completou esta semana os trámites para a autorización dos nove proxectos de repotenciación voluntaria de parques eólicos recibidas entre finais de 2023 e comezos de 2024 e que permitirán suprimir 286 aeroxeradores do territorio galego así como, coa mesma potencia, incrementar un 35 % a produción de enerxía renovable. Trátase dun procedemento que destacou pola súa axilidade pois os prazos de autorización administrativa acurtáronse considerablemente, completándose en menos dun ano desde a recepción do proxecto definitivo e cumprindo así co mandato comunitario de axilizar as xestións e garantir que non se alongan máis de dous anos.
Foto de la tercera plana (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na asemblea xeral Comisión do Arco Atlántico da Conferencia das Rexións Periféricas Marítimas en Sevilla, na que se fixo balance do último ano e se presentaron as previsións para 2026. O director xeral interveu na sesión Un novo marco financeiro plurianual da UE: que hai para o Atlántico, onde defendeu un futuro da política de cohesión descentralizado e o rexeitamento ao cambio de modelo cara un plan único por estado membro, postura baseada nas experiencias previas que mostran que os programas operativos rexionais son a fórmula máis eficiente para a xestión dos orzamentos destinados á cohesión.

Notas

Poucas figuras teñen deixado tanta pegada no imaxinario colectivo galego como a de Isaac Díaz Pardo (1920-2012). As súas múltiples facetas como deseñador, ceramista, pintor, empresario e intelectual convertérono nun emblema da identidade cultural galega. Precisamente neste 2025, no que se lle dedica o Día das Artes Galegas, a Universidade de Vigo quere renderlle homenaxe e contribuír a difundir o seu traballo e legado. Para facelo, este venres inaugurouse a mostra Isaac Díaz Pardo.
A Alameda de Santiago será esta fin de semana o escenario de Compos(tech)la, un dos múltiples eventos do proxecto Santiago en Vivo para fortalecer o tecido empresarial e dinamizar a economía. A feira tecnolóxica contará co protagonismo da Universidade de Santiago, que levará durante o sábado e o domingo ao parque compostelán algúns dos seus centros de investigación e servizos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES