Noticias

Una exposición sobre la restauración del Pórtico de la Gloria de la Catedral de Santiago abre la Mostra Espanha 2011 en Lisboa

La exposición de la Fundación Barrié de la Maza titulada Pórtico virtual, sobre el programa de restauración que desde hace tres años se efectúa sobre la obra realizada por el Mestre Mateo en la Catedral de Santiago de Compostela, abre la Mostra Espanha 2011 en Lisboa (Portugal).

Esta exposición sobre el Pórtico de la Gloria es una producción propia de la Fundación Barrié -en colaboración con el Ministerio de Cultura-, se inaugura en Palmela con las conferencias de dos historiadores del arte: el doctor en Arte Medieval por la Universidad de Harvard, Francisco Prado-Vilar; y el director del departamento histórico y artístico de la Diócese de Beja, el doctor José Falcado.

La muestra Pórtico Virtual, comisariada por Gaël de Guichen y Francisco Prado-Vilar -expertos internacionales en arte medieval y conservación preventiva que asesoran el programa de restauración del Pórtico desde hace tres años- ofrece mediante aplicaciones interactivas una visión didáctica que combina la importancia histórico-artística del Pórtico, con información obtenida durante el estudio del monumento. En concreto, estos estudios han puesto en evidencia el alto grado de deterioro y la urgencia de intervención sobre la obra culmen del Románico europeo. En la actualidad se lleva a cabo la restauración de la obra en el marco del Programa Catedral de Santiago de Compostela, financiado por la Fundación Barrié con 3.000.000 euros.

Entre los contenidos de la exposición se encuentran una selección de las réplicas en madera de los instrumentos musicales medievales de los 24 ancianos del Apocalipsis representados en el Pórtico. Asimismo, se ofrece una proyección audiovisual sobre el contexto histórico del origen de la peregrinación a Santiago, en la se encuentra la construcción del templo románico y cómo el Pórtico adquiere su pleno significado en el marco monumental de la Catedral. Además, el Pórtico de la Gloria Virtual en 3D es un trabajo pionero, que parte de un escaneo láser del Pórtico con una elevada resolución y un fotografiado, junto a una exposición de fotografías de gran formato sobre la obra y los trabajos de restauración preventiva.

El Pórtico de la Gloria es, junto con la cámara y el sepulcro del Apóstol, la pieza más representativa del conjunto catedralicio y una de las más significativas del Románico en toda Europa

Esta exposición tiene como objetivo último difundir el conocimiento sobre el Pórtico de la Gloria y promover su conservación, así como divulgar los trabajos que lleva a cabo en la Catedral un equipo técnico multidisciplinar, compuesto por expertos en historia del Arte, conservación y restauración del Patrimonio, Musicología e investigación tecnológica. Al acto de inauguración asisten, en entre otros, el presidente de la Fundación Barrié y de Banco Pastor, José María Arias, la vicepresidenta de la Fundación, Pilar Romero; y el director general, Javier López, así como el embajador de España en Portugal, Francisco Vilar y Ortíz de Urbina. Este acto se clausura con un concierto a cargo del grupo Martín Códax, con las réplicas en madera de los instrumentos del Pórtico de la Gloria, también reconstruidas con financiación de la Fundación Barrié, entidad hondamente ligada a la Catedral de Santiago, en la que ha desarrollado numerosos proyectos.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, participou en Lisboa no acto inaugural da exposición ‘Pórtico virtual’, organizada pola Fundación Barrié na Igreja de Santiago, situada no Castelo de Palmela. O conselleiro salientou o compromiso da Xunta de Galicia no “traballo realizado para devolver ao Pórtico da Gloria todo o seu esplendor” e definiu a obra máis destacada do Mestre Mateo como “un símbolo pétreo da construción da identidade europea”. O acto contou coa participación do embaixador de España en Portugal, Francisco Villar y Ortíz, o presidente da Fundación Barrié, José María Arias, o director xeral da Fundación Barrié, Javier López e a presidenta da Cámara Municipal de Palmela, Ana Teresa Vicente.

Na súa intervención, Roberto Varela afirmou que para o Goberno galego “protexer e conservar non só este elemento, senón todo o conxunto da Catedral de Santiago” constitúe unha prioridade. Proba deste compromiso, o conselleiro lembrou a importancia dos traballos de restauración que a Xunta de Galicia está a levar a cabo na Catedral de Santiago coincidindo coa conmemoración do Oitavo Centenario da súa consagración. Neste sentido, o responsable de Cultura e Turismo anunciou o inminente remate das actuacións de emerxencia executadas pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural no entorno do Pórtico da Gloria para eliminar as humidades que afectan ao grupo escultórico policromado. Cun orzamento total de 285.000 euros, esta actuación de urxencia nas torres e cubertas pétreas da Catedral de Santiago tivo como obxecto garantir a máxima protección do Pórtico.

Roberto Varela contextualizou a importancia do Pórtico da Gloria asegurando que “o verdadeiro concepto de Europa aséntase en aspectos culturais e históricos, polo que a nosa unidade é moito máis sólida e perdurable do que indica a volatilidade dos mercados”. Neste sentido, o conselleiro avogou pola “inclusividade e a universalidade” xa que o Pórtico da Gloria non é un “patrimonio exclusivamente noso, senón un patrimonio dos europeos e da Humanidade”.

Nas súas palabras, o titular de Cultura referiuse ao Pórtico da Gloria como a “obra magna da cultura continental, que foi pronto coñecida e imitada en lugares tan dispares como Alemaña, Francia, Suíza ou Inglaterra”. Varela gabou tamén a figura do Mestre Mateo destacando como “puxo en práctica todas as innovacións que se movían polas rutas xacobeas cando erixiu o Pórtico”, que quedou configurado como “a obra de esa Europa que estaba a nacer polos Camiños de Santiago”. O Pórtico da Gloria “érguese alí onde conflúen as grandes rutas polas que se forxou Europa”, engadiu.

Con motivo da inauguración desta exposición da Fundación Barrié dedicada ao Pórtico da Gloria, o conselleiro de Cultura e Turismo realizou un chamamento á importancia da “colaboración entre a iniciativa pública e privada na salvagarda do patrimonio”. Deste xeito, considerou “fundamental que creza a conciencia social arredor da idea de que o patrimonio é riqueza“ e aplaudiu o “extraordinario esforzo da Fundación Barrié na restauración e posta en valor do monumento que vai permitir que poidamos gozar del en condicións óptimas”.

Nesta liña de colaboración institucional enmárcase o actual convenio para a dirección técnica dos proxectos de conservación e restauración do Pórtico da Gloria e do seu contorno asinado entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, o Ministerio de Cultura, a Fundación Barrié, o Arcebispado de Santiago e o Cabido da Catedral.

Respecto á colaboración no ámbito europeo, Roberto Varela afirmou que “hai poucos exemplos mellores que a proximidade que sentimos o pobo galego e o portugués” xa que “son moitas as cousas que nos unen, e entre elas están as peregrinacións a Santiago”. “A contribución máis importante ten sido a dos milleiros e milleiros de portugueses anónimos que a través das rutas xacobeas deixaron en Galicia unha pegada indeleble”, concluíu.

R., 2011-11-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-hotel-cama.jpg) A comunidade galega vén de alcanzar varios fitos históricos nos indicadores turísticos do sector hoteleiro rexistrados o pasado mes de xuño cando por primeira vez superou o millón de noites acadando 1.011.613 noites realizadas polos 573.849 visitantes dese mes. Isto tradúcese nun incremento do 5 % en demanda turística e do 7,5 % en número de visitantes; nos dous casos por riba das medias nacionais, que se sitúan no 2,1 % e no 3,3 %, respectivamente. Estas boas cifras tamén se trasladan ao bo rendemento económico ao confirmar que no que vai de ano, de xaneiro a xuño, o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos nominais de 165,5 M€, un 4,3 % máis que nos seis primeiros meses de 2024.
Foto de la tercera plana (lavuelta-2025.jpg) Do total das 21 etapas que compoñen esta edición de La Vuelta , tres desenvolveranse por solo galego. En concreto, o paso por Galicia deste certame será entre o 7 e o 10 de setembro. O día 7, na etapa 15, o grupo de competidores entrará na comunidade desde Asturias, no tramo A Veiga/Vegadeo-Monforte de Lemos. Tras dunha xornada de descanso, a competición retómase o día 9 coa etapa 16, que vai de Poio a Mos -rematando en concreto no Castro de Herville-. O día 10 de setembro, ‘La Vuelta’ despídese da comunidade galega coa etapa 17, que por primeira vez sairá desde O Barco de Valdeorras para chegar, 143 quilómetros despois, ao Alto de El Morredero, xa en Ponferrada.

Notas

O grupo 'Virus and Cancer' do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas logrou identificar un novo mecanismo de regulación da proteína p14ARF, un factor chave na supresión tumoral. O achado, publicado na revista Cell Death and Disease, podería ter importantes implicacións no tratamento do cancro, ao contribuír a entender os procesos que regulan o crecemento tumoral e potenciar o efecto dun novo fármaco.
A integración do proxecto CORTIS (Camera Observation & Radiation Test in Space), da asociación de estudantes UVigo SpaceLab, no vehículo de transferencia orbital OSSIE da empresa galega UARX Space xa é unha realidade. A carga útil, que permitirá ao alumnado comparar os resultados de cámaras e sensores de radiación que se implementarán no cubesat BIXO, integrouse no primeiro vehículo de transferencia orbital desenvolvido en España.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES