Noticias

Crisis económica: la Xunta de Galicia concede 24 millones de euros para la contratación de 1.500 personas en entidades sin ánimo de lucro

La Consellería de Traballo e Benestar ha resuelto la concesión de ayudas para la contratación de casi 1.500 personas, la mayoría de ellas desempleadas, en entidades sin ánimo de lucro, dentro de un plan de cooperación que culmina así su segunda fase, y que cuenta con un presupuesto total de 24 millones de euros. Según la Xunta, estas ayudas abiertas también a las Universidades están dirigidas a la contratación de personas desempleadas con el objetivo de adquirir experiencia profesional y poder acceder en mejores condiciones al mercado laboral.

Así lo ha señalado el director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, en una rueda de prensa en la que también ha precisado que estas dotaciones económicas "están dirigidas a órganos y organismos de las administraciones públicas distintas de la local, a universidades y a entidades sin ánimo de lucro". Estas ayudas están dirigidas a la contratación de personas desempleadas con el objetivo de "adquirir experiencia profesional y poder acceder en mejores condiciones al mercado laboral". Hermida ha adelantado que se procederá a comunicar las resoluciones de las solicitudes presentadas "a lo largo de la próxima semana".

En este sentido, ha incidido en que "de media, un 28% de los beneficiarios de estas ayudas son asociaciones de discapacidad" y ha subrayado que "todas las subvenciones que se concedieron son para la prestación de servicios de interés general y social", entre las que destacan "colectivos de lucha contra la exclusión social, asociaciones culturales y cámaras de comercio", entre otras. Además, el director xeral de Promoción ha incidido en que en estas ayudas "se priorizará a los jóvenes menores de 30 años sin empleo" y ha añadido que los planes de cooperación de la Xunta "beneficiarán este año a más de 6.700 personas en paro" con una inversión de "72,5 millones de euros, un 21 por ciento más que en 2010".

El plan de cooperación para entidades sin ánimo de lucro se subdivide en dos líneas de actuación con diferente tipología y perfil de beneficiario. Por un lado, se encuentran las subvenciones para la contratación de personas en desempleo para la realización de servicios de interés social; y por otro, están las ayudas para la contratación de titulados universitarios para desarrollar tareas relacionadas con el fomento del empleo y de apoyo a emprendedores dentro del área de influencia de las asociaciones. De esta manera, la dotación presupuestaria para la contratación de personas en situación de desempleo para la prestación de servicios será de 19,3 millones de euros, con lo que se busca facilitar la inserción laboral de más de 1.300 personas en 134 ayuntamientos de Galicia con una duración de los contratos de entre 3 y 9 meses. Aquellas mujeres víctimas de violencia de género podrán ser beneficiarias de contratos de 12 meses, de manera excepcional.

Por otro lado, las subvenciones para la contratación de agentes de empleo llegarán a 193 personas -de los que 20 son nuevos contratos y 173 son prórrogas de aquellos ya firmados-, con un presupuesto total de 4,7 millones de euros. En este caso, se requerirá como condición para acceder a las ayudas la contratación de titulados universitarios. Los contratos tendrán una duración máxima de 12 meses, y se concentrarán en las 7 grandes ciudades gallegas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Traballo e Benestar vén de resolver a orde de axudas dos plans de cooperación dirixida a entidades sen ánimo de lucro. Esta liña de actuación do Goberno galego permitirá a contratación de máis de 1.500 desempregados, 300 máis que o ano anterior, a través dos máis de 24 millóns de euros que se investirán nesta actuación, un 21,5 por cento máis que o exercicio anterior.

Así o explicou o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida, quen destacou que estas subvencións súmanse aos preto de 48,5 millóns de euros que se financiaron para a contratación de persoas desempregadas a través de entidades locais, a outra modalidade dos plans de cooperación. Esta orde de axudas, que se resolveu a principios deste verán, está a beneficiar xa a preto de 5.200 persoas.

Deste xeito, os plans de cooperación da Xunta de Galicia, aos que se destinan ao redor de 72,5 millóns de euros, beneficiarán este ano a máis de 6.700 persoas en paro, preto de 1.500 máis que en 2010. A contía global con respecto ao ano anterior aumentou nun 21 por cento.

Con respecto a vertente deste programa dirixida a entidades sen ánimo de lucro, Hermida explicou que as axudas abranguen a un número importante de asociacións de tipoloxía moi variada, desde entidades públicas ata universidades.

Neste senso, o director xeral apuntou que, de media, un 28 por cento dos beneficiarios destas axudas foron asociacións de discapacidade e indicou que todas as subvencións que se concederon son para a prestación de servizos de interese xeral e social. Tamén foron beneficiarias destas axudas colectivos de loita contra a exclusión social, axentes sociais, colectivos de autónomos ou asociacións culturais, agrarias e cámaras de comercio, entre outras.

As axudas destinadas a entidades sen ánimo de lucro contan con dous tipoloxías diferentes: subvencións para a contratación de traballadores e traballadoras desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social, e axudas para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio para o fomento do emprego co obxectivo de colaborar na implantación das políticas activas de emprego e na realización de funcións relacionadas coa dinamización e coa creación de actividade empresarial.
Con respecto á primeira modalidade, as axudas para contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos, a Consellería de Traballo e Benestar destinou 19,3 millóns de euros, o que permitirá contratar a máis de 1.300 desempregados..

As persoas beneficiarias poderán optar a un contrato laboral por un máximo de 9 meses e se priorizará aos mozos e mozas sen traballo. As axudas chegarán a entidades de 134 concellos galegos. As resolucións remitiranse nos vindeiros días.

As axudas concedéronse en base a criterios obxectivos, avaliándose nos proxectos os que tiveran maior interese xeral e social, un maior nivel de inserción laboral ou os de ámbito de actuación superior ao municipal, entre outros.

En canto a segunda modalidade, as subvencións para a contratación de axentes de emprego chegarán a 193 persoas. O investimento supera os 4,7 millóns de euros.

Neste caso, os contratos, que se concentrarán nas 7 grandes cidades, terán unha duración de 12 meses. A meirande parte destes proxectos son prórrogas de axentes que xa estaban en funcionamento. Así, contratarase a 20 novos axentes e prorrogarase o contrato a 173.

O labor dos axentes de emprego e unidades de apoio consistirá fundamentalmente no acompañamento técnico no inicio dos proxectos empresariais; o apoio aos promotores das empresas, unha vez constituídas, acompañándoos tecnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento; a difusión e a promoción das oportunidades de creación de actividades entre os desempregados, promotores e emprendedores; e, por último, na prospección de recursos de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local.

Fotografía: Xunta de Galicia.

R., 2011-08-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES