Noticias

Luz Casal regresa en julio a Santiago de Compostela y Pontevedra en el que define como mejor momento de su carrera

La cantante Luz Casal ofrecerá en julio dos conciertos en Galicia -en Santiago de Compostela y Pontevedra- dentro de la gira de promoción de su último álbum, La Pasión: un "homenaje a la canción hispanoamericana" y un trabajo con el que se siente "absolutamente satisfecha" tras un "duro reto".

La cantante Luz Casal ofrecerá en julio en Galicia dos conciertos dentro de la gira de promoción de su último álbum -en Santiago y Pontevedra- en los que habrá "sorpresas" para un público que podrá ver a la artista en el "mejor momento" a nivel "profesional y personal". Después de que el pasado año Luz Casal tuviese que suspender los conciertos previstos en la Comunidad durante el Xacobeo por problemas de salud, en esta ocasión, la solista gallega retoma su agenda con un concierto en Santiago el 22 de julio, que se celebrará en la Praza da Quintana dentro de las fiestas del Apóstol; y al día siguiente en Pontevedra, en el marco del Festival Internacional das Rías Baixas.

En estos espectáculos, Luz Casal hará un "recorrido" por su último disco, La Pasión, un "homenaje a la canción hispanoamericana" y un trabajo con el que se siente "absolutamente satisfecha" después del "importante reto" que supuso para su estilo.

Luz Casal ha señalado que los conciertos serán también "un reflejo" de lo realizado anteriormente, por lo que incluirá "canciones clásicas" de su repertorio. "Un concierto es la manera más directa de saber quienes son los que escuchan mis discos, el público al que me dirijo y con el que tengo una relación a veces más intensa que con mi propia familia", ha señalado la cantante, en el ecuador de su gira.

Luz Casal ha afirmado sentirse en el "mejor momento" de su vida, tanto desde el punto de vista "personal" como del "profesional" y ha destacado el éxito cosechado por su gira en países en los que anteriormente no había tocado, como recientemente en Turquía. Por ello, ha apostado por los conciertos, que le dan "una inyección de energía fundamental", y ha prometido en para sus espectáculos en Galicia habrá "sorpresas".

En cuanto a sus proyectos futuros, Luz Casal ha señalado que, a la vuelta de América con su gira, grabará dos canciones para incluir en un recopilatorio que está previsto que salga en el mes de diciembre. Posteriormente, la cantante gallega ha expresado su deseo de hacer "cosas muy diferentes" que van desde canciones "del más puro estilo rock" hasta la investigación en músicas tradicionales de diferentes países. "La música es algo muy amplio", ha señalado.

El conselleiro de Cultura, Roberto Varela, se ha mostrado muy satisfecho por los conciertos que Luz Casal ofrecerá en Galicia en el marco del Año de la Música 2011, al tiempo que ha elogiado su capacidad de "renovarse y reinventarse" en sus tres décadas de carrera sin "perder la calidad y la huella personal de su magnífica voz". Varela ha hecho hincapié en "el trazo de sus raíces gallegas", que "viaja con ella traspasando fronteras y llegando a millones de personas", con lo que Luz Casal contribuye "a la promoción y difusión de Galicia en el exterior".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou na Cidade da Cultura xunto a Luz Casal os concertos que a cantante ofrecerá en Galicia dentro da programación do Ano da Música 2011. O conselleiro asegurou que na música de Luz atópase “o trazo das súas raíces galegas, que viaxa con ela traspasando fronteiras e chegando a millóns de persoas”, contribuíndo deste xeito “á promoción e difusión de Galicia no exterior”. O acto contou ademais coa participación da xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño e do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Juan Carlos F. Fasero.

O conselleiro gabou o currículo de Luz Casal, da que dixo que “con trinta anos de carreira profesional en solitario e máis de cinco millóns de discos vendidos, pode presumir de ser unha artista recoñecida en todo o territorio español, en Francia, en Latinoamérica e en moitas outras partes de Europa e do mundo”. Roberto Varela salientou o talento da cantante coruñesa como o “exemplo dunha artista que sabe renovarse e reinventarse continuamente” e definiu a súa voz como “unha das máis recoñecibles da música española dos últimos tempos”. “Unha voz que Luz Casal sabe acomodar como ninguén aos máis diversos estilos, xa sexa rock, pop, baladas ou boleros, como no seu último álbum, que leva por nome La pasión”, engadiu.

O programa co que a Xunta de Galicia conmemora o Ano da Música 2011 inclúe un concerto de Luz Casal na Praza da Quintana, con motivo das Festas do Apóstolo, o próximo 22 de xullo. Luz actuará ao día seguinte, 23 de xullo, en Pontevedra no marco do novo Festival Internacional das Rías Baixas de Música, Danza e Teatro. Para o conselleiro, nesta programación “non podía faltar o regreso aos escenarios de Luz”, un regreso que sinalou como “un dos máis esperados polos amantes da boa música e que era especialmente desexado polos seus numerosos seguidores galegos”.

Na súa intervención, Roberto Varela animou aos galegos a participar nos concertos de Luz Casal, así como nos eventos do Ano da Música de Galicia 2011 “co que queremos salientar o labor cultural que desenvolven os artistas, os creadores e a nosa industria musical ao completo”. Segundo informou o conselleiro, o obxectivo principal do Ano da Música é “a posta en valor dunha das expresións culturais máis fortes da nosa terra e que mellor nos representa”.

O responsable da área de Cultura e Turismo manifestou como desde a Xunta de Galicia “estamos a salientar de forma moi especial o sobranceiro papel de embaixadores de Galicia que cumpren os nosos músicos”, xa que o Ano da Música “é unha merecida homenaxe que Galicia lles quere render a todos eles e tamén un xeito de darlles as grazas”. Ao fío desta idea, o conselleiro aseverou que esta é “unha extraordinaria ocasión para agradecerlle en persoa a Luz Casal todo o que ten feito ao longo da súa carreira en prol da música e en prol de Galicia”.

A cantante Luz Casal, natural de Boimorto (A Coruña), mostrou sempre unha vocación inquebrantable de querer dedicarse á música. Desde a publicación en 1982 de Luz, o seu primeiro disco, o público e a crítica recoñeceron a súa profesionalidade e a calidade do seu traballo que, tras éxitos en 1989 con temas como Loca, Te dejé marchar ou No me importa nada, a converteron na solista española por excelencia.

Con Tacones Lejanos de Pedro Almodóvar e a interpretación de Luz Casal de Piensa en mí e Un año de amor márcase un punto de inflexión na carreira dunha artista que abarca todas as facetas e rexistros posibles. A partir deste momento, a cantante galega alcanza altos niveis de composición producindo 4 discos entre os que destaca Como la flor prometida (1995) e o single Entre mis recuerdos, chegando a acadar un Goya pola banda sonora de ‘El Bosque animado’.

En 2007, Luz publica Vida tóxica como resultado creativo e valente da súa loita contra o cancro e, en 2009, chega o seu duodécimo disco La Pasión. Neste traballo, Luz Casal achega ao seu público unha homenaxe ao bolero latinoamericano na expresión máis enraizada da súa orixinalidade. O álbum é unha viaxe ao pasado, onde a artista interpreta os boleros desde a súa orixe, volvendo ao seu afán de pureza. Luz Casal realiza un percorrido en branco e negro polo xénero que dominou o universo musical latinoamericano durante a maior parte do século XX. A cantante galega fala do amor e do desamor, do rancor e da esperanza, servíndose das letras de grandes poetas dos anos 40, 50, 60 e 70 e sen esquecer o seu estilo directo e rotundo. Luz Casal ponlle voz as grafías de Carlos Brito, Julio Rodríguez, Lucho Gatica ou Eduardo Magallanes.

Entre as distincións ao seu traballo e á súa traxectoria vital, Luz Casal recibiu en 2010 a Medalla Castelao, o título de filla predilecta de Boimorto e a Medalla de Ouro das cidades de Madrid e París. En novembro de 2009, foille outorgada a Medalla das Artes e das Letras de Francia.

Fotografía: Xunta de Galicia.

R., 2011-05-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (galicia-escena-pro-2024.JPG) Este evento congregará a semana que vén en Santiago de Compostela a 225 profesionais da programación, distribución e produción de espectáculos de artes escénicas. Oito espazos e prazas da cidade acollerán do 2 ao 5 de xuño o conxunto das actividades programadas este ano, que inclúen 21 funcións de teatro, danza e circo contemporáneo, 12 presentacións de proxectos en formato pitching, dúas mesas redondas e un concerto. Ademais, nestes momentos estase a pechar o calendario de reunións que as compañías galegas inscritas manterán con máis de 80 responsables de mostras, circuítos e espazos escénicos tanto de toda España e de Portugal co fin de favorecer a contratación de espectáculos de produción galega.
Foto de la tercera plana (sol-calor.jpg) Aínda que non se espera que haxa alertas por episodios de calor, porque está previsto que as temperaturas baixen ás noites, desde Meteogalicia facilítase a toda a poboación a información sobre avisos meteorolóxicos. Galicia atoparase entre os días 28 e 31 de maio na influencia dun anticiclón que se localizará ao norte da península Ibérica e que achegará aire cálido procedente do sur da península Ibérica e do norte de África. Con estas condicións, as temperaturas irán en ascenso, sendo os días máis calorosos o xoves 29 e o venres 30, cando se poden superar facilmente os 30ºC en moitas comarcas e localmente mesmo os 35ºC en áreas de val da provincia de Ourense. Esta situación comezaría a remitir nalgúns puntos o propio venres 30 pola tarde pola presenza dalgunhas tormentas.

Notas

Co obxectivo de achegar á cidadanía os resultados do labor formativo que se desenvolve na Aula de Música Tradicional Galega do campus, a Vicerreitoría promove, coa colaboración do Concello de Pontevedra, unha serie de actuacións en diferentes prazas da cidade. Estas terán lugar nas tardes dos luns ao longo do mes de xuño e permitirán tamén dar a coñecer as diferentes aulas e grupos inseridos na programación cultural da Vicerreitoría, que acompañarán á aula en varias dos concertos.
A Cátedra de Intelixencia Artificial en Medicina Personalizada de Precisión (CAME&IA), a única que en España se dedica ata o momento á IA aplicada á medicina personalizada, presentouse este mércores 29 no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de xerar, nos vindeiros catro anos, novo coñecemento a través do uso de tecnoloxías intelixentes e a explotación avanzada de datos médicos para mellorar a toma de decisións clínicas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES