Noticias

La Cidade da Cultura acoge una conferencia-espectáculo sobre la magia y la ciencia

El "Asombroso Randi" y la neurocientífica Susana Martínez-Conde ofrecen en la Cidade da Cultura una conferencia-espectáculo sobre la relación entre la magia y la ciencia, en el marco de Neuromagic 2011 que reúne en la Illa de San Simón a prestigiosos magos y neurocientíficos del mundo para estudiar los efectos de enfermedades como el Alzheimer.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O arquipélago de San Simón acolle ata o día 5 de maio de 2011 o encontro Neuromagic 2011: Os Enganos da Mente organizado pola Fundación Illa de San Simón en colaboración coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais. O evento, catalogado como o cumio internacional de maxia e neurociencia, converterá a Galicia nun referente internacional, non só pola talla dos seus participantes, senón tamén polo eixo central sobre o que gravitará este foro. Os máis prestixiosos expertos en neurociencia cognitiva confrontarán as súas investigacións e teorías científicas coa experiencia como grandes manipuladores da atención dalgúns dos mellores ilusionistas do mundo xunto cos magos máis recoñecidos a nivel nacional.

Ademais das sesións de traballo que se desenvolven en San Simón, o evento inclúe unha conferencia-espectáculo que se ofrecerá ao público na Cidade da Cultura de Galicia mañá martes 3 de maio, a partir das 20.00 horas. Nesta sesión aberta ao público intervirán a coordinadora do encontro, Susana Martínez-Conde, e o ilusionista mundialmente coñecido James Randi. Nunha intervención cunha duración aproximada de 90 minutos a profesora irá debullando os mecanismos de captación e manipulación da atención así como os métodos de control mental que utiliza o ilusionista, de maneira que o público poida comprobar en directo a estreita relación entre a ciencia e a ilusión. Esta intervención ten como principal atractivo non só o prestixio dos participantes, senón tamén a vocación de interacción co público, que en todo momento verase plenamente implicado no proceso.

O obxectivo de Neuromagic 2011 é analizar conxuntamente os mecanismos de atención do cerebro e as súas posibles aplicacións non só para optimizar a cognición humana ante os desafíos do mundo moderno, senón tamén como ferramenta no tratamento de trastornos de aprendizaxe ou procesos de deterioro cognitivo provocados por enfermidades como o Alzheimer.

Este é o campo no que traballan os coordinadores do evento, Susana Martínez-Conde e Stephen Macknik, dous dos neurocientíficos cognitivos máis importantes do mundo, codirectores do Barrow Tecnological Institute de Phoenix, en Estados Unidos. As investigacións do seu equipo céntranse nas bases neurais da experiencia visual e o estudo do nexo entre ilusións e realidade na fronteira ente a arte e a ciencia, especificamente entre neurociencia e maxia. Os seus traballos publicáronse nas revistas académicas máis importantes, así como en publicacións de divulgación científica, como Scientific American, Investigación e Ciencia e Quo.

En Neuromagic 2011 participan ilusionistas da talla de James Randi, un dos magos máis recoñecidos a nivel mundial, cunha traxectoria espectacular que lle deu o sobrenome de ‘O asombroso Randi’. Considerado unha icona mundial da loita contra as fraudes paranormais, o tamén chamado rei dos escépticos saltou á fama a nivel internacional polo seu ataque ás crenzas populares no paranormal, aos supostos poderes sobrenaturais dos chamados metapsíquicos. Investigou as pretensións de centos de mentalistas, desmontando algúns dos máis coñecidos fraudes e converteuse durante tres décadas no azoute do soado mentalista Uri Geller, ao que mesmo chegou a retar publicamente desmontando os seus trucos nun famoso documental, titulado ‘Máis aló da ciencia’. Tal é o empeño de Randi na loita contra as fraudes que a través da súa fundación educativa, creada en 1996, ofrece un premio dun millón de dólares a calquera que sexa capaz de demostrar calidades paranormais en condicións controladas. Os anos pasan e o premio segue sen ter dono.

James Randi ten 83 anos, pero as súas dotes para o ilusionismo e o seu discurso acedo, súa é a frase “o que crea na telequinesia que levante a miña man”, seguen intactos. Non visitara nunca Galicia, polo que Neuromagic 2011 e o evento aberto ao público que se celebrará na Cidade da Cultura de Santiago no marco destas xornadas constitúen unha ocasión única para ver en directo ao mestre.

Ademais de Randi, participan neste encontro outros magos enormemente populares, sobre todo en Estados Unidos, como é o caso de Max Maven, Eric Mead ou Jamy Ian Swiss. Completan o elenco nomes tamén moi coñecidos a nivel español e galego como Luis Piedrahíta, Miguel Anxo Gea ou Kiko Pastur.

No que respecta aos neurocientíficos, figuran o sueco Petter Johansson, os estadounidenses Lars Hall, Peter Tse e Paul Zak, así como o español Luis Martínez Otero, sen esquecer ao mago e tamén neurocientífico, experto en psicoloxía da ilusión, Anthony Barnhart. Todos os científicos participantes destacan polas súas investigacións no campo da atención, a psicoloxía cognitiva e o control mental.

O encontro Neuromagic 2011: Os enganos da mente, é o primeiro que se organiza no marco do convenio de colaboración subscrito pola Neural Correlate Society e a Fundación Illa de San Simón para organizar accións conxuntas na illa, co fin de proxectar a imaxe internacional deste arquipélago como centro de pensamento e divulgación científica.

R., 2011-05-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros-biblioteca.jpg) Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o día 1, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas, desde o día 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 día ata o 10; Viveiro, do día 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do día 26 ao 29 de agosto.
Foto de la tercera plana (libros.jpg) O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.

Notas

Un espazo de encontro entre academia, arte e sociedade. Arrancou no edificio Redeiras da UVigo o congreso internacional 'Escrituras potenciais: o ordinario e o infraordinario', unha cita coorganizada entre as universidades de Vigo e Sorbonne Nouvelle polos especialistas Hermes Salceda e Alain Schaffner, figuras claves no estudo da narrativa contemporánea francesa e, máis concretamente, da obra de Raymond Roussel, toda unha referencia nas chamadas literaturas potenciais.
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña acolleu a inauguración da exposición 'A Miraxe Dixital'. A mostra é o resultado do traballo e da convivencia da artista británica Louise Ward Morris en colaboración co persoal investigador do centro, tras seis meses de traballo pola residencia artística concedida a través do Ministerio de Cultura.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES