Noticias

Crisis económica: Galicia encarga un informe mensual sobre el impacto del rescate a Portugal

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha anunciado que la Xunta ha encargado a la Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galicia-Norte de Portugal un informe "mensual" sobre el impacto económico que tendrá el rescate al país luso en la Eurorregión y, en especial, en la Comunidad gallega. En este sentido, no ha descartado que haya que revisar las previsiones de crecimiento de la Comunidad gallega.

Ha sido éste uno de los principales asuntos abordados en la reunión del Consello de la Xunta celebrada este miércoles -un día antes de lo habitual por las festividades de Semana Santa-, y en la que también se trató la necesidad de que el Estado español y el portugués impulsen una cumbre ibérica, tal y como ha demandado Feijóo en su reciente visita a Oporto.

En esta reunión, el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha anunciado que la Xunta ha encargado a la Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galicia-Norte de Portugal un informe "mensual" sobre el impacto económico que tendrá el rescate al país luso en la Eurorregión y, en especial, en la Comunidad gallega. En este sentido, no ha descartado que haya que revisar las previsiones de crecimiento.

Asimismo, en la rueda de prensa posterior al Consello, Feijóo ha asegurado que no tiene "por qué dudar" de la palabra del Gobierno central cuando asegura que no hay riesgo de contagio a la economía española, al tiempo que ha afirmado que el Ejecutivo autonómico "va a estudiar" el crecimiento económico de España y la evolución de la deuda pública, junto con el impacto por la intervención de Portugal para determinar cómo puede influir en Galicia. "Si hay algún cambio de las previsiones en nuestro crecimiento, lo diremos", ha remachado.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a decisión de solicitar á Agrupación Europea de Cooperación Territorial, con sede en Vigo, un “seguimento mensual do impacto da crise de Portugal na economía galega no que se refire ao comercio, aos investimentos, ao mercado de traballo e ás importacións e exportacións entre Galicia e o Norte de Portugal”. O obxectivo, explicou, “é informar aos empresarios e ás empresas sobre eses movementos económicos que se están producindo e tamén ás autoridades gobernamentais das dúas zonas da Eurorrexión de Galicia e o Norte de Portugal para activar, dentro das súas competencias, as súas posibilidades de actuación”.

Segundo explicou Feijóo na rolda de prensa tras o Consello da Xunta, que hoxe coñeceu un informe sobre a situación económica e financeira de Portugal, tamén se reiterou a necesidade, manifestada na xuntanza mantida este luns en Porto con empresarios galegos e portugueses, da celebración dun Cumio Ibérico entre España e Portugal. O obxectivo, abondou o mandatario autonómico, é analizar o impacto na economía galega e, por suposto, tamén noutras comunidades autónomas transfronteirizas como son Castela León, Estremadura e Andalucía. “Desde a Eurorrexión –afirmou- instamos formalmente ese cumio para avaliar o impacto das economías nas comunidades autónomas transfronteirizas e, por suposto, na comunidade autónoma galega e no Norte de Portugal. Espero e desexo –agregou-, que despois das eleccións en xuño en Portugal, no segundo semestre deste ano, poidamos ter esa reunión das dúas nacións para poder falar dos asuntos que nos preocupan, e moito, ao Norte de Portugal e a Galicia, dentro da Eurorrexión que formamos”.

“É evidente que a situación de incerteza que se abre na economía portuguesa pode afectar á economía galega; é evidente que hai unha serie de consecuencias no comercio, nos investimentos, nas importacións, nas exportacións e no mercado de traballo na Eurorrexión”, indicou o presidente da Xunta afirmando que por iso o obxectivo é “tutelar, monotorizar todo este tipo de movementos económicos para, na medida das nosas posibilidades, diminuír o impacto na economía galega e tamén diminuír o impacto na economía do Norte de Portugal”.

Neste sentido, Feijóo lembrou que no que se refire ao comercio, a capacidade de compra da poboación residente en Portugal se vai ver “resentida” como consecuencia da contención dos salarios públicos e da baixada das pensións que se prevé se aprobe no plan de estabilidade das contas públicas que está a acometer o país veciño, unhas medidas, incidiu, que evidentemente suporán “un efecto negativo para o comercio galego”. Así mesmo, referiuse á suba prevista do imposto de valor engadido de produtos portugueses que pode producir, dixo, un desprazamento de compra a favor de localidades transfronteirizas galegas con Portugal, o que provocaría un efecto, “previsiblemente positivo para o comercio polo miúdo” en zonas de proximidade entre Galicia e Portugal.

Feijóo tamén incidiu nas exportacións e importacións entre a comunidade galega e o país luso: Galicia compra a Portugal 1.700 millóns de euros anuais e vende ao país veciño 2.500 millóns de euros, o que representa unha balanza comercial favorable a Galicia de 800 millóns de euros. “E isto imos tutelalo dunha forma moi especial, imos ver cómo afectan as exportacións galegas a unha economía resentida, a portuguesa, e a unha economía que baixa a súa capacidade de compra como consecuencia da diminución dos salarios públicos e das pensións”, argumentou.

“Imos tamén tutelar cómo afecta esta situación aos investimentos entre os dous lados da fronteira”, engadiu Feijóo, destacando que no ámbito do mercado de traballo se prevé un incremento do desemprego en Portugal e, polo tanto, dixo, “unha intensificación da oferta de traballo por conta allea de Portugal cara a Galicia”; e que no campo financeiro a previsible inxección de fondos pode resultar beneficiosa para que as entidades financeiras portuguesas recuperen a súa capacidade de prestar diñeiro e isto inflúa de forma positiva na recuperación económica portuguesa.

Ante esta situación, abondou o presidente da Xunta na súa intervención, “empresarios e autoridades políticas que nos reunimos en Portugal constatamos o reto que temos por diante”, un reto, incidiu, “que temos que asumir entre todos para minimizar os impactos da intervención da economía portuguesa”.

“Contamos cunha Eurorrexión forte que seguirá sendo forte durante a intervención da economía portuguesa e durante a situación complicada da economía española”, enfatizou Feijóo remarcando que se vai seguir traballando en distintos frontes.

Así, dixo, “imos insistir na Eurorrexión como feito europeo co interese de seguir captando fondos europeos. E non soamente iso –matizou-, senón que decidimos que esa Eurorrexión se siga ampliando”. “Temos unha Macrorrexión na que xa se inclúe Castela León; as autoridades portuguesas verán cómo amplían a Rexión do Norte cara a outros lugares máis aló de Porto; e tamén veremos entre todos cómo podemos ampliar a Macrorrexión a outros lugares dalgunhas rexión francesas co obxecto de buscar unha dimensión suficiente co efecto de preservar fondos europeos nos orzamentos 2014-2020”.

De igual xeito, explicou, “comprometémonos a que os programas de cooperación transfronteiriza se poidan seguir executando e que se priorice o cofinanciamento da Xunta de Galicia e Portugal a eses programas que necesitan, para que se poidan executar, non só financiamento europeo senón tamén cofinanciamento de Galicia e de Portugal”.

Por último, proseguirase coa colaboración da innovación e o desenvolvemento no Campus do Mar e no Instituto de Nanotecnoloxía en Braga e incentivaranse expedicións “no ámbito internacional no mundo da lusofonía e hispanoamericano para que as distintas posibilidades entre empresarios de cada lado da fronteira poidan ir unidas a ese tipo de necesidades de internacionalizar a nosa economía”, concluíu.

R., 2011-04-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-titeres-redondela-2026.jpg) A programación desta nova edición volverá combinar espectáculos de sala, funcións de rúa, instalacións, música e propostas participativas arredor do mundo dos monicreques, con compañías galegas como Tanxarina Títeres, Títeres Alakrán, Babaluva, Mircromina, Trécola Producións, Troula Animación ou Bico de Toupa, xunto a formacións chegadas de diferentes puntos do Estado e de países como Francia, Italia, Portugal, Uruguai ou Arxentina. Entre as montaxes destacadas figura A Biblioteca Galáctica contra IA Fantástica, de Tanxarina Títeres, recoñecida nos Premios María Casares 2026, ademais de propostas premiadas como Gloria Bendita, de Arteria Producciones, ou Érase unha vez… dous pés!, da italiana Teatro dei Piedi.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) Os bos resultados acadados nos últimos anos en biotecnoloxía sitúan a Galicia nunha posición de referencia neste sector, con moita proxección de futuro. A biotecnoloxía pasou de ser unha aposta estratéxica a converterse nun sector económico e científico con masa crítica, capacidades diferenciais e resultados medibles. Así o amosan os resultados acadados na execución da Estratexia de consolidación do sector en Galicia 21-25. Entre eles, destaca a creación de 30 novas empresas biotecnolóxicas, acadando a cifra de 162 compañías actuais; unha facturación de 2.037 millóns de euros, que cuadriplica a de 2021 e se sitúa no 2,6% do PIB; ou o aumento do emprego cualificado vencellado ao sector, acadando as 5.693 persoas traballadoras, tres veces máis desde 2021.

Notas

Xornalista, escritora, activista e un dos discursos máis destacados do feminismo galego contemporáneo. Todas estas voces emanan da figura de Begoña Caamaño a quen neste 2026 se lle dedica o Día das Letras Galegas. A USC a través da Biblioteca Universitaria e da Área de Cultura súmase a esta homenaxe cunha mostra que percorre a traxectoria vital da autora e o seu compromiso co pensamento crítico, coa lingua e cos dereitos das mulleres.
A UVigo afianza o seu compromiso coa divulgación científica e co fomento das vocacións STEM entre a mocidade, especialmente entre as nenas, coa publicación da sexta edición do catálogo Quero ser investigadora, unha publicación que recolle a historia de dez científicas da UVigo para inspirar as investigadoras do futuro. Ilustrado pola artista Alba Casanova, a través da técnica do collage debúxase a historia de dez novas referentes, dez científicas, mulleres, dez nenas que contribúen a construír un relato da ciencia máis xusto e representativo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES