Noticias

Crisis: la economía gallega crece un 0,1% en 2010 aunque retrocedió en el último trimestre del año

La economía gallega registró un crecimiento del 0,1% en 2010, pese a experimentar el producto interior bruto (PIB) un retroceso de una décima en el último trimestre del año, en relación con los tres meses previos, según los datos difundidos por el Instituto Galego de Estatística (IGE). De este modo, Galicia ha cerrado el año pasado con un leve aumento del PIB -dos décimas por encima del conjunto estatal, que decrece-, frente a la caída del 3,1% en 2009.

La economía gallega registró un crecimiento del 0,1% en 2010, pese a experimentar el producto interior bruto (PIB) un retroceso de una décima en el último trimestre del año, en relación con los tres meses previos, según los datos difundidos por el Instituto Galego de Estatística (IGE). En toda España, el PIB experimentó una caída del 0,1% en el conjunto de 2010, aunque logró un avance del 0,2% en el cuarto trimestre en tasa intertrimestral, frente al crecimiento nulo del trimestre anterior, de acuerdo con los datos del Instituto Nacional de Estadística (INE).

Galicia ha cerrado el año pasado con un leve aumento del PIB -dos décimas por encima del conjunto estatal, que decrece-, frente a la caída del 3,1% registrada en 2009. En cuanto a los datos intertrimestrales, la caída del 0,1% en relación al tercer trimestre del año supone volver a registros negativos, después de que la economía gallega avanzase en los nueve primeros meses de 2010. Sin embargo, si los datos del último trimestre se comparan con las cifras de los últimos tres meses de 2009, el PIB se incrementó en cinco décimas en la comunidad, con lo que enlaza tres trimestres de crecimiento, pues solo entre enero y marzo de 2009 hubo un retroceso (del 1,1%).

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A economía galega creceu un 0,1% no ano 2010, dúas décimas máis que a española, segundo os datos facilitados polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Así, a Comunidade galega pechou o pasado exercicio en taxa positiva, mentres o conxunto do Estado o fixo en negativa.

Esta cifra de 2010 representa 3,2 puntos máis de crecemento que o rexistrado pola economía galega en 2009. No cuarto trimestre o crecemento interanual do PIB galego foi do 0,5%, pese a que de outubro a decembro caeu unha décima.

No cuarto trimestre de 2010, a achega da demanda en termos nacionais ao crecemento do PIB foi de -2,4 puntos porcentuais, cinco décimas inferior que no trimestre anterior. O gasto en consumo final presenta un descenso do 0,3%, unha décima maior que o rexistrado no trimestre anterior, mentres que o apartado da formación bruta de capital rexistra unha taxa de variación do -7,7%. Pola súa banda, a contribución do sector exterior é de 2,8 puntos porcentuais, 0,1 puntos máis que no trimestre anterior.

Para o conxunto do ano 2010, a demanda en termos nacionais achega -1,9 puntos porcentuais ao crecemento do PIB. Só o gasto en consumo final das administracións públicas (GCFAAPP) presenta unha taxa positiva (0,2%), a formación bruta de capital (FBK) descende un 6,2% e o gasto en consumo final dos fogares e institucións sen fins de lucro ao servizo dos fogares (GCFF) descendeu un 0,4%. Comparado co ano anterior, a FBK e o GCFF minoran o seu ritmo de descenso e o GCFAAPP reduce considerablemente o seu crecemento.

A achega da demanda exterior neta é de 2 puntos, 1,6 puntos superior á contribución en 2009; isto é consecuencia do forte crecemento das exportacións, un 7,1%, e do crecemento menos elevado das importacións, un 2,4%.

O gasto en consumo final dos fogares e institucións sen fins de lucro ao servizo dos fogares decrece un 0,8% no cuarto trimestre de 2010, catro décimas superior ao descenso que experimentou no trimestre anterior. A debilidade deste agregado reside sobre todo na atonía do mercado de traballo que diminúe a renda dispoñible. Os principais indicadores de consumo amosan un comportamento similar ao do agregado: o índice de vendas de comercio polo miúdo deflactado e corrixido de estacionalidade e calendario rexistrou no cuarto trimestre de 2010 unha taxa interanual inferior á rexistrada no trimestre anterior, o índice de confianza do consumidor presenta neste trimestre unha diminución respecto ao trimestre anterior de 4,6 puntos. En cambio, as matriculacións de turismos manifestan neste trimestre taxas interanuais superiores ás taxas do trimestre precedente, pero con fortes descensos.

No mesmo período, a taxa de crecemento do gasto en consumo final das administracións públicas creceu 0,5 puntos con respecto á taxa observada no trimestre anterior quedando no 1%, moi inferior aos crecementos superiores ao 4% de anos anteriores.

A formación bruta de capital mostra un ritmo de caída superior ao do trimestre anterior, descendeu un 7,7% neste trimestre. A produción industrial de bens de equipo rexistra un menor crecemento que no trimestre anterior, outros indicadores como a inversión en construción residencial, a importación de bens de equipo e a matriculación de vehículos de carga acadan rexistros negativos aínda que lixeiramente inferiores aos rexistrados no terceiro trimestre de 2010.

Como xa se comentou anteriormente, no cuarto trimestre de 2010 a achega da demanda externa neta foi de 2,8 puntos, 0,1 puntos superior á contribución do trimestre anterior. As exportacións presentan unha caída do 6,9%, minorando 10,3 puntos o crecemento do trimestre precedente. O gasto dos non residentes mantén taxas superiores ao 15%, e as exportacións de bens e servizos fóra da nosa Comunidade diminúen o seu ritmo de crecemento. Pola súa parte, as importacións caeron un 10,3%, o que supón un descenso de 8,7 puntos con respecto ao crecemento do trimestre anterior.

NoticiaEn termos anuais, a demanda en termos nacionais caeu un 1,9% en 2010, dous puntos máis que a caída do PIB e 1,6 puntos menos que o ano anterior. O menor descenso rexistrado con respecto ao ano anterior veu motivado pola contención do gasto público - creceu un 0,2% cando o ano anterior crecera un 4,7% - e polas menores caídas da formación bruta de capital - 6,2% fronte ao 10% do ano anterior – e do gasto en consumo dos fogares – 0,4% en 2010 e 2,3 en 2009-. Como resultado deste comportamento da demanda interna, a demanda exterior neta achegou 2,0 puntos porcentuais ao crecemento no ano 2010, as exportacións creceron un 7,1% e as importacións un 2,4%.

Dende a perspectiva da oferta, no cuarto trimestre de 2010 os crecementos interanuais son positivos no sector primario e nos servizos. En sentido contrario, as ramas enerxéticas, industriais e da construción rexistran un crecemento negativo, as primeiras volven a taxas negativas. A construción continúa cun elevado descenso con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior.

As ramas agraria, gandeira e pesqueira presentan un crecemento do 4,4%, o comportamento do sector pesqueiro e agrario é o responsable deste rexistro.

As ramas enerxéticas rexistran un decrecemento do 2,8%, 5,5 puntos por debaixo do crecemento do trimestre anterior. No caso das ramas industriais acádase unha taxa de variación interanual inferior en 2,2 puntos á taxa do trimestre anterior, mostrando un rexistro do -3,7%; no índice de produción industrial destas ramas apréciase unha evolución similar.

A taxa de crecemento do sector da construción foi do -5,2%, 0,1 puntos inferior ao descenso rexistrado no trimestre anterior. A edificación residencial, a non residencial e a licitación oficial en obra civil periodificadas seguen a presentar fortes descensos aínda que inferiores aos dos dous primeiros trimestres do ano.

Por último, neste trimestre o sector dos servizos presenta un crecemento interanual do 2,0%, o que implica un crecemento tres décimas superior ao do trimestre precedente. Os servizos de mercado melloran tres décimas a súa taxa interanual acadando un crecemento do 2,2%. Os servizos non de mercado creceron un 1,3%.

No conxunto do ano 2010, presentan crecementos positivos as ramas agraria e pesqueira, a enerxía e os servizos. Os descensos corresponden ás ramas industriais (-0,5%) e á construción (-5,8%). Comparando co ano anterior todas as ramas agás a de servizos non de mercado melloran as taxas de crecemento. Os servizos non de mercado creceron un 0,6% en 2010, 3,8 puntos por debaixo do crecemento do ano anterior. A maior subida con respecto ao ano anterior rexistrárona as ramas industriais que melloraron 13,2 puntos.

O emprego, medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo, decreceu no cuarto trimestre deste ano un 2%, o que supuxo a destrución de 22.580 postos de traballo equivalentes nun ano.

Atendendo ás ramas de actividade cómpre destacar que os maiores descensos prodúcense nas ramas da construción e nas industriais; o sector primario descende un 1,1%. As ramas de servizos non de mercado e as enerxéticas presentan crecementos positivos.

As ramas agraria e pesqueira mostran un crecemento interanual do -1,1% no cuarto trimestre do ano, a construción acada un decrecemento do 7,6%, 0,8 puntos menos que no trimestre anterior, as ramas industriais rexistran unha caída do 4,3%, dúas décimas superior á do trimestre precedente e as enerxéticas creceron un 0,4%.

Os servizos de mercado minoran o seu crecemento en 1,6 puntos, quedando situada a taxa no -1,5%. Os non de mercado experimentan un crecemento interanual do 0,6%, seis décimas inferior ao crecemento do trimestre anterior.

Distinguindo por situación profesional, o emprego asalariado, en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo, amosou neste trimestre unha taxa de variación interanual do -2,3%, dato que supón unha diminución de 21.311 postos de traballo asalariados a tempo completo nun ano.

Considerando de forma conxunta o crecemento do PIB trimestral e o do emprego, a variación interanual da produtividade aparente do factor traballo sitúase no 2,5%, tres décimas máis que a variación rexistrada no trimestre anterior.

No conxunto do ano 2010 o número medio de postos de traballo equivalentes a tempo completo foi de 1.099.035, isto supón un descenso de 25.149 postos en termos absolutos con respecto a 2009, en termos relativos o descenso foi do 2,2%. As maiores caídas producíronse na construción e na industria e só os servizos non de mercado presentan taxas positivas. A variación con respecto ao ano 2009 da produtividade aparente do factor traballo sitúase no 2,3%, en 2009 a produtividade crecera un 0,9%.

R., 2011-02-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival.jpg) O festival desenvolverase no adro da sede da SGAE no parque de Vista Alegre, en Santiago de Compostela. O primeiro en ocupar o escenario será o rimador de Muros 9Louro, talento emerxente que segue a pegada doutros coñecidos grupos muradáns, como The Rapants ou Capital Voskov. Este mesmo ano lanzou o seu primeiro traballo discográfico, Nove noves, cunha variada mestura de funk, bachata, reguetón, trap e pop. A continuación, será a quenda da viguesa de ascendencia brasileira Lua de Santana.
Foto de la tercera plana (union-europea.jpg) O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, interveu na Conferencia da Alianza de Rexións Europeas con Industria da Automoción, onde defendeu a necesidade de que os fondos europeos que permiten apoiar os sectores industriais sigan sendo xestionados polas rexións. No encontro, celebrado no marco dos traballos para avanzar no Plan de Acción para o sector do automóbil que presentou a Comisión Europea en marzo, Nicolás Vázquez remarcou que Galicia é partidaria de que se manteña a descentralización dos fondos de cohesión.

Notas

Este sábado 21 de xuño, a 32 Bienal de Arte de Pontevedra celebrará a súa xornada inaugural, na que abrirán as súas portas os diferentes espazos expositivos do evento, entre os que se atopa a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes. Mais a programación da bienal arrancou xa con actividades como o obradoiro que este xoves e venres imparte na Facultade de Belas Artes a filósofa Elodie Moreau.
A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña acolleu esta mañá a entrega dos galardóns da VII Edición dos Premios Isabel Zendal, o concurso que ten como obxectivo fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional, unha ferramenta indispensable para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, especialmente entre a xuventude.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES