Noticias

El Consello de Goberno de la USC aprueba su presupuesto para 2011 con una reducción del 6,46% que afectará al gasto corriente

El Consello de Goberno de la Universidade de Santiago de Compostela (USC) ha aprobado su presupuesto para el año 2011, que asciende a un total de 228,8 millones de euros y que supone una caída del 6,46% respecto a las cuentas del año pasado. La USC da el visto bueno al Plan de Sustentabilidad Financiera que propone incentivar los convenios con empresas y ahorrar especialmente en los gastos corrientes.

Esta reducción en la cuantía para 2011 se enmarca en la bajada experimentada por el Plan de Financiación del Sistema Universitario Galego, junto con la propia situación económica intrínseca de la USC desde varios años, con un déficit de más de 15 millones de euros. El Consello de Goberno de la Universidade de Santiago de Compostela (USC) ha aprobado sus presupuestos para el presente ejercicio, que ascienden a un total de 228,8 millones de euros y que suponen una caída del 6,46% respecto a las cuentas del año pasado. "Los recursos económicos obtenidos del Plan de Financiación para el ejercicio 2011 no cubren las necesidades existentes", ha explicado la vicerrectora de Economía, Sara Cantorna, durante la presentación ante el órgano colegiado.

De este modo, las prioridades del equipo de gobierno pasarán por la contención del gasto para afrontar los gastos de personal y las obligaciones financieras. Las cuentas se completarán "con la liquidación equilibrada del ejercicio 2010 y permitirá afrontar los gastos imprescindibles para mantener las actividades propias de la universidad". "Será imprescindible intensificar la eficacia y la eficiencia de los recursos empleados, así como hacer un seguimiento del grado de ejecución del presupuesto que permita minimizar sus desviaciones", ha explicado. Además, el Consello ha dado el visto bueno al Plan de Sustentabilidad Financiera para 2011, según exige el Plan de Financiación del SUG y que deberá entregarse anualmente a la Consellería de Facenda con medidas y objetivos a alcanzar en cada uno de los ejercicios hasta 2013.

En materia de ingresos, el documento propone nuevas fuentes de financiación a través de fomentar la colaboración con empresas, mediante la firma de informes, contratos y convenios de colaboración, que permitirá contribuir a la transferencia de conocimiento a la sociedad. En el caso del apartado de gastos, las medidas abarcan desde el ahorro racional de gastos corrientes hasta la reprogramación de las inversiones, como la puesta en marcha de un plan de ahorro y eficiencia energética; y un esfuerzo en reducir el gasto telefónico o material de oficina, buscando implantar la firma digital o el uso de la red para las comunicaciones.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:

Os orzamentos da USC para 2011 ascenden a 228,8 millóns de euros, o que supón unha diminución do 6,46 por cento con respecto aos do exercicio pasado. O documento que recolle as contas da institución académica compostelá recibiu o respaldo do Consello de Goberno da USC na xuntanza celebrada o luns 14 en San Xerome.

Segundo se puxo de manifesto na xuntanza, a diminución experimentada polas contas da Universidade inclúe a redución experimentada polo Plan de Financiamento do Sistema Universitario Galego (SUG) para o presente ano así como a propia situación económica intrínseca da USC dende fai anos, cun déficit de máis de 15 millóns de euros.

Baixo estas circunstancias, a vicerreitora de Economía, Sara Cantorna, reiterou na súa presentación ante o órgano colexiado que o equipo de goberno considera que o “eixo fundamental da nosa institución son as persoas” polo que “as repercusións da redución orzamentaria non van afectar ás mesmas máis aló da redución establecida polo goberno do 5%, mantendo as derivas obrigatorias así como as necesidades básicas do persoal”.

Partindo da idea de que “os recursos económicos obtidos co Plan de Financiamento para o exercicio 2011 non cobren as necesidades existentes”, as prioridades do equipo de goberno pasan pola contención do gasto para afrontar os gastos de persoal e as obrigas financeiras.

Deste xeito e segundo se recolle no documento presentado en Consello de Goberno, os orzamentos de 2011 “completaranse coa liquidación equilibrada do exercicio 2010 e permitirá afrontar os gastos imprescindibles para manter as actividades propias da universidade”. Para logralo “será imprescindible intensificar a eficacia e a eficiencia dos recursos empregados, así como facer un seguimento do grao de execución do orzamento que permita minimizar as súas desviacións”.

Xunto aos orzamentos, o Consello de Goberno tamén aprobou o Plan de Sustentabilidade Financeira da USC para 2011, cumprindo así co establecido no Plan de Financiamento do SUG, documento que cada unha das universidades presentará anualmente perante a Consellería de Facenda, indicando as medidas e obxectivos a acadar por cada unha delas nos exercicios económicos 2011, 2012 e 2013.

O Plan elaborado pola USC fai un percorrido pola súa situación económica actual, detallando a evolución ata a data de hoxe dos ingresos e gastos e do nivel de endebedamento ao tempo que presenta unha memoria explicativa dos problemas detectados. Xunto a isto, presenta tamén unha listaxe de medidas correctoras, tanto en materia de gastos como de ingresos.

Concretamente, en materia de ingresos, proponse a achega a novas fontes de financiamento. Neste senso, fomentarase a colaboración entre a comunidade universitaria e as empresas mediante a sinatura de informes, contratos e convenios de colaboración, contribuíndo así tamén á transferencia de coñecemento á sociedade.

En relación cos gastos, as medidas propostas abarcan dende o aforro racional dos gastos correntes ata a reprogramación de investimentos. Nesta liña, ponse en marcha un plan de aforro e eficiencia enerxética con varias actuacións encamiñadas a potenciar a economía de enerxía nos edificios e instalacións da USC. Así mesmo, a Universidade de Santiago fará un esforzo para asegurar a redución dos gastos telefónicos e do consumo do material funxible nas oficinas dos seus centros, procurando a implantación da sinatura dixital e o uso da rede para a maior parte das comunicacións. No que respecta ás comunicacións entre os campus de Santiago e Lugo empregarase de xeito máis usual a videoconferencia, as reunións virtuais e o uso das novas tecnoloxías en xeral, evitando así o desprazamento do persoal. Segundo este plan acordouse tamén a migración, nos casos que sexa posible, a software libre do campus virtual.

Para rematar, o Plan de Sustentabilidade fai unha análise da evolución da situación financeira da USC para acadar o equilibrio económico.

Fotografía: archivo GD / USC

R., 2011-02-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (carteiro-ximaraos-cdg.jpg) Marcelino de Santiago 'Kukas' e Isabel Rey interpretan esta historia cos seus bonecos, e son tamén responsables do deseño e e indumentaria dos monicreques xunto a Amelia Poyato, quen se encarga ademais da iluminación. A escenografía e os audiovisuais están concibidos por Maite Dubois. Xosé Lois Romero asina a composición musical e o espazo sonoro foi creado por Noemi Pardo, que colabora tamén nas voces gravadas. O carteiro de Ximaraos presenta unha historia que mestura maxistralmente realidade e fantasía para abordar dúas temáticas de gran relevancia: o impacto emocional do mal de alzhéimer nas familias e o papel da memoria ligada ao correo postal como fío condutor das relacións humanas.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) O 27 de maio de 2005, a Xunta de Galicia convertíase na primeira administración pública de España que empregaba a sinatura electrónica para rubricar un documento cunha entidade externa. Ese día, o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, Juan Rodríquez Yuste, e representantes das empresas Communitel, R Cable y Telecomunicaciones Galicia e Telefónica, asinaban electronicamente un convenio de colaboración para a promoción do acceso empresarial á sociedade da información, converténdoo no primeiro documento asinado dixitalmente entre unha administración pública e entidades externas con todas as garantías de seguridade e autenticidade.

Notas

Aínda que os estudos climatolóxicos soen pór o seu foco no pasado máis próximo, no presente e nas proxeccións de futuro, a análise da variabilidade climática ao longo dos séculos tamén é de interese para a comunidade científica en canto revela como as forzas ambientais moldearon a sociedade e axuda a contextualizar as tendencias climáticas modernas e as proxeccións futuras. Con esta perspectiva de traballo, un equipo liderado desde o grupo de investigación da UVigo EPhysLab.
A enerxía solar orgánica perfílase como un interesante complemento ás tecnoloxías fotovoltaicas convencionais. Fronte aos paneis solares de silicio, as células solares orgánicas fabrícanse con materiais plásticos e, por tanto, son lixeiras, flexibles e potencialmente máis sostibles. En concreto, estes dispositivos dependen de polímeros semicondutores cuxo rendemento está estreitamente ligado á súa estrutura molecular interna.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES