
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou en Madrid que a Cidade da Cultura de Galicia representa un novo e fascinante templo do coñecemento e o saber aberto ao mundo, que é tamén espazo público, distrito cultural e lugar de encontro. O espazo da Azotea do Círculo de Bellas Artes de Madrid acolleu a inauguración da mostra Peter Eisenman. Cidade da Cultura de Galicia, organizada pola Fundación Cidade da Cultura e que se poderá visitar ata o próximo 13 de marzo. O acto inaugural contou coa presenza do presidente do Círculo de Bellas Artes, Juan Miguel Hernández, o arquitecto norteamericano Peter Eisenman, e o delegado da Xunta en Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.
Roberto Varela afirmou na súa intervención que a cultura de Galicia debe ser comunicada porque, nesta necesidade reside na súa mesma esencia. Deste xeito, o conselleiro valorou unha mostra que vén a definir o concepto de verdadeira cultura como aquela que inclúe e representa a toda unha comunidade e está en permanente proceso de intercambio e enriquecemento. Segundo Varela, a Cidade da Cultura servirá para comunicar a nosa cultura e comunicarnos a través dela fomentando o intercambio e a cooperación.
En verbas do conselleiro de Cultura e Turismo, Galicia foi capaz de desenrolar unha cultura propia da que nos sentimos moi orgullosos, unha cultura plural, aberta e cun potencial ilimitado que desexamos ampliar, proxectar e difundir a todos os recunchos. Varela sinalou que desde a inauguración oficial dos dous primeiros edificios da Cidade da Cultura, 27.000 persoas acercáronse xa a comprobar in situ a magnitude da obra e disfrutar das instalacións desta cidade. O conselleiro aseverou que a Cidade da Cultura de Galicia é un dos cumes da arquitectura actual e describiu o complexo do Monte Gaiás como unha infraestrutura chamada a ser un inestimable núcleo de atracción para o turismo cultural.
A exposición inaugurada na azotea do Círculo Bellas Artes de Madrid recollen 50 fotografías de grande formato do complexo arquitectónico do Monte Gaiás. En verbas de Roberto Varela, a través destas imaxes descubrirase como ao marxe da súa relevancia cultural, o proxecto que deseñou Peter Eisenman sobre o Monte Gaiás é unha colosal obra arquitectónica, destinada a converterse nunha das iconas do século que estamos comezando. O conselleiro manifestou o seu desexo de que esta mostra fotográfica sexa o primeiro paso no coñecemento do complexo e unha porta de entrada ao mesmo.
As imaxes prestan especial atención á Biblioteca e o Arquivo de Galicia, os dous edificios inaugurados o pasado 11 de xaneiro polos Príncipes de Asturias, e tamén á praza, soportais e ao entorno urbano da parte aberta ao público. Ademais, os visitantes atoparán fotografías de detalles arquitectónicos, dos materiais empregados e dos outros edificios aínda en construción, especialmente do Museo de Galicia.
Peter Eisenman. Cidade da Cultura de Galicia forma parte das accións de promoción exterior que se están a levar a cabo para dar a coñecer este proxecto, do mesmo xeito que se fixo con outras mostras, como Fragments of a city, que se instalou no Foro AEDES de Berlín ou a presentación do proxecto que se fixo no Comité das Rexións en Bruselas, xunto a institucións culturais como o Guggenheim ou o Bozar.
A exposición responde a un dos obxectivos prioritarios da Cidade da Cultura de Galicia: establecer lazos de colaboración coas principais institucións culturais de dentro e de fóra de España. Dentro deste obxectivo o Círculo de Bellas Artes ocupa un espazo relevante. De feito, o seu director, Juan Barjas, visitou a Cidade da Cultura de Galicia o pasado ano para interesarse pola evolución do proxecto.
Os interesados en visitar a exposición poderán facelo de martes a venres entre as 11 e as 14 horas ou entre as 17 e as 21, e o domingo entre as 11 e as 14.
Peter Eisenman, premiado arquitecto e educador recoñecido internacionalmente, é membro da Academia Americana de Artes e Ciencias e da Academia Americana de Artes e Letras. En 2001 recibiu a Medalla de Honra da Sección de Nova Cork do Instituto Americano de Arquitectos e o Premio Nacional de Deseño en Arquitectura Cooper-Hewitt da Institución Smithsonian. Ademais, otorgóuselle o León de Ouro aos Logros dunha Carreira pola Biennale Internacional de Arquitectura en Venecia en 2004. A revista Popular Science nomeouno como un dos cinco principais innovadores de 2006 polo estadio dos Arizona Cardinals, e en decembro de 2009, Sports Illustrated nomeou ao estadio como o mellor Novo centro deportivo da década. En 2007, Yale University Press publicou Written Into the Void: Selected Writings, 1990-2004, do Sr. Eisenman, e en 2008 Rizzoli publicou o libro Ten Canonical Buildings, 1950-2000, que examina o traballo de dez arquitectos desde 1950. O pasado 2010 foille concedido o Premio Wolf de Arquitectura 2010, un premio internacional que se concede en Israel. Actualmente é Profesor de Arquitectura Charles Gwathmey en Yale, pero a carreira académica de Eisenman inclúe ademais impartir clases nas universidades de Cambridge, Princeton, Harvard, e a Estatal de Ohio. Previamente, foi o primeiro Profesor Distinguido de Arquitectura Irwin S. Chanin na Cooper Union, en Nova York.
Entre os proxectos premiados de Esienman atópanse o Memorial polos Xudeus de Europa Asesinados en Berlín, o Centro Wexner para as Artes Visuais e a Biblioteca de Belas Artes na Universidade Estatal de Ohio en Columbus e o edificio da sede central da Corporación Koizumi Sangyo en Tokio.
Eisenman é Licenciado en Arquitectura pola Universidade Cornell, posúe un Master en Ciencia da Arquitectura pola Universidade de Columbia, e un Master en Artes e Doctorado pola Universidade de Cambridge (Reino Unido). Posúe os Doctorados Honoris Causa en Belas Artes polas Universidades de Illinois, Chicago, do Instituto Pratt en Nova York, e da Universidade de Siracusa. En 2003, concedéuselle o Doutorado Honoris Causa en Arquitectura pola Università La Sapienza de Roma.
Fotografía: Xunta de Galicia.
O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ángel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.
Galicia sitúase como a comunidade autónoma con menor porcentaxe de pacientes que agardan máis de 60 días por unha consulta co especialista. Así o referendan os datos publicados polo Ministerio de Sanidade sobre listas de espera no Sistema Nacional de Saúde a peche de 2025. Segundo os datos, en decembro de 2025 a comunidade galega situouse como a cuarta rexión española con mellores tempos medios de espera no ámbito das primeiras consultas. Neste eido, o Servizo Galego de Saúde rexistrou unha media de 63 días de espera, fronte aos 102 do Sistema Nacional de Saúde. Estas cifras reflicten que os galegos esperan 39 días menos para acceder a unha consulta co especialista que a media dos españois.