Noticias

La Xunta ahorrará 1 millón de euros con la centralización de las infraestructuras en la Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

La Xunta concentrará en un único centro directivo, la Axencia Galega de Infraestruturas (AGI), las obras de infraestructuras con el fin de llevar a cabo una gestión "más eficaz y austera", según aseguró el presidente de la Xunta durante su presentación tras el Consello del Ejecutivo gallego. Con esta medida, el Gobierno gallego estima que el nuevo ente público permitirá "ahorrar un millón de euros en esta legislatura".

Así lo ha manifestado el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en la rueda de prensa posterior a la reunión semanal de su gobierno, donde además ha asegurado que esta iniciativa supone "un cambio vital" para evitar la "tricotomía funcional existente". Según ha explicado el Ejecutivo autonómico, el nuevo ente público, que quedará constituido este año, asumirá las funciones de la actual Dirección Xeral de Infraestruturas, de los servicios de infraestructuras de los departamentos territoriales y de dos sociedades públicas que dependen de la Consellería de Facenda -la Sociedade Pública de Investimentos de Galicia S.A (SPI), y la Sociedade Pública Autoestrada Alto de San Domingos-Ourense, S.A (Aceousa)-.

La Xunta ha considerado "fundamental" que la organización de las infraestructuras "sea clara" y disponga de mecanismos que permitan su realización en "el menor plazo posible y optimizando los recursos". Conforme ha recordado el Ejecutivo autonómico, actualmente se está elaborando el decreto que desarrolla la puesta en marcha de la Axencia Galega de Infraestruturas. Esta norma será aprobada por el Consello a finales de año para "hacer efectiva la creación del centro" con la publicación en el Diario Oficial de Galicia (DOG) de sus estatutos. Tres meses después -en febrero-marzo de 2012- tendrá lugar la celebración de la sesión constitutiva del Consello Reitor da Axencia, que dará paso, tres meses más adelante, a la entrada en funcionamiento de la agencia.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, na rolda de prensa do Consello, que a creación da Axencia Galega de Infraestruturas (AGI) permitirá unha maior eficiencia, ao eliminar a tricotomía funcional existente, e un aforro de máis de 1 millón de euros na xestión burocrática dos expedientes de obra. “Hoxe, -dixo- damos cumprimento ao compromiso electoral de crear a Axencia Galega de Infraestruturas; damos cumprimento ao compromiso electoral de concentrar nun único centro directivo todas as decisións en materia de obra pública”.

O responsable do Goberno galego resaltou que se trata “dun cambio vital” para organizar as infraestruturas de forma “máis clara”, ao asumir a AGI as competencias da Dirección Xeral de Infraestruturas, “que se eliminará”; as competencias da empresa pública ACEOUSA, “que se extingue”; e as competencias da empresa pública SPI, “que se adscribe á axencia”. “Incluímos nun único centro directivo todas as capacidades da Xunta para facer infraestruturas, o que permitirá xestionar coa maior eficiencia e coa maior racionalidade toda a capacidade de facer novas infraestruturas e de conservar, manter e ampliar as que xa temos”.

A concentración nun único centro directivo de todas as decisións en materia de obra pública, permitirá segundo Feijóo, amais dunha mellora organizativa, un aforro de máis de 1 millón de euros na xestión burocrática dos expedientes de obra, “o que supón –incidiu- que imos ter 1 millón de euros como mínimo máis para adicar a investimentos”.

Compromisos en materia de infraestruturas coa provincia da Coruña
No tocante ás infraestruturas referidas á provincia da Coruña, Feijóo avanzou o investimento de 31 millóns de euros para a conservación e mellora de máis de 1.700 quilómetros da rede viaria competencia da Comunidade: “15 millóns de euros para a zona norte e 16 millóns de euros para a zona sur da provincia”.

Así mesmo, destacou a adxudicación do último tramo da Terceira Rolda: “Do mesmo xeito –dixo- que desbloqueamos a Vía Ártabra, hoxe, desbloqueamos, definitivamente, o último tramo que lle queda á Xunta para cumprir o compromiso de finalizar a Terceira Rolda. Cumprimos coas dúas grandes infraestruturas viarias en Coruña. Cumprimos co compromiso de completar as infraestruturas que supón, entre a Terceira Rolda e a Vía Ártabra, 81 millóns de euros”.

Feijóo recordou que o investimento total da Xunta na área metropolitana da Coruña ascende a 300 millóns de euros e a un total de 110 quilómetros. Neste sentido, explicou que, “neste momento, o 47% dos 110 quilómetros están executados ou en execución e, afirmou que ao final de lexislatura pasaremos ao 83% dos quilómetros comprometidos, executados ou en execución”.

Pola súa banda, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, salientou que “estes investimentos en infraestruturas non servirían de nada sen o apoio á mobilidade que está a significar, tamén, a posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano, en plena vixencia desde o 24 de xaneiro, que supón un investimento de máis de 26,3 millóns de euros ata 2015 e que beneficiará a máis de 400.000 veciños desta área metropolitana e aos 10 concellos integrados no Plan”.

R., 2011-02-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES