Noticias

La marca turística de Galicia se presenta al mundo a través de Fitur 2011

Entre el 19 y el 23 de enero, Madrid acoge una nueva de la Feria Internacional de Turismo: Fitur 2011, en la que la marca Galicia se mostrará al mundo a través de un stand de más de 1.400 metros cuadrados en el que se concentrará toda la oferta turística de la comunidad gallega centrada en dos grandes acontecimientos: la Ciudad de la Cultura y el 800º Aniversario de la Catedral de Santiago de Compostela.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, instalará o seu stand institucional para a promoción do Turismo de Galicia na Feira Internacional do Turismo de Madrid, Fitur 2011, entre os días 19 e 23 de xaneiro. Serán 1.421 metros cadrados de superficie dedicados á difusión turística da comunidade galega nun dos principais mercados do mundo.

Este ano, o stand da Xunta de Galicia presentará a Marca turística da comunidade galega: Galicia, gárdasme o segredo?, transmitindo os seus valores emocionais (baseados no resultado dun estudo recente elaborado por Turgalicia no que se recollen aquelas percepcións que destacan na mente dos consumidores ou potenciais turistas con respecto a Galicia: autenticidade, misterio, maxia, sosego, a conexión cun mesmo e cos demais, nostalxia, o caracter acolledor e amable, etc). Tendo en conta estas claves, e baixo unha estética moi coidada e de calidade, o espazo representa a Galicia como un soño, un destino con personalidade propia onde os aspectos máis emocionais conectan con realidades concretas, onde esas sensacións ou soños poden ser vividos. Tamén se destacan aqueles elementos que nos diferencian e personalizan nun espazo escenográfico de grande atractivo e impacto visual para os visitantes.

Asemade, o stand difunde a totalidade da oferta turística galega: destinos, produtos e recursos, á vez que dá a coñecer os dous fitos do ano 2011: a Cidade da Cultura de Galicia e o 800 Aniversario da Catedral de Santiago. O atractivo refórzase coa inclusión de zonas de proxeccións interactivas que somerxen ao visitante por recorridos fantásticos de Galicia.

O stand de Galicia contará con 16 coexpositores que mostrarán de xeito concreto a súa oferta turística. Así, estarán presentes: Deputación da Coruña, Padroado de Turismo da Provincia de Lugo, Padroado Provincial de Turismo de Ourense, Turismo Rías Baixas, Mancomunidade de Municipios Ría de Arousa-Zona Norte, Asociación de Desenvolvemento Turístico da Mariña Lucense, Mancomunidade de Municipios da Terra Chá, Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Mancomunidade Terras de Pontevedra, Turismo da Coruña, Concello de Ferrol, Turismo de Santiago, Concello de Lugo, Turismo de Ourense, Turismo de Pontevedra e Turismo de Vigo.

Ao longo das xornadas, o espazo de promoción do Turismo de Galicia albergará distintos actos de presentación de destinos e produtos turísticos, ademais de actuacións dirixidas a todo tipo de públicos.

R., 2011-01-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES