Noticias

Galicia será la primera comunidad autónoma que regule por ley el acoso escolar

La Consellería de Educación presentó un anteproyecto de ley con el que pretende regular el acoso escolar convirtiendo al profesor en autoridad pública con presunción de veracidad. Según la nueva normativa, la Administración autonómica podrá realizar consultas a los padres sobre la lengua en que se imparten determinadas materias y el Consello Escolar podrá poner límites al vestuario de los alumnos.

Son todas medidas que se contemplan en el nuevo texto normativo que la Xunta de Galicia, a través de la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, presentó bajo el anteproyecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa y que convertirá a Galicia en la primera comunidad autónoma que regule por ley el acoso escolar.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; e o secretario xeral de educación, Jesús Oitavén; presentaron o borrador do anteproxecto de Lei de Convivencia e Participación da Comunidade educativa, un texto que, tal e como explicou o titular do departamento educativo da Xunta, ten como obxectivo “crear e reforzar os instrumentos xurídicos que permitan acadar e manter un clima de convivencia, a través da restauración de certos valores e comportamentos e que, simultaneamente, dignifique a profesión docente”.

A Lei, explicou o conselleiro, recolle as aspiracións do profesorado de ver recoñecida debidamente a súa función pola sociedade e os poderes públicos. Deste xeito, serán considerados autoridade pública, e disporán protección xurídica e da presunción de veracidade necesaria para o mantemento da disciplina escolar. Ademais, estarán habilitados para requerir aos alumnos calquera substancia ou obxecto que porten e que non estea permitido polas normas do centro, ou sexa perigoso.

O texto, que Vázquez Abad cualificou de "innovador", ten como fin xerar un marco de convivencia que garanta o respecto nas aulas. Para iso, posibilitarase unha resposta xurídica inmediata e reeducadora a comportamentos que perturban un correcto clima nos centros educativos, introducindo ademais por primeira vez no plano lexislativo a figura do acoso con carácter preventivo e correctivo.

Doutra banda, a Lei busca instaurar a corresponsabilidade das familias a través da participación, polo que regulará tamén a consulta e a participación directa das familias no proceso educativo.

O articulado da Lei cuxo anteproxecto se presentou, e que será de aplicación nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos, recolle tanto os dereitos como os deberes de alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos dos centros educativos (P.A.S.). O obxectivo é enuncialos para acadar un clima de respecto mutuo nas aulas, a través da comunicación entre pais nais e docentes, da participación directa das familias na comunidade educativa, e do respecto destas á autoridade do profesorado. Pola súa banda, tanto profesores como P.A.S. deberán colaborar activamente na prevención e corrección do acosos escolar, mantendo a disciplina no centro educativo.

En canto ás alumnas e alumnos, recoñéceselles o dereito a recibir formación integral, respecto a identidade e dignidade, protección fronte a agresións e acoso; e o deber de respectar a autoridade, as normas e aos compañeiros, e de facer un bo uso das instalacións.

Outro dos fins desta Lei é o de establecer as normas básicas de convivencia e de respecto nos centros educativos. Así, recoñécese ao profesorado a condición de autoridade pública, coa protección xurídica que tal consideración implica, ademais da presunción de veracidade no exercicio das súas funcións nos centros de ensino. Asemade, os profesores quedarán habilitados para requisar obxectos, produtos ou substancias perigosas ou prohibidas polas normas do centro, dentro do recinto escolar e durante a realización de actividades complementarias e extraescolares. Doutra banda, as normas poderán conter previsións sobre o atuendo do alumnado, , que deberá ser axeitado para axeitadas para o desenvolvemento das actividades docentes. Esta regulación quedará a criterio da autonomía da cada centro, en función da situación socioeducativa do mesmo.

Tal e como explicou o conselleiro de Educación, a norma tipifica as condutas graves e leves contrarias á convivencia, as ,medidas correctoras das mesmas e o procedemento para a súa aplicación. Ademais, modernízase e esténdese o ámbito de aplicación disciplinaria ás condutas desenvolvidas a través das novas tecnoloxías; e á difusión por calquera medio de imaxes ou información que atenten contra o dereito á honra, a intimidade persoal e familiar e á propia imaxe dos demais membros da comunidade educativa. Non en balde, esta Lei aborda, por primeira vez no plano lexislativo español, o tratamento de situacións de acoso escolar.

Para garantir que os prazos de aplicación das medidas correctoras non afecten á convivencia en colexios e institutos, a Lei dotará de inmediatez ao procedemento de imposición das sancións, sempre nun réxime garantista e perseguindo o carácter reeducador das medidas correctoras aplicadas. Neste mesmo sentido, a norma inclúe gradación na tipificación das condutas, con atenuantes como o recoñecemento espontáneo e a reparación voluntaria; e agravantes como a intencionalidade, a difusión mediante medios electrónicos ou a vulnerabilidade da vítima.

Outra das novidades do texto é a incorporación aos plans de convivencia dos centros docentes de protocolos para a prevención, detección e tratamento das situacións de acoso escolar. Ademais a dirección do centro poderá designar un responsable personalizadode atención á vítima, ou fixar unha mediación profesional no caso de que a situación presente unha gravidade especial.

De acordo coas demandas da sociedade actual, a futura Lei regulará a participación das familias no proceso educativo, a través de mecanismos de consulta e participación directa. Así, habilítase expresamente á Administración educativa para que poida establecer os correspondentes procedementos dirixidos a facer efectiva a súa implicación no proceso educativo, empregando métodos telemáticos ou medios dos mesmos centros escolares.

En todo caso, o obxecto desta participación será sempre aspectos concreto do ensino, co que se garante a autonomía dos centro educativos en materia curricular e a liberdade docente e pedagóxica do profesorado.

Finalmente, o anteproxecto da Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa promove medidas oportunas para garantir a axeitada protección e asistencia xurídica dos profesores dos centros docentes; ao uso xeneralizado nos mesmos de medios electrónicos de comunicación, finalmente para estreitar a colaboración entre nais, pais e docentes; así como un mandato para a adecuación dos horarios dos equipos directivos dos centros docentes ás funcións, tarefas e responsabilidades que derivan da aplicación desta lei, e os plans de accións formativas específicas para o profesorado.

Coa presentación deste anteproxecto de Lei, a Consellería de Educación dá resposta ás demandas tanto da sociedade como da comunidade educativa de fixa unhas pautas para acada un clima de convivencia nos centros escolares, velando ao tempo pola seguridade do alumnado no uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación.

A pesar de que outras Comunidades Autónomas teñen regulado parcialmente estes elementos, a Lei galega é máis ambiciosa, regulando integramente a materia da convivencia.

R., 2011-01-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (galicia-escena-pro-2024.JPG) Este evento congregará a semana que vén en Santiago de Compostela a 225 profesionais da programación, distribución e produción de espectáculos de artes escénicas. Oito espazos e prazas da cidade acollerán do 2 ao 5 de xuño o conxunto das actividades programadas este ano, que inclúen 21 funcións de teatro, danza e circo contemporáneo, 12 presentacións de proxectos en formato pitching, dúas mesas redondas e un concerto. Ademais, nestes momentos estase a pechar o calendario de reunións que as compañías galegas inscritas manterán con máis de 80 responsables de mostras, circuítos e espazos escénicos tanto de toda España e de Portugal co fin de favorecer a contratación de espectáculos de produción galega.
Foto de la tercera plana (sol-calor.jpg) Aínda que non se espera que haxa alertas por episodios de calor, porque está previsto que as temperaturas baixen ás noites, desde Meteogalicia facilítase a toda a poboación a información sobre avisos meteorolóxicos. Galicia atoparase entre os días 28 e 31 de maio na influencia dun anticiclón que se localizará ao norte da península Ibérica e que achegará aire cálido procedente do sur da península Ibérica e do norte de África. Con estas condicións, as temperaturas irán en ascenso, sendo os días máis calorosos o xoves 29 e o venres 30, cando se poden superar facilmente os 30ºC en moitas comarcas e localmente mesmo os 35ºC en áreas de val da provincia de Ourense. Esta situación comezaría a remitir nalgúns puntos o propio venres 30 pola tarde pola presenza dalgunhas tormentas.

Notas

Co obxectivo de achegar á cidadanía os resultados do labor formativo que se desenvolve na Aula de Música Tradicional Galega do campus, a Vicerreitoría promove, coa colaboración do Concello de Pontevedra, unha serie de actuacións en diferentes prazas da cidade. Estas terán lugar nas tardes dos luns ao longo do mes de xuño e permitirán tamén dar a coñecer as diferentes aulas e grupos inseridos na programación cultural da Vicerreitoría, que acompañarán á aula en varias dos concertos.
A Cátedra de Intelixencia Artificial en Medicina Personalizada de Precisión (CAME&IA), a única que en España se dedica ata o momento á IA aplicada á medicina personalizada, presentouse este mércores 29 no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de xerar, nos vindeiros catro anos, novo coñecemento a través do uso de tecnoloxías intelixentes e a explotación avanzada de datos médicos para mellorar a toma de decisións clínicas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES