Noticias

La Xunta de Galicia considera la visita de Benedicto XVI a Compostela como absolutamente positiva y asegura que se cumplieron los objetivos marcados

El conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, ha calificado la visita de Benedicto XVI a Santiago de Compostela de "absolutamente positiva" y ha asegurado que "se cumplieron los objetivos marcados" por la Xunta de Galicia. El conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza del Gobierno gallego afirma que "decenas de miles de personas" acompañaron al Papa Benedicto XVI en su recorrido y que "millones de personas" siguieron la visita a través de TVG.

Así lo ha manifestado en una rueda de prensa en la que ha valorado los resultados del viaje a la capital gallega del líder de la Iglesia católica. En este escenario, el titular de presidencia ha señalado que la comunidad "vivió un día histórico" en el que se "consiguieron los objetivos marcados", por lo que ha agradecido "a todos los que trabajaron durante meses" para que durante la jornada del sábado "todo se convirtiera en un éxito".

De esta manera, Alfonso Rueda ha alabado la labor de los voluntarios, las fuerzas y cuerpos de seguridad y el personal de las distintas administraciones públicas que "contribuyeron a que se pueda hablar de día histórico" en el que todos los gallegos "se tienen que felicitar".

Además, tras las preguntas de los medios relacionadas con las críticas recibidas por algunos sectores como el hostelero de que "no se habían cumplido las expectativas", el conselleiro ha apuntado que el Casco Histórico estaba "abarrotado". Así, ha afirmado que "decenas de miles de personas" acompañaron al Papa en su recorrido por la ciudad y "millones de personas" vieron a través de la Televisión de Galicia "la capacidad organizativa de todos los gallegos".

Alfonso Rueda ha felicitado a la CRTVG por su "magnifica cobertura" del evento y ha asegurado que "cualquiera que hiciera un pequeño zapping a las 21.00 horas del sábado" pudo ver como todas las cadenas "abrían los informativos con informaciones sobre la visita de Benedicto XVI a Galicia".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, realizou unhas declaracións a www.bng-galiza.org para avaliar a visita do Papa a Galiza e o papel da Xunta de Galiza na planificación, financiamento e previsión desta viaxe.

En relación ás declaracións proferidas por Bieito XVI sobre o laicismo no Estado español, o portavoz nacional do BNG cualifícaas de “inxerencia intolerábel” na vida civil. “A Igrexa non pode actuar como se tivese patente de corso para impoñer á xente normas de conduta. O maior ou menor laicismo da sociedade non o decide nengún goberno, decídeno os propios cidadáns que xa son maiorciños para decidir en que tipo de sociedade prefiren vivir. Felizmente non estamos baixo ningunha teocracia e a Igrexa non pode impoñer nada. Todo sistema de crenzas, laico ou relixioso, merece idéntico respecto. A Igrexa débelle ese respecto aos cidadáns”, afirma o líder nacionalista.

“É extraordinariamente cínico afirmar, polo demais, que o Estado español se caracteriza por ter unha atitude hostil á Igrexa católico cando neste momento a institución eclesial recibe do erario público por diversos conceitos máis de 6.000 millóns de euros ao ano”, enfatizou Guillerme.

As declaracións de Joseph Ratzinger, coas súas alusións aos anos 30 do pasado século, son, alén do máis, “verdadeiramente imprudentes”, dado “o triste papel que xogou no seu tempo a Igrexa Católica como un dos alicerces que sustentaron a ditadura franquista no Estado español”. “Todos lembramos como o ditador foi un ditador baixo palio”, salientou.

O portavoz nacional valorou tamén o papel da Xunta de Galiza na planificación da viaxe. “Aquí hai que falar de fiasco de planificación, de fiasco de previsión e de despilfarro do Goberno galego. Non deron unha. Criaron unhas espectativas desmesuradas e estabeleceron unha ligazón entre a visita e a recuperación económica. Afirmaron que virían a Galiza perto de 200.000 persoas. Xustificaron así o investimento de cuantiosos recursos públicos. Pois ben, ao cabo destinaron máis de 3 millóns de euros para encher a duras penas a Praza do Obradoiro”.

O BNG, salientou, vai “pedir contas” do “mal uso” dos recursos públicos destinados a financiar a viaxe. “Este fiasco é proba de que o Goberno galego antepón a súa ideoloxía reaccionaria a calquer análise minimamente obxectivo da realidade. Ligar a recuperación económica á visita do Papa era undesvarío e nós advertímolo con moito tempo”, afirma o portavoz nacional, para quen a escasa asistencia de galegas e galegos “aos fastos do Papa” demostra “que a xente non aplaude que en tempos de serios recortes dos servizos públicos esenciais se dediquen máis de 3 millóns de euros a financiar a visita dun líder relixioso”.

O comportamento do presidente do Goberno galego ante o Papa tamén mereceu un comentario ao líder do BNG. “A súa atitude foi dun enorme servilismo. Comportouse máis como un devoto ultramontano que como un responsábel político nun Estado laico. Feijóo oscilou en todo momento entre o Tea Party e o nacionalcatolicismo baixo palio”, remarca Guillerme.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O voceiro do Partido Popular de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, considera que se demostrou ao mundo “que non só contamos cunha das prazas máis bonitas, a do Obradoiro, senón que Galicia e os galegos somos un exemplo á hora de organizar ben as cousas”. Segundo o dirixente popular, organizouse un dispositivo que nada ten que envexar ao posto en marcha por outras Comunidades e países do mundo ante eventos similares” e iso “trátase, sen dúbida, dun éxito de todos”.

Do mesmo xeito, Miranda felicitou á Xunta de Galicia polo traballo ben feito á hora de coordinar e preparar a tan esperada visita. O voceiro dos populares galegos tamén fixo fincapé en que onte “fomos quen de colar a imaxe de Galicia nos televisores de decenas de millóns de persoas”. Nesta liña, Miranda amosouse convencido de que os galegos “deixamos unha grata impresión” en tantos espectadores que onte puideron ver Galicia desde tódolos rincóns do mundo e a forma de traballar das súas xentes “ante circunstancias excepcionais”.

O dirixente popular destacou que hoxe Galicia é portada dos diarios de decenas de países e esa publicidade potenciará as opcións da nosa Comunidade de ser opción turística para millóns de persoas, o cal é unha gran noticia. Así mesmo, Miranda quixo amosar o seu agradecemento ao Papa Benedicto XVI pola súa agarimosa presenza en Santiago de Compostela, facendo a súa especial contribución ao éxito que xa está sendo o Ano Santo e que onte, sen dúbida, experimentou o seu momento álxido.

Miranda subliñou que o Papa convertiu onte a Galicia na capital espiritual de Europa e do mundo e indicou que a nosa Comunidade non podía atopar mellor promotor do Xacobeo ca Benedicto XVI, que ensalzou o Camiño, a cidade compostelana e Galicia ante o mundo enteiro e os designou ‘lugar de encontro’. Nesta liña, Miranda agradeceu tamén que a sociedade galega se volcase tanto coa visita e se puidese comprobar que somos agradecidos e sabemos valorar a presenza na nosa terra do peregrino máis ilustre do Xacobeo 2010.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias.

R., 2010-11-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (educacion-secundaria.jpg) A Xunta de Galicia vén de remitir ás organizacións sindicais a proposta para adiantar a 2028 a redución de ratios na etapa de Secundaria, que será abordada na Mesa Sectorial Docente que terá lugar o vindeiro día 30. A documentación elevada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP recolle que a partir de setembro de 2028 implantarase a redución de ratios ata 25 alumnos por aula na ESO fronte aos 30 vixentes no conxunto de España. Esta diminución arrancará para 1º curso de ESO e irá implementándose ano a ano e curso a curso. Unha vez completada toda a etapa de ESO, arrancará a redución a 30 alumnos por aula en Bacharelato, fronte aos 35 a nivel estatal, aínda que en Galicia xa está a 33.
Foto de la tercera plana (medallas-castelao-2026.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou o nome dos galardoados coas Medallas Castelao 2026, despois de que o Consello aprobase concedérllelas ao músico Esteban Batallán Cons, á científica Mar Capeáns Garrido, ao atleta Adrián Ben, á propietaria dos restaurantes La Penela, María Barallobre, e á Fundación Andrea. É un dos recoñecementos máis importantes da nosa Comunidade. O Consello acordou recoñecer o traballo da Fundación Andrea, que apoia de xeito integral ás familias con nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.

Notas

O grupo de Nanomateriais Biomiméticos do CINBIO acaba de incorporar un microscopio hiperespectral de campo escuro que permitirá estudar nanopartículas individuais e coñecer con maior precisión as súas propiedades ópticas. A nova infraestrutura supón un importante avance para o desenvolvemento do proxecto Chiral-Pro, centrado en comprender como interactúan as nanopartículas quirais con proteínas e outras biomoléculas.
A Deputación da Coruña entregou no Coruña Estudio Inmersivo (CEI), na Cidade das TIC, os Premios do Plan de Emprego Local (PEL) 2026, os galardóns cos que a institución provincial recoñece cada ano o talento, a innovación, a capacidade de xerar emprego e o compromiso co territorio das empresas, autónomos e iniciativas emprendedoras da provincia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES