Noticias

Termatalia: el termalismo se posiciona como llave para prolongar los efectos del Xacobeo en 2011

El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ha posicionado al termalismo como "una de las llaves" para prolongar los efectos económicos del Año Santo en la comunidad durante el año 2011 y ha destacado el apoyo de su Gobierno a este sector. En Termatalia resalta la importancia de los balnearios, que considera el activo turístico "más importante" de Galicia tras el Camino de Santiago.

"El reto de 2011 será prolongar los efectos del Xacobeo y, en esa llamada a que vuelvan o a que nos conozcan, el termalismo y el turismo interior será uno de los principales reclamos de la estrategia turística de nuestra tierra", ha defendido el presidente de la Xunta durante su visita a la X Edición de la Feria Internacional de Turismo Termal Termatalia 2010.
Alberto Núñez Feijóo, ha erigido este viernes al termalismo en "una de las llaves" para prolongar los efectos económicos del Año Santo en la comunidad durante el próximo año 2011 y ha destacado el apoyo de su Gobierno a este sector.

En su intervención, ha asegurado que Galicia aspira a seguir siendo "referente turístico" y un destino "para todos los gustos y todos los públicos". Se ha referido así al termalismo como "ejemplo" de que la comunidad cuenta con "un turismo fuerte y consolidado", que quiere proporcionar una oferta "de calidad y versátil". No en vano, ha proclamado que 2010 estará "marcado" en la historia de Galicia como el año en el que "más viajeros" visitarán la comunidad. "Estoy convencido de que superaremos la cifra mágica de 8 millones de viajeros", ha reiterado el jefe del Ejecutivo gallego.

También ha resaltado la importancia del sector termal ya que la comunidad gallega representa "más del 20 por ciento" de las instalaciones termales de España y, a día de hoy, el termalismo significa para la comunidad 21 balnearios en funcionamiento, 2.726 plazas hoteleras directas, 140.000 clientes (en 2009), 126 millones de euros de facturación y 1.700 empleados directos. Ante estas cifras, ha proclamado que los balnearios de Galicia son, tras el Camino de Santiago, el activo turístico "más importante" de la comunidad gallega. De este modo, ha resaltado la importancia de una "industria blanca sin contaminación" como es el turismo, que supone el 10 por ciento del PIB gallego y emplea a más de 130.000 personas.

En lo que respecta al impulso a los emprendedores, Núñez Feijóo ha destacado que, "por primera vez", la Xunta cuenta con una línea de ayudas en el ámbito termal de 4 millones de euros que quieran hacer hoteles-balneario termales. "También se ha creado la primera cátedra de Hidrología Médica de Galicia y segunda de España", ha añadido. Tras recordar que Termatalia es la única Feria Internacional de Turismo que se celebra en España, ha manifestado su convicción de que este encuentro continuará siendo durante muchas más ediciones "el escaparate de vanguardia" de las últimas tecnologías y novedades del sector.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

NoticiaO presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou, en Ourense, durante a visita á 10ª Edición da Feira Internacional de Turismo Termal Termatalia 2010, o apoio da Xunta ao termalismo e cualificou ao sector como unha das chaves para prolongar en 2011 os efectos económicos do Xacobeo. “O éxito do Xacobeo en 2010 non radica exclusivamente no destino de Santiago como final do Camiño, senón na ampla oferta turística de Galicia. O reto de 2011 será prolongar os seus efectos e nesa chamada a que volvan ou a que nos coñezan, o termalismo e o turismo interior de Galicia será un dos principais reclamos da estratexia turística da nosa terra”.

Ao longo da súa intervención, Feijóo afirmou que Galicia aspira a seguir sendo referente turístico; e aspira a ser un destino para todos os gustos e para todos os públicos. Referiuse así, ao termalismo como un exemplo de que temos un turismo forte e consolidado, que quere ofrecer un turismo de calidade e un turismo versátil. Neste sentido, remarcou que este ano 2010 estará marcado na historia de Galicia como o ano no que máis viaxeiros visitarán a comunidade autónoma. “Estou no certo de que superaremos a cifra máxica de 8 millóns de viaxeiros”, aseverou, remarcando que “eses 8 millóns teñen que levan un recordo positivo do noso país”.

O presidente da Xunta lembrou que Galicia representa máis do 20% das instalacións termais de España; “e, actualmente, o termal significa para Galicia: 21 balnearios en funcionamento, 2.726 prazas hoteleiras directas, 140.000 clientes (en 2009), 126 millóns de euros de facturación e 1.700 empregados directos”.

Diante destas cifras, aseverou que os balnearios de Galicia son, despois do Camiño de Santiago, o atractivo turístico máis importante da comunidade autónoma. “Temos no termalismo unha das bazas máis importantes do noso futuro económico porque emprega un recurso endóxeno diferencial, cun alto valor engadido; fixa poboación ao rural; xera maior gasto e maior estancia media; é un elemento desestacionalizador do turismo; é un modelo de empresa comprometida co desenvolvemento sostible e co entorno natural; e porque é un elemento de reequilibrio territorial, non en balde, a localización dos balnearios, predominantemente na Galicia interior, converteunos en importantes dinamizadores socioeconómicos para as comarcas”. Deste xeito, resaltou a importancia dunha “industria branca sen contaminación como é o turismo, que supón o 10% do PIB galego e que dá emprego a máis de 130.000 persoas”.

Conscientes de que Galicia é a rexión xeotérmica máis importante de España, con máis de 300 captacións dispersas ao longo de toda a xeografía, que conta coas augas máis quentes e fluoradas de todo o país e cun caudal diario de cerca de 30 millóns de litros, que fai da comunidade unha das rexións máis ricas de Europa no que respecta a este recurso; o presidente da Xunta subliñou que a aposta do Goberno galego polo sector termal vese reflectida en catro piares: innovación, impulso aos emprendedores, cualificación e dinamización do mercado.

4 millóns de euros para a construción de hoteis-balneario termais
No tocante ao impulso aos emprendedores, Feijóo salientou que, por primeira vez, a Xunta conta cunha liña de axudas no ámbito termal de 4 millóns de euros para aqueles emprendedores que queiran facer hoteis-balneario termais. “Creouse a primeira cátedra de Hidroloxía Médica de Galicia e segunda de España; e deuse un impulso aos emprendedores cun plan de desestacionalización e cunha liña específica de subvencións para a creación e mellora de hoteis-balneario que suman 4 millóns de euros”, matizou.

Sobre a innovación, resaltou o impulso da Agrupación Empresarial Innovadora Termal formada por 58 entidades, e Proxectos Europeos relacionados co termalismo e a innovación, como o Termared. E dentro do impulso á comercialización, Feijóo destacou a creación de produtos turísticos termais como “Outono nas termas”, para mulleres do rural; Programa “Noites Saudables”, enfocado a mozos; ou Programa “Balnearios.Un descanso no Camiño” que une o poder da auga ao descanso nas rutas de peregrinación xacobea.

Por último, e logo de lembrar que Termatalia é a única Feira Internacional de Turismo Termal que se celebra en España, Feijóo amosouse convencido de que esta feira termal seguirá a ser durante moitas máis edicións o escaparate de vangarda das últimas tecnoloxías e novidades do sector.

R., 2010-10-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (20251223-xunta.jpeg) A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
Foto de la tercera plana (otero-pedrayo.jpg) En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

Notas

O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantiveron este martes unha xuntanza na que se abordou a posta en marcha do Observatorio de Vivenda de Vigo tras a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas institucións con esta finalidade. O obxectivo desta nova ferramenta será realizar e ofrecer unha diagnose constante do mercado da vivenda, monitorizar a súa evolución e propoñer medidas de corrección coa previa avaliación de súa idoneidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES