
Las universidades gallegas han exigido que la Xunta "priorice" en el nuevo plan de financiación universitaria el apoyo a la actividad y al desarrollo de estas instituciones, a lo que el jefe del Ejecutivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, ha respondido con un llamamiento al "consenso" y un consejo en época de crisis: "apoyarse en la riqueza del capital humano". Son los principales mensajes que se han intercambiado el titular del Gobierno gallego y el rector de la Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan José Casares Long, que -en su primer acto solemne desde que asumió su cargo- intervino en nombre de las tres instituciones académicas gallegas durante el acto de apertura del curso universitario 2010-2011.
En este escenario, Casares Long ha calificado de "imperativo" que la sociedad gallega, a través de sus representantes, se comprometa con el sistema universitario, "priorizando", en el próximo plan de financiación, el apoyo a su actividad y desarrollo al arranque de la consolidación del nuevo modelo de "enseñanza y aprendizaje" sin que, "en ningún momento", las administraciones públicas hayan hecho "una valoración" del esfuerzo económico que supone.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:
Comezou o curso académico 2010-2011 nas tres universidades galegas. Foi nunha sesión protocolaria que presidiu o titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca da USC.
Nesta cerimonia, coa presenza dos tres reitores, o catedrático de Medicina Legal Luis Concheiro Carro impartiu a lección inaugural -Das relacións entre a medicina e o dereito- que, por outra banda, foi a súa última intervención oficial como catedrático en activo. Propuxo o profesor que o ensino e a investigación da Medicina e o Dereito conflúan en base a novas e imaxinativas formas de cooperación.
Nas súas primeiras verbas Juan Casares agradeceu ao profesor Concheiro a súa lección, un excelente exemplo da mellor dimensión do universitario: saber conxugar a especialización nun determinado campo coa apertura e o contacto con outras áreas de coñecemento.
Presentou o reitor compostelán o seu discurso a modo de reflexión sobre a identidade da Universidade en si e a realidade das tres universidades galegas no seu conxunto. Dende esta óptica, as universidades deben continuar a cumprir co seu papel no compromiso social non escrito de xerar novo coñecemento, subministrarlle á sociedade cidadáns e cidadás informados e capacitados para liderar os cambios que están a vivir, preparar profesionais competentes e achegar servizos e formación ao longo da vida.
A cambio disto Juan Casares demandou da sociedade apoio e achega ao financiamento universitario, ao tempo que aceptación do criterio profesional e acreditación académica e concesión de autonomía institucional e liberdade de cátedra. Trátase dun compromiso mutuo no que a institución universitaria ten que asumir unha obriga recíproca de educación imparcial, de integridade persoal, de sensibilidade fronte ás necesidades da sociedade e de rendición de contas pública e completa, tal e como se recolle na Declaración de Glion.
Estamos a vivir un fito histórico, subliñou o reitor Casares ao lembrar o proceso iniciado hai dous anos de substitución dende o primeiro curso de todas as titulacións polos novos graos no marco do Espazo Europeo de Educación Superior. A Universidade galega oferta neste contexto 128 graos e 206 posgraos co que o novo paradigma de ensino-aprendizaxe se consolida.
No eido da investigación -función principal, xunto á docencia, de toda universidade- o reitor referiuse aos graos de desenvolvemento acadado nas últimas tres décadas, evolución que permite actualmente afirmar que as galegas somos universidades investigadoras. A este respecto apelou á necesidade de fomentar a investigación básica, a que vai adiantando novos horizontes científicos, pois supón a adquisición de coñecemento sobre a realidade e permite os procesos asociados á investigación aplicada e orientada.
Dito isto, Casares concluíu resaltando a necesidade de priorizar no próximo Plan de Financiamento o apoio á actividade e ao desenvolvemento das universidades para garantirlle un futuro de benestar ás xeracións futuras. Nun contexto de consolidación do novo modelo de ensino-aprendizaxe, sen que en ningún momento as administracións públicas fixesen unha valoración do esforzo económico que supón e de recorte dos recursos para a investigación, para Casares é imperativo que a sociedade galega asuma o compromiso co Sistema Universitario Galego.
A cerimonia contou coa asistencia dun importante número de personalidades do eido político, civil e académico. Entre outros, asistiron a presidenta do Parlamento, o delegado do Goberno, os conselleiros de Educación e Sanidade, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o fiscal Superior, os alcaldes de Santiago e Lugo e os presidentes dos Consellos Sociais das tres Universidades galegas.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, destacou, na inauguración oficial do Curso Académico Universitario 2010-2011, a importancia do tándem Galicia-Universidade en tempos de crise e aseverou que chegou o tempo da idea que ve a Galicia como unha realidade global, con confianza en si mesma e gañadora.
Feijóo, que afirmou que a nosa sociedade atopa na súa universidade un acompañante, un estímulo e un guieiro nun momento de encrucilladas, asegurou que para avanzar nese novo modelo de país, Galicia ten que parecerse a súa Universidade e a Universidade parecerse a Galicia. Galicia e a Universidade están ancoradas nun mundo que obriga a ser singular e plural ao mesmo tempo; a estar presente cunha personalidade que resista ao uniformismo, sen por elo poñerlle cancelas ás influencias de todo tipo.
O responsable do Goberno galego destacou que é na Universidade galega onde naceu esta sociedade que madura ata atopar os seus intereses comúns. Durante séculos, as aulas da universidade foron o único lugar cara onde podía ollar o galego bo e xeneroso que anceiaba unha patria distinta. Aquí, podía albiscar unha futura Galicia aberta e plural, de intelixencia, tolerancia e entendemento. O seu desexo era que aquel país esgazado e esgotado, se parecese algún día á Universidade que sabía traballar de maneira mancomunada.
Así, Feijóo subliñou que Galicia, ante o perigo de competir entre nós mesmos, escollemos ser un país que se ve capaz de facelo no contexto español e europeo e en lugar de elixir tempos nos que os galegos estragaban as súas forzas, trasladámonos a outro ben diferente no que Galicia se concibe como unha realidade global e gañadora, porque gañou esa nova sociedade que medra pouco a pouco desde os comezos da autonomía e que é consciente do mundo que lle tocou vivir, ante o perigo dos medos, as incertezas, os ciumes e os localismos.
Palabras como fusión, converxencia, cooperación, diálogo ou acordo forman parte do noso vocabulario cotiá. Galicia é unha boa materia para os que queiran entender como se ergue un país, dixo o Presidente que aludiu a Victor Hugo non hai nada máis poderoso que unha idea á que lle chegou o seu tempo- para dicir que este é o tempo da idea que ve en Galicia un país con confianza en si mesmo, unha idea dixo- coa que podemos ter a certeza de que os procesos de unidade, converxencia, acordo, cooperación teñen entre nós un terreo propicio.
Para o presidente da Xunta, esta nova cultura de unidade é a forza motriz que está facendo posible, por exemplo, a fusión das caixas. Son testemuña de que nesta decisión transcendental influíron moitas persoas e organizacións relevantes que non deben ser esquecidas. Non ignoro que a xenerosidade foi decisiva para remover os atrancos que se interpoñían no camiño da unidade. Con todo, o impulso que impide que este gran proxecto descarrile está nunha nova cultura de unidade que latexa no máis fondo do noso país. Nin o Goberno, nin as caixas, nin os partidos, sindicatos e asociacións que pularon pola fusión, puideron subtraerse a ese novo paradigma da cooperación.
Feijóo subliñou que no Acordo-Marco de Cooperación das tres universidades galegas, asinado o mes de maio pasado, reflíctese a nova pauta que xa está marcando o presente da nosa terra. O Acordo do que falamos dixo- contén avances inéditos en materia de cooperación docente e investigadora que xa teñen un reflexo en accións concretas e parafraseouno: sabemos que para ser cada vez máis competitivos é necesario tamén ser máis competentes e neste proceso, igual que noutros sectores da actividade, e de forma especial no ámbito público, as alianzas son tan importantes como as capacidades propias.
Neste sentido, lembrou que a adaptación ao Espazo Europeo de Educación superior é posible, grazas ao bo entendemento das universidades e a administración no Consello Galego de Universidades; e cada vez é maior o desenvolvemento de programas conxuntos así como a colaboración en diferentes proxectos de investigación con proxección nacional e internacional. Amais estase a traballar nunha Lei de Universidades de Galicia; e non podemos obviar as dificultades do novo Plan de Financiamento, pero cómpre lembrar que as liñas básicas para a súa elaboración, xa obtiveron o informe favorable do Consello Galego de Universidades celebrado no mes de xullo.
Por último, o presidente da Xunta afirmou que a pesar da crise económica, a educación en xeral e o ensino universitario en especial, seguen a estar entre as grandes prioridades. Nin o Goberno galego quere, nin a sociedade galega toleraría que fixéramos da Universidade unha das vítimas principais da crise. Sería esa a mellor maneira de lastrar a nosa recuperación. Nun momento no que os recursos son máis limitados que nunca; teño a convicción de que debemos apoiarnos na riqueza do noso capital humano, porque, máis que nunca, son necesarias as ideas xurdidas do estudo e a reflexión.
Non obstante, Feijóo destacou que haberá que afrontar decisións que espero sexan adoptadas mediante acordos. Estou certo de que a nosa cidadanía, que tanto ten aportado en recursos á súa Universidade, desexa un esforzo proporcionado, equilibrado e xusto. Farémolo co concurso de todos, concluíu.
A edición 2026 artéllase arredor dun formato expandido, con varias datas e localizacións ao longo da provincia, convertendo cada encontro nunha peza dun ecosistema cultural máis amplo. O 6 de xuño, en Expourense será a cita inaugural co rock lendario de Loquillo, o magnetismo vintage de Kitty, Daisy & Lewis e o fenómeno galego do momento, The Rapants. O 31 de xullo, na Praza da Veracruz do Carballiño a banda Burning, ofrecerá un concerto gratuíto; e o 4 de outubro, no Pazo de Deportes Paco Paz, o festival culminará o regreso de Luz Casal a Ourense. Loquillo, icona indiscutible do rock estatal con case cinco décadas de traxectoria, chega en plena xira do seu último traballo Corazones Legendarios, cun directo que revisita os grandes éxitos dunha carreira tan influente como extensa.
Galicia pechou o primeiro trimestre deste ano con máis poboación empregada que hai un ano. Neste sentido, os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados hoxe e relativos ao primeiro trimestre deste ano reflicten unha suba de 28.000 persoas ocupadas en relación ao ano pasado, lixeiramente superior á do conxunto do Estado e acadando, con 1.178.100, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde 2008. Ademais, a comunidade rexistra a maior taxa de emprego (49,30) nun primeiro trimestre en 18 anos e unha taxa de paro menor (8,96) que no conxunto de España (10,83). Ademais, as taxas galegas de paro feminino (9,51) e xuvenil (24,30) tamén son máis baixas que no conxunto do Estado.