Noticias

Sector eólico: publicada en el DOG la orden de asignación de 2.325 MW con los que Galicia regresa a la vanguardia del desarrollo energético

La orden que regula el aprovechamiento crea el canon eólico y el Fondo de Compensación Ambiental que en su título IV, artículos 27 a 41, regula el régimen de autorización administrativa para la instalación de parques eólicos. La norma fue recogida en el DOG y contempla la asignación de 2.325 MW de potencia en nuevos parques eólicos, con lo que Galicia regresa a la vanguardia del desarrollo energético, según la Xunta. A partir del 19 de abril se pueden presentar nuevas ofertas para su adjudicación en cuatro meses.

La consellería de Economía e Industria ha publicado una orden para la asignación de 2.325 megavatios de potencia en la modalidad de nuevos parques eólicos de Galicia, para alcanzar en el 2012 una potencia autorizada en la comunidad de 6.500 megavatios. La orden que regula el aprovechamiento crea el canon eólico y el Fondo de Compensación Ambiental que en su título IV, artículos 27 a 41, regula el régimen de autorización administrativa para la instalación de parques eólicos.

Los 2.325 megavatios se distribuirán en diez zonas recogidas en el Plan Sectorial Eólico de Galicia en las que es posible presentar proyectos de parques eólicos. En la zona 1 la potencia máxima que se puede instalar es de 105 megavatios, 275 en la dos, 305 en la tres; 205, 245, 195, 100, 210, 285, en la novena y 400 en la zona diez. El plazo para la presentación de solicitudes es de tres meses a partir del 19 de abril.

Los promotores deberán depositar una garantía provisional equivalente a 20.000 euros por cada megavatio de potencia eólica solicitada, con un límite máximo de 7.000.000 euros a favor de la Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. La resolución de la asignación de potencia se notificará a través de la publicación en el Diario Oficial de Galicia pasados cuatro meses desde la finalización del plazo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Diario Oficial de Galicia publica o mércores 31 de marzo a orde para a asignación de 2.325 MW de potencia eólica que permitirá á Comunidade Autónoma iniciar a senda do investimento produtivo e da recuperación do liderado eólico logo da parálise herdada. Esta orde, que abre un prazo de tres meses para presentar ofertas a partires do 19 de abril e, a partir de aí, catro meses para a súa avaliación e adxudicación, reflicte o compromiso da Xunta cun dos sectores estratéxicos de Galicia e responde ao compromiso adquirido de tela lista no primeiro ano de goberno.

A orde está directamente vinculada á recente aprobación da nova Lei de Aproveitamento Eólico de Galicia, que foi tramitada en menos de 8 meses e que dota de plena seguridade xurídica e transparencia ao sector, e recolle o obxectivo da Consellería de Economía e Industria de converter a Galicia nunha comunidade líder na produción e desenvolvemento das enerxías renovables, de minimizar os efectos sobre o medio natural e de maximizar o impacto socioeconómico asociado aos parques eólicos instalados en Galicia.

O documento apoiase en tres piares fundamentais, como son a obxectividade, a transparencia e a seguridade xurídica, e a convocatoria, tal e como xa se adiantara no seu momento, valorará o investimento de natureza industrial e o emprego xerado coma os puntos básicos dos criterios de valoración para acadar que Galicia recupere a súa posición de liderado no eido da enerxía eólica.

Preferentemente, valoraranse os plans industriais que se desenvolvan en sectores económicos estratéxicos e que contribúan á vertebración económica das zonas rurais de Galicia, as propostas de investimentos reais en procesos produtivos e os empregos a xerar, ademais de darse preferencia tamén a aqueles plans industriais que comecen a súa execución á maior brevidade. A nova Lei de Aproveitamento Eólico de Galicia contempla ademais mecanismos de garantía da execución dos plans industriais.

Entre os factores de ponderación dos plans industriais terase en conta, entre outras cousas, a renda dos concellos nos que se execute o plan como medida para o reequilibrio territorial, a duración dos contratos de traballo dos empregos xerados, o impacto social sobre colectivos desfavorecidos e o prazo de execución do plan industrial a levar a cabo.

A orde valorará tamén unha serie de actuacións relacionadas directamente co contorno no que se van a desenvolver os proxectos, o que dota á convocatoria de máis longo percorrido, como son os investimentos nos concellos afectados, os investimentos en plans enerxéticos da Xunta de Galicia e os pagamentos a favor dos propietarios dos terreos nos que se vai implantar o parque para evitar as expropiacións.

A orde define 10 zonas compostas por Áreas de Desenvolvemento Eólico nas que se poderán ofertar os parques eólicos, que non poderán situarse dentro da Rede Natura, o que implicará a realización de 10 convocatorias nun único expediente, e establecerá un límite de MW por concursante que non excederá, con carácter xeral, os 350 MW co fin de evitar a concentración nas adxudicacións. Asemade, os promotores unicamente poderán presentar unha solicitude por zona.

A Consellería de Economía e Industria garante con este plantexamento a viabilidade técnica dos proxectos eólicos ao estruturar Galicia en 10 zonas eléctricas con garantías reais de evacuación cunha potencia limitada en cada unha delas, nas que se integran as 191 Áreas de Desenvolvemento Eólico perfectamente delimitadas e incluídas no vixente Plan Sectorial Eólico de Galicia, ao contrario do que ocorría no anterior concurso.

Con isto, os proxectos de parques eólicos seleccionados serán os máis eficientes, co menor impacto medio ambiental, e cuxos plans industriais asociados permitan ter un impacto positivo na sociedade galega, xerando novos empregos e consolidando novos sectores estratéxicos para a nosa economía.

R., 2010-03-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Área TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES