
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia:
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Fundación Carlos Casares e coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) no Proxecto Toromelos, unha iniciativa que busca achegarlles aos máis novos a lingua galega a través da posta en escena da obra do escritor Carlos Casares.
Durante a presentación do proxecto, que tivo lugar na sede da ESAD, en Vigo, o responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, explicou que a colaboración da secretaría xeral no Proxecto Toromelos se enmarca dentro das actuacións deste departamento dirixidas a fomentar o uso do galego a través de actividades literarias e culturais onde a lingua xoga un papel importante.
O secretario xeral tamén destacou que, con esta iniciativa, ademais de axudar a promover o recoñecemento e a difusión da obra de figuras clave da literatura galega, como é Carlos Casares, Política Lingüística segue a impulsar a extensión e a visibilización do galego en todos os ámbitos sociais, achegándoo á infancia e á mocidade a través do fascinante mundo do teatro.
A colaboración con entidades sociais para fomentar o uso da lingua galega
A Secretaría Xeral de Política Lingüística mantén unha colaboración permanente con aqueles colectivos sociais de diferentes ámbitos da sociedade co fin de contribuír ao desenvolvemento e á visibilización das súas principais actuacións a prol do galego. O obxectivo prioritario desta cooperación é favorecer a actuación de dinamización desta lingua desde unha perspectiva transversal e da implicación dos diversos axentes sociais.
A través da colaboración con Política Lingüística, a Fundación Carlos Casares realizou en 2009 preto dunha trintena de conferencias, coloquios, ciclos, seminarios e mesas de debate co fin de favorecer, en galego, o diálogo social sobre temas de actualidade.
O Proxecto Toromelos constitúe unha iniciativa de promoción da creación dramática e teatral, así como de posta en valor da lectura e da literatura dramática e do teatro infantil e xuvenil en lingua galega. Dirixido a escolares de toda Galicia, este proxecto iniciarase o próximo día 4 de marzo coa estrea de Lela anda en bicicleta, versión teatral do célebre conto de Carlos Casares e do conxunto da súa obra infantil e xuvenil. Unha historia na que se pon en valor a capacidade de autoaprendizaxe e a superación das propias limitacións.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.