Noticias

La Mesa del Congreso aprueba por unanimidad incorporar el logo del Xacobeo 2010 en la papelería. La creación musical gallega, en Xacobeo Classics

Xacobeo Classics abre su capítulo dedicado a la creación musical gallega de la que se representarán un total de 26 estrenos de 16 autores. Se presentó este ciclo coincidiendo con la resolución de la Mesa de las Cortes que aprobó por unanimidad incorporar el logotipo del Xacobeo 2010 en sus documentos.

La Mesa del Congreso acordó por unanimidad incluir el logotipo Xacobeo 2010 Galicia en todos sus comunicados en soporte impreso que se emitan desde la Cámara baja o desde el Senado, tal y como solicitó el 22 de octubre el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, al presidente de este órgano, José Bono.

Tras conocer la noticia, Alberto Núñez Feijóo remitió una carta a los responsables tanto del Congreso como del Senado, José Bono y Javier Rojo, respectivamente, en la que expresó su satisfacción por esta decisión y el "orgullo" con el que recibe la noticia de que estos estamentos "promoverán un Año Santo tan significativo para Galicia". En la carta, Núñez Feijóo invitó además a todos los miembros del Congreso a visitar Galicia para que, de esta forma, "se sumen al gran número" de turistas que se espera que se desplacen a Galicia durante el Xacobeo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, participou na presentación da programación adicada especificamente á musica galega dentro do ciclo Xacobeo Classics. Segundo o conselleiro, coa posta en marcha dunha nova edición do Ciclo de Cámara da Asociación Galega de Compositores e Compositoras, no que se representarán un total de 41 obras, a programación musical do Xacobeo Classics trata de “respectar e aquilatar o noso importante pasado musical e apoiar e impulsar aos nosos creadores e músicos actuais”.

NoticiaA presentación deste ciclo de concertos, que inclúe 26 estreas e levará a música de 16 autores galegos por toda Galicia, contou asemade coa presenza do director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos; o director artístico do Xacobeo Classics, César Wonenburger e os representantes da Asociación Galega de Compositores e Compositoras, Margarita Viso e Juan Pérez Berná.

Para o conselleiro de Cultura e Turismo, trátase de “ofrecer unha parte selecta do noso patrimonio musical baseado nas creacións dos compositores históricos de Galicia así como as creacións máis recentes e anovadoras”. Na súa intervención, Roberto Varela gabou o excelente traballo da Asociación Galega de Compositores e Compositoras durante máis de vinte anos “decisivos para a consolidación e o enriquecemento en canto ás tendencias da nosa creación musical culta”. “Grazas en boa parte ao seu traballo, hoxe podemos dicir que a nosa creación musical culta goza de excelente saúde”, engadiu.

Este capítulo da programación do ciclo Xacobeo Classics, dedicado especificamente á música galega, levará a Pontevedra, Ourense, Lugo e A Coruña obras de compositores da Comunidade Autónoma como Paulino Pereiro, Margarita Viso, Julio Montero, Juan Durán, Fernando Alonso, Gloria Rodríguez Gil, X. A. Vázquez Casas e Eligio Vila, entre outros. A través destes catro concertos ofrecerase un panorama do carteto e o quinteto de corda galego contemporáneo, do quinteto de vento na creación actual e do teclado galego contemporáneo. Para ofrecer estes concertos cóntase con intérpretes e formación locais, como o pianista Javier Vázquez Grela, o Grupo Instrumental Século XX, o Ensemble sXXI, a soprano Alba López e a mezzo María José Ladra. Os concertos desenrolaranse nos auditorios dos conservatorios das cidades citadas anteriormente a partir das 20 horas e a entrada será de balde.

O compromiso do Xacobeo Classics coa creación galega terá continuidade ao longo de todo o 2010 a través da súa programación. Este mesmo mes arrincarán outros dous ciclos, “Os oitenta de Groba”, unha homenaxe ao decano dos compositores galegos a través de oito concertos que se celebrarán noutras tantas cidades e vilas galegas, e “A cantiga lírica galega”, que levará por toda Galicia a música vocal dos nosos principais compositores.

O Xacobeo Classics acollerá a estrea en tempos modernos de “O Mariscal”, a ópera de Eduardo Rodríguez-Losada e Ramón Cabanillas que se ofrecerá en versión de concerto, coa Sinfónica de Galicia e os cantantes galegos Teresa Novoa e Javier Franco, na Coruña e Vigo cara ao final de ano.

En decembro o Xacobeo Classics acollerá a estrea mundial do “Concerto para violín” de Octavio Vázquez, o compositor ourensán que reside en Nova York, a cargo da Real Filharmonía de Galicia. E ao longo do ano gravarase un disco de cancións galegas de autores como Chané, Gaos, Baldomir, Montes…, no que participarán a Orquestra Gaos e a coñecida soprano internacional Cristina Gallardo-Domâs.

No apartado musical do Xacobeo estarán representados a través de distintas colaboracións as principais instituciones musicais galegas, como a súas orquestras (Sinfónica de Galicia, Orquestra de Cámara Galega, Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Gaos), grupos instrumentais (Ensemble sXXI, Grupo Instrumental SXX, Agrupación Lírica Ofelia Nieto), cantantes (Teresa Novoa, Borja Quiza, María José Ladra, Javier Franco, Alba López…), sociedades filharmónicas (A Coruña, Lugo, Ourense…), festivais (Mozart, Lugo, Ciclo de Lied, Todo Lírica, Festival de Ópera de A Coruña) e creadores.

R., 2010-02-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-abanea-2025.jpg) O Festival Abanea celebrará entre o 16 e o 20 de xullo a súa cuarta edición cun programa de danza contemporánea de distintos estilos que distribuirá 15 funcións de nove compañías entre os concellos de Ames, Outes, Marín, Foz e Celanova. ISMO Cultura, colectivo organizador do encontro, estenderá así a súa actividade de exhibición e dinamización ás catro provincias. A bailarina Andrea Castro presentou a primeira fase do espectáculo Lola y los lamentos, como artista seleccionada para o acompañamento bienal 2025–2026 co que o festival apoia procesos de creación de artistas emerxentes e que nesta edición terá como resultado a estrea de 'A mona de seda'.
Foto de la tercera plana (festival-hercules-brass.jpg) As diversas actividades do festival terán lugar do 28 de xullo ao 1 de agosto no claustro do Mosteiro de San Salvador de Celanova. A actuación que inaugurará a cita será a da Banda de Música de Celanova con James Morrison, un concerto único en España que terá lugar ás 20,30 horas. Ademais deste, subirán ao escenario a Boston Brass de Estados Unidos, Abraham Cupeiro coa Orquestra Gaos e pechará a edición o Hércules Brass Ensemble dirixido por Isabel Rubio e coa Boston Brass e Adam rapa como solistas. Así, os concertos complementaranse con cinco días de actividades formativas para un centenar de estudantes procedentes de distintas comunidades autónomas. Clases de alto nivel da man dalgúns dos participantes nas actuacións e un seguimento continuo e individualizado que garante un acompañamento pedagóxico para o alumnado que xa leva participado en varias edicións consecutivas do festival.

Notas

A Universidade de Santiago de Compostela dá acubillo, un ano máis, ao XII Encontro da Mocidade Investigadora (XII EMI) que ten lugar os días 9 e 10 de xullo na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Este evento desenvólvese dende o ano 2012 co propósito de favorecer as dinámicas de colaboración, debate e difusión do coñecemento xerado entre estudantes de doutoramento.
O aumento do coñecemento arredor do cancro evidenciou que non se trata dunha enfermidade única, pois engloba a múltiples doenzas e subtipos con características moleculares propias. Un dos avances máis relevantes en oncoloxía ten sido o descubrimento destas características moleculares (mutacións) e o conseguinte desenvolvemento de terapias dirixidas contra estas mutacións denominadas driver, como a mutación BRAFV600E, presente en máis do 60 % dos casos de melanoma e en determinados cancros de colon, pulmón ou mama.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES