Noticias

Empleo en Galicia: la conselleira de Traballo anuncia para enero la apertura de las mesas sectoriales de la automoción y el naval

La conselleira de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia anunció la apertura de las mesas sectoriales de la automoción y del naval para el mes de enero de 2010, en el proceso de diálogo social entre el Gobierno gallego, las empresas y los sindicatos. La conselleira afirmó tener la mano tendida al diálogo social para crear un mercado laboral más cohesionado, sólido y competitivo.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta de Galicia:

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou que as mesas sectoriais dentro do diálogo social, entre as que destacan a da automoción e a do naval, se abrirán no mes de xaneiro co obxectivo de abordar polo miúdo a problemática concreta do sector do metal en Galicia. “Xa o fixemos desde a nosa chegada ao Goberno, pero agora, de xeito inmediato, imos dotar todas esas accións de ferramentas eficaces e compartidas cos axentes sociais”, explicou. Mato destacou que nesas mesas escoitaranse as propostas de todos os axentes sociais e se deseñarán os itinerarios máis eficaces para o máximo sostemento do emprego posible no ámbito naval.

A titular de Traballo fixo esta valoración durante o acto de apertura do terceiro Congreso da Federación do Metal, Construción e Afíns da UGT-Galicia, que se celebrou en Santiago.
Destacou durante a súa intervención no acto que “a Administración autonómica terá sempre a man tendida ao diálogo social para a construción dun mercado laboral e dunha sociedade máis cohesionada, sólida e competitiva.” Neste sentido, Mato apuntou que nestes tempos de crise é máis necesario que nunca “un exercicio de realismo, responsabilidade e apertura ao diálogo social”.

No caso da automoción, a titular de Traballo e Benestar defendeu que neste sector é necesario o mantemento das axudas á compra de automóbiles. Lembrou, ao respecto, que o Plan Re-Móvete de Galicia posto en marcha pola Xunta conseguiu mellorar nun 40% adicional as axudas ofrecidas polo Goberno central. Pero Mato deixo claro que esta medida non é suficiente. Así, apuntou que é preciso potenciar a cualificación dos traballadores, xa que afirmou que “é un factor que se ten revelado como primordial á hora da estabilidade no emprego”. Por iso, a titular de Traballo e Benestar asegurou que a Administración autonómica avoga pola formación e a reciclaxe dos traballadores. Neste sentido, lembrou que o pasado mes de novembro o Goberno galego asinou un acordo co Clúster da Automoción de Galicia para o establecemento dun centro de formación especializado. Tamén apuntou que en outubro foi inaugurado o Centro de Formación para a Automoción de Formega, a Fundación do Metal de Galicia, que conxuga as vontades de empresarios e sindicatos e que conta “cun importante respaldo” da Consellería. Mato indicou que con estas iniciativas quérese afondar na promoción da formación e cualificación dos traballadores “como camiño para garantir a estabilidade no emprego do ámbito da automoción”.

A conselleira explicou na súa intervención do congreso de UGT-Galicia que a automoción da traballo a milleiros de familias galegas e sostén un peso importante do PIB de Galicia. Este sector xera máis de 25.000 empregos directos, máis de 12.000 inducidos e representa o 11% do emprego industrial en Galicia e o 17% do PIB. Ademais, na automoción galega recae un peso importante da produción estatal de vehículos.

No tocante ao naval, Mato afirmou que as perspectivas e as solucións non son as mesmas que as da automoción e deixou claro que “só a cualificación e a calidade dos nosos estalerios e profesionais explican que o naval galego siga sendo un dos mellor valorados”. Para acadar todos estes obxectivos, a responsable do departamento autonómico lembrou que o Goberno galego reabriu o proceso de diálogo social o pasado mes de outubro “coa esperanza posta na consecución dun consenso básico que nos permita deseñar medidas para que Galicia saia reforzada desta crise”. Explicou, así mesmo, que a Consellería de Traballo e Benestar aposta polas políticas activas de emprego como principais ferramentas para afrontar a actual situación económica e sinalou que a área autonómica elabora unha folla de ruta (a apertura da mesa do diálogo social foi o primeiro paso para acadar o seu deseño) que quedará plasmada no Plan Estratéxico 2010-2013 para Galicia. “Será o punto de partida básico para o noso relanzamento económico, laboral e social”, indicou.

A conselleira, ademais, afirmou que a estabilidade e seguridade laboral, a igualdade, a conciliación e a mellora da produtividade non só son obxectivos en si mesmos, senón que constitúen “o camiño para a mellora do benestar social”. Ao respecto, reiterou que “o emprego é a mellor das políticas sociais”. Mato concluíu a súa intervención no acto de apertura do congreso da UGT-Galicia sinalando que “todos cantos colaboramos no ámbito das relacións laborais debemos reflexionar sobre a importancia de seguir a colaborar e de compartir visións conxuntas para responder aos novos retos do mercado laboral”.

R., 2009-12-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES