El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ha anunciado en Vigo que el Gobierno gallego abordará un Plan Re-Movete Industrial dirigido al sector del automóvil, y que contará con una dotación de 60 millones de euros. Este plan está dirigido a reforzar al sector de la automoción, y primará las ayudas a la empresas en materia de I+D+i y en nuevas infraestructuras.
Núñez Feijoo realizó el anuncio durante una visita a las instalaciones del Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), en la que estuvo acompañado por el conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra. En una comparecencia ante los medios, en la que también estuvo presente Francisco Anguera, presidente de CEAGA, el titular de la Xunta señaló que el objetivo de su Gobierno es el de potenciar a un sector clave para la economía gallega como es el de la automoción. En ese sentido recordó que las empresa del sector automovilístico de Galicia alcanzan una facturación en torno a los 8.000 millones, representan el 14 por ciento del Producto Interior Bruto y dan empleo a 30.000 personas.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta de Galicia renovou o compromiso do Goberno galego co sector do automóbil e presentou o Plan Re-Móvete Industrial dotado con 60 millóns de euros para financiar novos investimentos, o capital circulante asociado a eses novos investimentos e iniciativas de innovación no sector, sexan ou non pemes.
Segundo o mandatario galego, que esta mañá se reuniu coa xunta directiva do Clúster de Empresas de Automoción de Galicia, estas axudas permitirán que o sector non se estanque a pesar da crise senón que poda seguir mellorando, evolucionando e funcionando. Poñemos en marcha unha das principais medidas contra a crise económica e renovamos o compromiso cun sector clave na economía de Galicia que engloba a máis de 80 empresas, emprega a máis de 30.000 persoas e factura por riba dos 8.400 millóns de euros; un sector que segue sendo extraordinariamente competitivo en toda Europa e por suposto, tamén en España, xa que de cada 100 vehículos que se fan a nivel nacional, 17 se fan en Galicia.
Os préstamos poderán financiar a adquisición de bens que conforman investimentos de capital, sempre que teñan unha natureza permanente e duradeira; os investimentos en novas infraestruturas e equipos técnicos para a formación; as instalacións de laboratorios para a investigación; os incrementos de capital circulante necesarios para incrementar a actividade produtiva asociada aos investimentos financiados; e intanxibles como a compra ou o desenvolvemento de software.
E, ademais, en proxectos de investimento en investigación e promoción da sociedade da información consideraranse financiables os custos de adquisición de licencias de software e royalties asociados con patentes necesarias para o funcionamento do proxecto; os salarios brutos de persoal directamente asociados coa actividade de I+D; os custos de protección dos deseños e licencias que xere o proxecto.
Ao abeiro desta nova liña serán financiables investimentos comprendidos entre 40.000 e 25 millóns de euros. Os préstamos terán un prazo de amortización mínimo de 30 meses que non poderá superar os 12 anos e o tipo de xuro a aplicar a estas operacións será o euribor máis un diferencial que na actualidade é do 0,50%.
Logo de explicar as características do novo Plan, Feijóo lembrou que o apoio ao sector da automoción é unha das prioridades do Goberno da Xunta, como así o demostra o apoio ao desenvolvemento do Plan estratéxico da automoción de Galicia (PESA), para impulsar a excelencia e a competitividade sectorial á vista dos retos derivados da globalización; e a posta en marcha do Plan Re-Móvete, que supuxo un incremento de facturación, neste momento dixo- están matriculados máis de 20.000 vehículos que tiveron axuda directa e iso supuxo unha facturación de 330 millóns de euros a través deste plan.
O presidente da Xunta asegurou que co Plan Re-Móvete Industrial se trata de acelerar e aumentar o apoio financeiro ao sector e de suplir un problema que o sector atopou na decisión do Goberno central de distribuír as axudas para o sector da automoción. Neste senso, recordou que o sector da industria de compoñentes de automóbil de Galicia solicitou 80 millóns de euros para proxectos de investimento, pero o Goberno central tan so aceptou 17 millóns e, hoxe, a Xunta suple con 60 millóns as necesidades obxectivas de investigación, de investimentos do clúster.
Feijóo afirmou que estamos nunhas condicións inigualables desde o punto de vista da consecución do financiamento necesario para manter a innovación e para manter o liderado das industrias de compoñentes do automóbil galegas para internacionalizar esas industrias e, sobre todo, que a crise non estea desacelerando o futuro do sector do automóbil, en Galicia. A clave matizou- é saír do momento de finalización da recesión económica, nunha posición mellor que cando empezou a crise económica en España e en Galicia.