Noticias

Crisis en el sector lácteo: el SLG apoya la huelga europea con acciones en Galicia

El SLG apoya la huelga europea por la crisis láctea ejerciendo acciones en Galicia que califican de "contundentes", como no entregar leche a las industrias. Esta medida se inicia en Santiago de Compostela y se prevé extender a otras comarcas. Ganaderos de unas 300 explotaciones vertieron 60.000 litros de leche en una finca compostelana para evitar que llegue a empresas como Leche Río, Feiraco, Pascual, Clesa y Reny Picot.

El Sindicato Labrego Galego (SLG) desarrolla acciones «contundentes» en Galicia como muestra de apoyo a la huelga que los productores de leche europeos mantienen desde el pasado 10 de septiembre. La Dirección Nacional do Leite de esta organización agraria nacionalista, integrada por ganaderos de todas las comarcas lecheras de Galicia y reunida el pasado lunes en Santiago de Compostela, decidió secundar las medidas de protesta de los ganaderos europeos.

Entre otras, no entregarán leche a las industrias, en primer término en Santiago de Compostela, medida que alternarán por comarcas y que compaginarán con otras de presión «publicas y continuadas en el tiempo» porque el precio de la leche impuesto por las industrias, de 0,24 euros el litro, «no paga los costes de producción».

Los ganaderos gallegos de unas 300 explotaciones han vertido 60.000 litros de leche en una finca de Santiago de Compostela, una iniciativa organizada por el Sindicato Labrego Galego (SLG) en apoyo a las protestas en varios países europeos para conseguir precios que cubran costes de producción. Los ganaderos de las comarcas de A Estrada, Arzúa, Ordes, Xallas y Costa da Morte derramaron la leche en un campo ubicado en Berdía, en la parroquia compostelana de Nemenzo y, por lo tanto, dejaron de entregarla a las industrias, entre ellas Leche Río, Feiraco, Reny Picot, Pascual y Clesa.

La secretaria general del SLG, Carme Freire, justificó esta iniciativa porque pese al acuerdo alcanzado en julio en el sector lácteo los precios del litro de leche siguen sin subir e «incluso bajaron». De hecho, el vertido de leche no sólo ha sido secundado por explotaciones afiliadas al SLG, sino también por otras que no lo están, tal y como ha explicado Freire.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Medio Rural de la Xunta de Galicia:

NoticiaO conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, respondeu no Parlamento de Galicia a sendas interpelacións dos grupos da oposición respecto das actuacións da Xunta de Galicia para poñer freo á crise de prezos no sector lácteo.

Na súa alocución, Juárez afirmou que o departamento que dirixe “vai esixir ás industrias a sinatura de contratos cos produtores en tódalas súas liñas de axuda e intervencións no sector”, como medida para garantir o cumprimento do recente ‘Pacto do Leite’, asinado en Madrid entre representantes das industrias, comercializadores e produtores.

Igualmente, o titular de Medio Rural quixo clarexar que a Xunta seguirá traballando co Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino “para coordinar os esforzos neste ámbito, evitando que a descoordinación, ou a duplicidade de órganos de coordinación entre as Administracións, os produtores, as industrias, e a distribución, sexan utilizados por aqueles que se moven ben no caos que supón o mercado lácteo. Cremos que arestora é posible terminar con este caos, e imos esgotar os esforzos neste sentido”.

Un mercado lácteo que, lembrou o conselleiro, “levaba nada menos que 16 meses vendo cómo os prezos percibidos polo produtor non deixaban de baixar”.

Samuel Juárez apelou á responsabilidade da Unión Europea na posible solución á crise sectorial, e recordou que a Xunta “defende o incremento dos prezos de intervención, a mellora dos mecanismos de drenaxe en forma de axudas á exportación, e o fomento do consumo interno mediante campañas de promoción”.

Tamén recordou o conselleiro que a Xunta se comprometera a elaborar un Plan Estratéxico do Sector Lácteo nos primeiros cen días de goberno de Alberto Núñez Feijoo, compromiso que foi cumprido o pasado 21 de xullo. Un Plan que tamén foi presentado no Consello Agrario, e no que agora se está a traballar recibindo “as observacións a este documento por parte dos representantes do sector”.

O Plan contempla, entre outros aspectos salientados polo titular de Medio Rural, a redución dos custos das explotacións fomentando o incremento da base territorial; novos investimentos para a mellora da eficiencia enerxética; o fomento da diversificación da produción láctea para unha menor dependencia do leite UHT; e a promoción e potenciación da imaxe do Leite de Galicia, en cuxo indicativo se está a traballar arestora.

Na interpelación, Juárez lembrou algunhas das accións máis importantes de entre as desenvolvidas por Medio Rural desde a súa toma de posesión. Entre elas, o desbloqueo dos pagos das axudas a agricultores mozos, por importe de 24 millóns de euros; o anticipo do ‘pago único’ por importe de 70 millóns; liñas de apoio ao circulante en colaboración co IGAPE; o incremento do investimento en plan de mellora de explotacións agrarias, por valor doutros 10,2 millóns; ou a modificación da orde de axudas a plan de mellora e primeira instalación, para aumento do anticipo.

Finalmente, o conselleiro de Medio Rural referiuse ás preto de 11.000 solicitudes que se teñen presentado ao abeiro da orde de axudas directas para os produtores, axudas de ata un céntimo de euro por quilo de cuota, que suporá para a Xunta un desembolso global de 20 millóns de euros.

Estes cartos supoñen un esforzo orzamentario para as arcas autonómicas moi importante, non só polo marco de actual restrición económica, senón por canto Galicia é a primeira Comunidade en produción de leite e en número de produtores.

Fotografías: Sindicato Labrego Galego (SLG).

R., 2009-09-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Área TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES