Noticias

Xacobeo 2010: Cultura presenta al Arzobispado de Santiago un programa de organización del acceso a la Catedral para que todos puedan entrar

El conselleiro de Cultura, Roberto Varela, y el gerente de la S.A de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, mantuvieron una reunión con el arzobispo de Santiago, Julián Barrio Barrio, en la que le presentaron un plan de seguridad elaborado de cara al Xacobeo 2010 y un programa de organización de flujos de acceso a la Catedral para que "todo el mundo" pueda entrar en ella.

El conselleiro de Cultura, Roberto Varela, y el gerente de la S.A de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, mantuvieron una reunión con el arzobispo de Santiago, Julián Barrio Barrio, en la que le presentaron un plan de seguridad elaborado de cara al Xacobeo 2010 y un programa de organización de flujos de acceso a la Catedral para que "todo el mundo" pueda entrar en ella. Así lo explicó Roberto Varela, quien evitó la palabra 'aforo' para referirse a las personas que podrán entrar en la Catedral el próximo año y apostó porque "todo el mundo tenga acceso libre" el templo, "porque es lo que todo el mundo quiere ver".

En este sentido, indicó que se trata de "una cuestión de organización y no de marcar un aforo" y aseguró que su departamento se encuentra trabajando en un mecanismo que "alcance una eficiente organización en la entrada y salida de peregrinos de la catedral" y que "oriente a la masa circulante para que todo el mundo pueda gozar de la Catedral".
Paralelamente, el conselleiro presentó al arzobispo un plan que coordinará en flujo de visitantes que se concentre en las inmediaciones de la Catedral y, á su vez, "garantizará un nivel de seguridad excelente".

Entre las medidas que propone está la creación de un depósito de mochilas de peregrinos, que estará situado en espacios de San Martín Pinario, ya que "el gran número de bolsas acumuladas en la catedral general problemas de espacio y de protección del patrimonio".

En previsión de los numerosos peregrinos que el próximo año llegarán a Santiago, el Arzobispado y la Consellería de Cultura abordaron la posibilidad de aumentar el número de misas diarias y de sesiones de botafumeiro con el fin de satisfacer la demanda pública. En la reunión mantenida entre Roberto Varela y Julián Barrio, se barajó la posibilidad de establecer cuatro misas del peregrino diarias, aunque en función de las necesidades podrán aumentarse excepcionalmente hasta cinco o seis.

Cultura manifestó también al arzobispo de Santiago su "firme apoyo" a los congresos de orden religiosa que se celebrarán en Compostela durante el Xacobeo 2010. Precisamente, Roberto Varela anunció su implicación en el 'II Congreso Mundial del Pontificio Consejo para la Pastoral de Santuarios y Turismo Religioso', que tendrá lugar del 27 al 30 de septiembre; y en la 'Peregrinación Europea de Jóvenes', que reunirá en Santiago entre el 5 y el 8 de agosto a 35.000 jóvenes de toda Europa.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos reuníronse co arcebispo santiagués, Julián Barrio, no Arcebispado de Santiago de Compostela, ao que lle presentou un plan de vixilancia e coordinación da Catedral e arredores para o próximo Xacobeo 2010. Roberto Varela insistiu no seu compromiso e adicación pola seguridade durante o Ano Santo, así como outros temas importantes referidos ao apoio a congresos de caracter relixiosa e un mecanismo eficiente para a organización das saídas e entradas da Catedral.

O conselleiro de Cultura e Turismo, abordou no Arcebispado “temas de especial relevancia” no tocante á seguridade e organización na Catedral e Santiago durante o Ano Santo 2010. O conselleiro avanzou que “esta reunión encádrase nunha serie de reunións co arcebispo Julián Barrio para informalo de todos os avatares do Xacobeo 2010 e para que estea ao corrente de todo o que facemos”. En primeira instancia e en orde de importancia, Roberto Varela presentou ao arcebispo un definido e presupostado plan de seguridade e vixilancia da Catedral por mor da gran afluencia de peregrinos que chegarán no Xacobeo 2010 ata o Obradoiro. A implicación da Consellería nos eventos de índole relixiosa e a ampliación do número de celebración de misas diarias do peregrino para satisfacer a demanda seguíronlle como asuntos de gran relevo.

Pola súa banda, o arcebispo Julián Barrio subliñou o seu agradecemento neste traballo conxunto “e esta colaboración en orde a unha mellor acollida dos numerosos peregrinos que chegarán a Santiago durante o Ano Santo 2010”.

O plan presentado coordinará e organizará o fluxo de visitantes que se concentre nas inmediacións da Catedral e á súa vez garantirá un nivel de seguridade excelente. Dentro do seu programa contempla un proxecto de ordenación de fluxos adicado á creación dun depósito de mochilas para os peregrinos, que estará situado en espazos de San Martín Pinario, nas proximidades da Catedral, xa que o gran número de bolsas de viaxe acumuladas na Catedral xeran “problemas de espazo e de protección do patrimonio”, segundo Roberto Varela. Ao mesmo tempo, segundo indicou o Arcebispo Compostelán, Xunta e Igrexa dialogaron tamén sobre “a opción de utilizar espazos de San Martín Pinario como lugar idóneo para exposicións”.

Asemade, o titular do departamento, prepara un mecanismo que acade unha eficiente organización na entrada e saída de peregrinos da Catedral e oriente á masa circulante para que todo o mundo poida gozar da Catedral. Do mesmo xeito, Roberto Varela fuxiu da palabra aforo, xa que “todo o mundo debe ter acceso á Catedral porque é o que todo o mundo quere ver”. O conselleiro rematou asegurando que é “unha cuestión de organización e non de marcar un aforo”.

Coas previsións dos centos de milleiros de peregrinos e turistas que abarrotarán a Catedral de Santiago ao longo do Xacobeo 2010, o arcebispado e a Consellería tamén abordaron a posibilidade de aumentar o número de misas diarias e de sesións de botafumeiro co fin de satisfacer a demanda pública. O número que se barallou na reunión mantida hoxe estableceuse en 4, aínda que excepcionalmente poidan aumentarse en 5 ou ata en 6.

A Consellería de Cultura e Turismo manifestou o seu firme apoio e a súa participación nos congresos de orde relixiosa que se celebrarán en Santiago no Xacobeo 2010. Precisamente, Roberto Varela anunciou a súa implicación con dous eventos de transcendencia mundial ao abeiro do Ano Santo: o “II Congreso Mundial del Pontificio Consejo para la Pastoral de Santuarios y Turismo Religioso” do 27 ao 30 de setembro, dedicado a turismo relixioso e santuarios que sucede a Roma como sede internacional e por outra banda, o “Peregrinación Europea de Jóvenes” do 5 ao 8 de agosto que reunirá en Compostela a 35.000 xoves procedentes de toda Europa, no que conformará a segunda reunión de xoves cristiáns europeos. Ámbolos dous contarán co apoio e participación da Consellería.

Por último, Roberto Varela fixo mención das obras de remodelación do Pórtico da Gloria e mais o Altar Maior e adiantou novas reunións co arcebispo santiagués Julián Barrio nos próximos 2 meses, incidindo na decisión de que “estea ao corrente de todo o que facemos”. Asemade avanzou outros encontros antes do 20 de outubro de 2010, data na que a Xunta avanzará a programación xacobea para o Ano Santo.

R., 2009-09-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (danza-galicia-2026.jpg) Esta edición do catálogo dá conta da fortaleza e da pluralidade da danza galega actual, cunha representación moi ampla de linguaxes, formatos e enfoques escénicos. O volume recolle pezas de danza contemporánea, de raíz, urbana, inclusiva e transversal, ademais doutras creacións que dialogan co teatro, a música en directo, a performance ou o circo. A selección abrangue tanto espectáculos de longo formato como pezas curtas, propostas familiares e montaxes para público adulto, o que reforza o valor desta publicación como ferramenta útil para a programación profesional. O conxunto evidencia a versatilidade da creación galega á hora de adaptarse a distintos contextos e establecer dinámicas colaborativas.
Foto de la tercera plana (premios-cultura-galega-2025.jpg) Tivo lugar a entrega dos Premios da Cultura Galega que cada ano recoñecen a creatividade, o talento e o esforzo dos artistas que exercen de embaixadores do que significa Galicia Calidade por todo o mundo. Destacaron os 75 anos que Editorial Galaxia leva traballando para difundir as obras en galego; o labor do mestre Antón Corral á hora de recuperar pezas da música tradicional galega; a asociación Sempre Galicia, que leva décadas promovendo a cultura galega entre a diáspora do Uruguai; o labor da Bienal de Arte de Pontevedra e a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, e tamén o de Bodegas Martin Códax, a produtora Baños Films e os creadores da campaña Aquí tamén se fala.

Notas

O sábado 11 de abril ás 2.07 da madrugada, hora peninsular española, remataba no océano Pacífico, coa amerizaxe dos catro astronautas que a protagonizaron, a misión Artemis II. Atrás quedaban10 días nos que percorreron 1.117.659 quilómetros, que os converteron nos humanos que máis lonxe viaxaron no espazo, ademais de ser os primeiros en observar algunhas zonas da cara oculta da Lúa.
A Reitoría da Universidade da Coruña acolleu a xornada “O sistema internacional contemporáneo: multilateralismo e desorde internacional”, un encontro académico de alto nivel que reuniu especialistas internacionais para reflexionar sobre os principais retos actuais da orde xurídica internacional. A xornada serviu tamén como acto de homenaxe ao profesor José Manuel Sobrino Heredia, catedrático emérito de Dereito internacional público da UDC.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES